29 de xaneiro de 2016
Charla do SPAD "Os perigos das Novas Tecnoloxías"
Quedamos moi impactados con algunhas das novas que hoxe nos transmitiu Ángeles. do SPAD de Vilagarcía. Aínda temos moito que falar e reflexionar sobre o tema.
Cos Afillados
Cantamos "Hecho con tus sueños" e démoslle unha moi bonita mensaxe de paz. Tamén recibimos a súa e unha chea de cariño.
Día da Paz
No patio, cantamos, actuamos, celebramos e vivimos unha preciosa xornada de convivencia.
Pero antes deixamos nota das nosas propostas para conseguir algo máis de paz ao noso redor:
28 de xaneiro de 2016
Canción de Entroido
Nós,os nenos de 5º , modificamos a canción de Samba Lelé para cantala no Entroido:
Canta, canta, canta Lelé
Baila, baila, baila
lalá
Canta, canta, canta,
lelé
Imos bailar coas
maracas.
Somos os nenos de quinto
ímosvos cantar contentos
que ben o imos pasar
vestidos de brasileiros.
Hoxe vimos ao colexio
para cantar e bailar
hoxe imos divertirnos
porque xa é Carnaval.
Temos fraccións a
montóns
e queremos un respiro
queremos xogar a algo
pero é mellor un
partido.
Nós somos ecoloxistas
todo o tempo
reciclamos
por iso de aquí saímos
foi para limpar
Cambados.
Pero tamén facemos
excursións educativas
como naqueles muiños
fixemos pan de
fariña.
Nós tamén temos
mascotas
temos un pavillón chulo
temos clube da
comedia
podemos xogar ao fútbol.
Facemos experimentos.
Navegamos polo
espazo.
Nós imos á biblioteca
temos uns bos
afillados.
Con estes carnavaliños
calquera se nos namora
para poder celebralo
cantamosvos con euforia.
Redactores: Pedro e Sabela P
English theatre
Criades que ía escribir en Inglés, eh?
Pois non, é porque fomos ver unha obra de teatro en Inglés.
No recorrido nós fomos xuntos ata o auditorio e de volta.
Estivemos sentados con Pedro, María, Lara...
A obra foi moi divertida porque o actor fixo cousas moi graciosas. Subiron ao escenario Erika, Roberto, Brais, Julia e Eloy que fixo de cabalo. Foi moi gracioso, partimonos a caixa da risa con el.
O actor foi un actor e un detective. Cando foi o actor tiña o `ÓSCAR´. Cando era detective sacou fotos do pequeno Nicolás, Shakira... Despois encontrou unha bolsa cun suxeitador, un calzoncillo...
Gustounos moito.
Seguiremos informando das seguintes saídas.
27 de xaneiro de 2016
Lecturas para a Paz
Onte estiveron na aula dúas compañeiras de 6º que nos leron uns textos seleccionadados nos que descubrimos como están os nenos e as escolas noutros lugares. Os datos eran ben impresonantes.
Grazas pola vosa exposición, pola selección dos textos e por compartilos con nós.
Grazas pola vosa exposición, pola selección dos textos e por compartilos con nós.
7 de xaneiro de 2016
Tea de araña cos afillados
Menudo comezo de ano:
Os nosos afillados agasalláronos con ricos doces de Nadal. Nós logo compuxemos para eles palabras bonitas coa tea de araña e agasallámolos con bicos e apretas.
Os nosos afillados agasalláronos con ricos doces de Nadal. Nós logo compuxemos para eles palabras bonitas coa tea de araña e agasallámolos con bicos e apretas.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)