Hoxe tivo lugar o acto da ofrenda floral no paseo da Calzada, diante da estatua de Ramón Cabanillas. As actuacións dos rapaces dos distintos colexios de Cambados foron expléndidas, moi ben preparadas e de moita calidade. Foi unha mágoa que o sol, o po, as dificultades para escoitar, o tempo de transición entre as actuacións ... non lles permitisen aos pequenos valoralas en todo o que merecían. Tamén puidemos ver os paneis que os diferentes colexios presentaron. O do noso colexio quedou moi bonito e representaba moi ben o sentir de Mª Victoria, unha mestra navegando no Arroas e rescatando a lingua galega para os máis cativos ... para todos. Moitas grazas ao alumnado de sexto por teren preparado un cartel tan axeitado e unha actuación tan bonita.
Amosando publicacións coa etiqueta Efemérides b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Efemérides b>. Amosar todas as publicacións
16 de maio de 2018
30 de abril de 2018
Maio
Hoxe trouxemos flores, fiuncho e xestas para facer o maio. Deixamos os materiais no patio dos pequenos e quedamos creando e ensaiando unha canción de maio. Tivemos moi pouco tempo, pero grazas á profesora de música conseguimos cantala hoxe mesmo diante dos máis pequenos do cole, que xa tiñan o maio rematado. Por certo, quedoulles precioso.
A última hora da mañá, despois do recitado dos poemas dos alumnos e alumnas de terceiro cantamos arredor do maio, algo baixiño, pero con moito ritmo.
Foron logo os demáis alumnos e a profesora de música os que ían propoñendo estrofas dos cantos de maio que todos podiamos repetir facilmente marcando o ritmo. Fixérono todos realmente ben. Noraboa.

25 de abril de 2018
Mulleres na Historia
As biografías das mulleres que fixeron aportacións importantes á historia da humanidade e non sempre aparecen nos libros de historia está xa enchendo as paredes do colexio. Pronto coñeceremos a fondo as súas aportacións para empezar a valoralas com se merecen.
23 de abril de 2018
Día do libro. Cos afillados
Fai uns días as nosas compañeiras de 5ºA leron para nós unha bonita historia "Cuando las niñas vuelan alto".
Claramente tamén nós lemos. E desta volta foeon varios alumnos e alumnas da clase as que nos deleitaron á chegada dos nosos afillados lectores co libro "Cuando papá dice blanco, mamá dice negro".
Lemos, lemos e lemos.
Lemos moito.
Disfrutamos lendo.
Aprendemos.Compartimos a lectura.
Lemos en todas partes.
Temos moitas ganas de ler.
Iso é.
Moi ben!

9 de marzo de 2018
Semana do Cine
Hoxe foi a clausura da Semana do Cine. Ao longo da semana e por quendas todos puideron acceder á Aula de Música e disfrutar de distintas curtametraxes relacionadas coa Igualdade da muller, nesta semana tan significativa pola celebración do Día da Muller Traballadora.
23 de febreiro de 2018
Rosalía de Castro
Hoxe recibimos máis anaquiños de historia, da nosa historia vital, da nosa cultura, da man dos nosos pais e nais cos versos de Rosalía. Grazas por compartirdes connosco este agasallo de imaxes e palabras.
22 de febreiro de 2018
Recordando a Rosalía
Rosalía é unha das máis grandes escritoras da nosa terra e os seus versos acompañaron aos nosos avós e ás nosas nais e pais dende cativos. Agora, con eles, imos recordar aqueles que máis lles gustaron, aqueles que máis marcaron o seu camiñar. Estes son algúns deses anacos de historia con Rosalía que nos acompañan ata agora:

Mañá poñeremos máis.

Mañá poñeremos máis.
7 de febreiro de 2018
CARTEANDO NA CLASE
Hoxe na clase fixemos cartas da amizade. A profe escribiu os nosos nomes
nuns papeis e doblounos. Máis tarde repartiunos entre os nenos. A quen che
tocase tíñaslle que escribir unha carta da amizade cunha frase especial
"Non es bo, es mellor!".
nuns papeis e doblounos. Máis tarde repartiunos entre os nenos. A quen che
tocase tíñaslle que escribir unha carta da amizade cunha frase especial
"Non es bo, es mellor!".
Autora: CAROLINA REBOEIRAS,5ºB

Empezamos vendo que todos aportamos algo moi valioso; dende a diversidade construímos máis e mellor, vemos máis posibilidades e temos máis perspectivas. Cada un da clase tiña que coller 5 € con billetes e moedas de xeito que ninguén tivese unha combinación repetida. E conseguímolo!

Logo vimos un anaquiño do vídeo O gato con botas na que o gato lle dicía a Katy: "Non es boa, es mellor".
Esa foi a clave para escribirlle unha carta de amizade a un compañeiro de clase facéndolle saber que non era simplemente bo, era mellor. As cartas quedaron realmente preciosas. Repartiranse o vindeiro venres para conmemorar o San Valentín realzando o valor da amizade.
31 de xaneiro de 2018
Entroido
Achegámonos ao Entroido. Xa temos preparadas as coplas, e un pouco da coreografía. Hoxe puxemos máns á obra para facer o disfrace. Así é que houbo que coller a regra e medir, recortar, pegar, trazar diagonais e consultar aquilo do "perímetro". Vaia un pouco de plástica cun algo de matemáticas! Quedaron ben bonitos.
30 de xaneiro de 2018
Día da Paz no colexio
Como todos os anos, o 30 de xaneiro temos unha celebración especial no colexio co gallo de conmemorar o Día da Paz. Todo comezou cunha pequena obriña de teatro sobre os Cabaleiros de cores.
Foi o momento tamén de manifestar o noso máis sincero agradecemento a estes profesores xa xubilados que tiveron o gusto e a paciencia de acompañarnos na semana pasada para ensinarnos papiroflexia e cedernos temporalmente a súa exposición. Grazas.
Este ano a nosa aula preparou o retrouso da canción "We are the world" que acompañamos co trombón de Xabi, o clarinete de Mencía , o uquelele de María e con Mateo S. no teclado. Quedou moi bonita. Para rematar Irene recitou en inglés o retrouso e Jimena, xunto con Edgar encargáronse de traducilo ao galego. Vimos as actuacións dos demais cursos. Todas moi ben preparadas.
Podedes ver a actuación na seguinte ligazón: "We are the word"
Para rematar bailamos o Baile da Paz
...e contemplamos fascinados a solta das pombas mensaxeiras ás que dúas nenas, xunto cos profesores Juan Maceira e Lucía Soto lles colocaban unha mensaxe nunha patiña.
Foi o momento tamén de manifestar o noso máis sincero agradecemento a estes profesores xa xubilados que tiveron o gusto e a paciencia de acompañarnos na semana pasada para ensinarnos papiroflexia e cedernos temporalmente a súa exposición. Grazas.
24 de xaneiro de 2018
Grous de papel para a PAZ
A semana pasada coñecemos a historia de Sadako e os mil grous de papel. Hoxe os profesores Juan Maceira e Lucía Soto volveron estar connosco para ensinarnos como facer os grous de papel, ao tempo que repasamos conceptos como aresta, vértice, ángulo, bisetriz, diagonal ... Todo para seguir soñando, como Sadako, que un desexo pode facer mellor o mundo.
Podedes volver recordar a historia de novo co vídeo que xa vimos a semana pasada:
23 de xaneiro de 2018
O lapis máxico de Malala
Hoxe tivemos a sorte de contar na aula cun precioso libro O lapis máxico de Malala, e cun extraordinario lector, Martiño, que nos relatou de forma maxistral a incrible historia desta nena loitadora e alegre; un referente na loita mundial polo dereito das nenas a ir á escola.
Grazas Martiño por traer o compartir con nós este precioso libro.
Grazas Martiño por traer o compartir con nós este precioso libro.
19 de xaneiro de 2018
O Baile da Paz
Como final do acto para celebrar o día da paz, todo o colexio interpretará este "Baile da Paz", aínda que algunha parte da coreograf´´ia vai ser distinta, xa podedes irvos familiarizando coa música e o ritmo.
18 de xaneiro de 2018
Canción para a paz
Hoxe con Xabi e o seu trombón, Mencía co seu clarinete, a profe María coa guitarra e o marabilloso grupo coral da clase empezamos a practicar a canción de "We are the world" para o día da Paz.
Quédavos aquí a seguinte ligazón para que poidades practicar nalgún ratiño cada día:
Aprendede ben a letra: vocalización, entoación e pronunciación.:
Quédavos aquí a seguinte ligazón para que poidades practicar nalgún ratiño cada día:
Aprendede ben a letra: vocalización, entoación e pronunciación.:
We are the world,
We are the children
We are the ones who make a brighter day
So, let's start giving
There's a choice we're making
We're saving our own lives
It's true we'll make a better day
Just you and me
26 de decembro de 2017
Festival
O día do Festival de Nadal deste ano formará parte da historia do colexio xa que, despois de case dez anos, volveron asistir as nais e pais do alumnado para disfrutar das actuacións dos seus fillos.
Para ver os vídeos coas grabacións podedes clicar na seguinte ligazón:
Canción 50 aniversario
Teatro
La zarza
Oh happy day
Para ver as actuacións dos demais cursos podedes acceder dende a páxina principal do colexio na seguinte ligazón:
Outras actuacións
Cabe felicitar a todos os que colaboraron para que este día fose realmente especial, empezando pola profesora de música que conseguiu un nivel de canto, de afinación en todos os grupos ... de beleza, impresionante; ao profesorado de inglés, polo nivel acadado na pronunciación das panxoliñas en lingua inglesa; ao profe Beni, pola composición da canción que introduciu o festival para conmemorar o 50 Aniversario do colexio; á profe Esther por preparar todos os decorados, ao noso director Alfonso por realizar todas as xestións para conseguir o escenario, as cadeiras, as cortinas; a Jorge, pola supervisión do equipo de imaxe e son e, como non, a todos os titores e especialistas que se implicaron para conseguir un gran día e unha gran festa compartida.
Despois do festival a nosa aula acolleu aos seus afillados lectores, aos que lles entregamos un corazón co desexo dunhas Felices Festas, e cos que compartimos unha merendola. O día rematou cunha festa na que todos acabamos bailando.
Trala entrega de notas, acadamos o compromiso de seguir traballando para aprender máis cada día.

Visita ao Asilo
O pasado mércores visitamos a Residencia de Anciáns.
Alí cantámoslle varias panxoliñas aos nosos maiores e saudámolos con moito cariño desexándolles unhas moi felices festas.
Logo visitamos a exposición de Beléns do mundo e quedamos realmente abraiados vendo Beléns tan variados e creativos dos cinco continentes.

Foi unha experiencia preciosa e cabe felicitar o marabilloso comportamento e cariño que amosaron todos e cada un dos nenos e nenas da clase. Todo un orgullo!

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)