O pasado martes, día 5 de xuño do 2018, no colexio CEP Antonio Magariños de Cambados realizouse a práctica da saída de emerxencia. Tocou un timbre longo e os nenos reuníronse no patio grande. Na clase de 5ºA unha nena desaparecera ( o director pedíralle que se agachara na cociña para simular unha desaparición) e os rapaces da súa clase non se deron conta de que faltaba. Logo fixéronlle unha reanimación de mentira.
Estas saídas de emerxencia débense facer porque se un día de verdade temos un incendio e non se prepara pode pasar algo moi malo.
CAROLINA REBOEIRAS 5ºB