Moitas actividades para un mesmos día.
Martiño, Vicki, Carolina e Candela inauguraron o programa de Patrullar Urbanas da man de Gil, o monitor da Policiía Local de cambados que, no día de hoxe estivo acompañado tamén do xefe da Policía Local. E a ocasión ben o merecía. Os rapaces fixeron un precioso traballo. Van aprender pouco a pouco como coordinarse e como proceder en cada momento, pero, de seguro, conseguirán maior seguridade para o deambular dos nosos alumnos e alumnas e tamén a mellor circulación dos vehículos diante do centro. Mil grazas, equipo.
Logo máis de media clase creou un marabilloso contacontos para recibir aos pequerrechos da pastora: "Noite de mudanzas". O certo é que lles quedou tan ben feita que a profe Paula lles pedíu que a repetisen para os nenos e nenas de terceiro durante o Plan Lector.
O resto da clase fixeron de guías na horta e tiveron que explicarlles aos máis cativos cales eran as plantas que alí tiñamos: acelgas, espinacas, chícharos, fabas e xudías, pepinos, calabacíns, pementos, repolos, patacas, tomates, cebolas, perexil, albahaca, leitugas e amorodos! Case nada!. Deixamos colocados carteis identificativos de cada especie. O certo é que os carteis son moi de agradecer, mesmo para o alumnado de quinto, que non sempre recorda o nome de cada especie!!!
E para rematar a xornada Salomé, Olalla, Vicki e outro 15 alumnos e alumnas do centro dos diferentes cursos estarán ás catro da tarde no auditorio para representar a obra de teatro "50 anos. Vaia historia!" que relata pequenas pinceladas que conforman a vida dun centro, e que inclúen tamén un pequeno recordo a outros tempos. De novo mil grazas, raparigos e raparigas de quinto.