Hoxe recordando a Neira Vilas co poema "Ai, amor" repasamos varios contidos que tratamos neste tempo e que serán avaliados no exame do xoves: a lírica, os versos e as estrofas, a diferenza entre rima asoante e consoante, os pronomes tónicos e átonos, os substantivos ... Pero ademais, acordámonos dos nosos emigrantes, daqueles que tiveron que irse lonxe, moi lonxe, deixando atrás aos seus amores, a mocidade. Daquela, cando aínda non había teléfono nas nosas aldeas, cando as comunicacións eran difíciles, cando aínda non se inventaran as consolas e os videoxogos... daquela.
Déixovos aquí, para recordar, o poema.
Ai, amor! Xosé Neira Vilas Que lonxe! Que lonxe estás! Canta terra entre nós dous. Peno dende que te fuches. Ai, amor! Ai, amor! Cando busco nos teus ollos, magóame o corazón. Cantas cousas non pasaron! Ai, amor! Ai, amor!
Pasaron meses e anos, e a mocidade pasou. Mido por noites o tempo. Ai, amor! Ai, amor!
Por ti agardo cada día, ateigada de ilusión. Ven axiña, volta a min. Ai, amor! Ai, amor!
Ai amor, que lonxanía! Que soedade, que delor! Vivir sen ti non é vida. Ai, amor! Ai, amor!
Cartas van e cartas veñen e as palabras tinta son. Quero escoitar a túa voz! Ai, amor! Ai, amor!
Tamén podedes escoitar a canción que para el crearon Mini e Mero e que interpretaron na súa honra o día do seu enterro.
Recordamos cales son as sílabas tónicas e átonas e como se clasifican as palabras tendo en conta a sílaba tónica. Podes comprobar o que sabes con estes exercicios:
Puedes practicar un poco con algunos ejercicios de acentuación. Pero antes aprendete bien las normas
O noso tan querido Xosé Neira Vilas faleceu no día de hoxe. Sentímos un gran pesar pola súa perda e un agarimoso recordo da súa presenza entre nós.
Queremos gardar un anaquiño da súa presencia no centro escoitando os versos que lle cantou naquel intre Manoele de Felisa e que interpreta marabillosamente Abraham, un alumno do centro naquel intre, irmán da nosa compañeira, Sarah Leiro.
Acordádesvos??? Aquí estivo. Con todos nós.
Esto foi o que escribíchedes con motivo da súa visita:
O 4 de xuño de 2014 veu ao colexio o escritor Xosé Neira Vilas. O primeiro que fixo foi presentarse. Dixo que nacera en Gres, que emigrara a Bos Aires, fixo teatro ... Na súa nenez levantábase moi cedo para ir ao cole e despois ao saír coidar as vacas. Emigrou cando empezou a guerra a Bos Aires. Casou coa súa muller Anisia Miranda.Despois de 43 anos volveu a Gres. Comezou a escribir en Bos Aires e continuou en Gres. Algunhas das súas obras son: Neno Balbino, Memorias dun neno labrego, Xente no rodicio ... Foi unha entrevista entretida e interesante. Gustoume moito.
Hoxe os nosos afillados lectores trouxéronos e léronos un conto precioso, anticipando xa o Nadal titulado "El hombre de Jengibre". Nós lémoslle "O coello Dentón " e ensinámoslle como se recoñece a un amigo.
Hoxe, como non podía ser doutro xeito, tivemos uns minutos na aula para reflexionar sobre as relacións de parella.
Limos na prensa un artigo que nos recordaba que o machismo camúflase a miudo co nome de amor romántico e amor sumiso, sobre todo na mocidade e temos que descubrilo.
Tamén vimos uns vídeos que nos amosan que todos temos que aprender autocontrol, que hai que aprender a expresar os sentimentos e a facer e aceptar cumplidos. Mellorar no autocontrol e na expresión de sentimentos axudarannos arelacionarnos mellor cos demais e tamén coas persoas as que queremos.
Fixemos unha dinámica na que simulábamos ser coches moi revolucionados ... chocamos con moitos compañeiros. É fundamental controlarse a si mesmo para non facer dano.
Para rematar vimos un vídeo no que unha rapaza maltrataba se sentía mal e lle daba vergoña que a visen maltratada, polo que se agachaba nunha máscara. Para recuperar de novo o sorriso tiña que ...
Podedes volver a velo pinchando nesta ligazón:
Hoxe, todo a alumnado de 5º percorreu algunha das rúas principais de Cambados para analizar a limpeza no seu contorno examinando o tipo de colectores que atopaba no seu percorrido. Logo do estudo dos arredores escribirán unha instancia con algunhas propostas de mellora que van dirixir ao Concello. Comprometidos co noso pobo e co seu futuro, queremos coidalo.
Para saber maís sobre os ecosistemas, o tempo atmosférico e practicar as divisións entre dúas cifras visitade a páxina do blogue dos nosos compañeiros de 5ºA e practicade coas actividades propostas.
Despois de estudar as cadeas e redes alimenticias e de comprobar que todos sabiamos cales eran os produtores, consumidores e descompoñedores baixamos á horta e vimos varias especies de produtores. Comprobamos o que medraran as plantiñas dende a última vez. Antes apenas se diferenciaba o tipo de planta que ían ser aquelas folliñas minúsculas (Como ben dicía O Principiño: "Aínda non se podía distinguir as rosas dos baobabs").Agora ben se ven xa as mentas, as silvas que rebrotan, as gramíneas e tamén "A capuchina"!!, unha das plantas invasoras que descubrimos o venres. Entre os consumidores vimos arañas, lesmas, formigas e outros "bichiños". Non vimos descompoñedores, pero de seguro que as bacterias estaban por todas partes. Os fungos aínda non sairon.
Seguiremos informando.
Atentado en París O pasado venres 13 de novembro houbo un atentado en París.Os terroristas atacaron tres lugares á vez, unha discoteca, a praza de Bataclán.e un estadio de futbol. Na discoteca que atacaron estaban a tocar un grupo famoso, ningun deles saiu ferido.
Autora: Sabela Seijo
Como manifestación e repulsa por este feito e como mostra de solidariedade para con todas as víctimas, hoxe, no patio, gardamos un minuto de silenzo. Perto de 300 nenos e nenas cos seus profesores pecharon as súas voces e amosaron a tristura nas súas caras outrora sorrintes. Tal foi o silenzo que, pasado este tempo escoitamos con toda claridade o manifesto que leu a nosa xefa de estudios sen que precisase megafonía.
Grazas a todos por participar de forma tan esmerada e respectuosa.
Hoxe, no patio, foi o derbi do cole. Nós estivemos esperando a 5ºA para xogar. Chegaron tarde. Son uns tardóns! Xustamente chegaron a menos 10 e so xogamos 5 minutos. Pero eso nos bastou. Empezamos gañando 1-0 co gol meu. Despois Nuno nos marcou o 1-1. Pero non nos viñemos a abaixo. Meteu 2 seguidos Brais para poñer o marcador 3-1. Meteu despois Román para poñer o marcador 4-1. Reaccionaron e meteu outro Nuno e puxo o marcador 4-2. Pero eu metin 2 maís e quedou así o partido 5-2. Celebrámolo mogollón coa clase porque tiñamos ganas de ganarlles. Fomos a refrescarnos ao baño. Estivemos moi alegres.
Feita a Lectura de rastrexo ou a lectura rápida do tema, Laura xa nos trouxo o primeiro mapa mental que nos vai axudar a ver que aspectos imos estudar neste tema tan apaixoante:
Hoxe baixamos ao paseo da Calzada acompañados dos nosos afillados lectores e xuntos aprendemos cales son as especies invasoras na nosa paisaxe. Algunhas son plantas tan bonitas como a uña de gato, ou a mimosa, ou mesmo os plumachos. Pero son especies que invaden o territorio eliminando a nosa flora e a fauna. Son moi perigosas e temos que coñecelas moi ben para evitar que sigan extendéndose. A exposición estará aínda todo este mes no paseo. Podedes visitala máis polo miudo e seguir aprendendo máis cousas sobre como debemos actuar.
Si queredes ir practicando a división con algo de axuda, como fixemos na clase pinchade na seguinte ligazón.
Acordádevos de pulsar na tecla "intro" para cambiar o cursosr e de pulsar na flecha cara arriba para borrar.
Hoxe tivemos na clase un parladoiro moi interesante sobre as tarefas e deberes e por suposto, sobre o estudio. Espuxéronse varios problemas que estaban acontecendo en relación coas tarefas propostas e moi especialmente co estudio. Estivemos vendo a presentación que podedes seguir revisando na seguinte ligazón:
Puidemos comprobar que , na maioría dos casos o problema está nunha mala planificación do tempo de estudio. Para crear o hábito de estudio cada tarde hai que adicar un tempo a estudiar e un tempo a preparar as tarefas propostas sin que a suma dese tempo exceda unha hora. Quedarían aínda catro horas para xogar, divertirse, asistir a actividades extraescolares, etc.
Para estudiar é importante adicar cada día polo menos 15 minutor a ler, entender, relacionar, repetir, autoavaliar ... Imos precisar facer mapas mentais, esquemas, resumos ...CADA DÍA un pouquiño. Non podemos pegarnos un atracón o día antes dun exame.
Deixovos algúns dos mapas mentais que presentáchedes. Espero que vos axuden a estudar o tema. Recordade que mañá temos os exames do sociais e de ciencias da natureza.