Amosando publicacións coa etiqueta Matemáticas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Matemáticas. Amosar todas as publicacións

23 de maio de 2018

Por fin no mercado de Cambados.

Chegou o gran día despois de tanto traballo, de tanta expectación, de tantos preparativos.
E pagou a pena, certamente o esforzo realizado.
O éxito de ventas foi total dado que se esgotaron todos os produtos e mesmo temos varias encargas realizadas.
Pero foi un éxito sobre todo ver como cada un dos socios cumpría o seu cometedo en función do rol que lle correspondeu no seu Departamento: ventas, publicidade, loxística, rexistro, caixa. Ver como uns axudaban e complementaban o traballo dos outros. Comprobar a súa independencia e a súa autonomía ante o público, o seu saber estar e a corrección e pulcritude con que levaron adiante a encomenda. Noraboa rapaces e grazas familias polo apoio prestado.

O traballo que se iniciou alá polo mes de outubro cando tomaron a decisión en asemblea de crear a cooperativa, a presentación e defensa de candidaturas  para desenvolver os roles de presidente, secretario/a ou tesoureiro/a, os procesos electorais; as propostas de logos, lemas, nome de empresa coas consabidas votacións; a redacción de estatutos e actas, as decisións sobre o capital que había de aportar cada socio e o rexistro de socios ... Xa en novembro tivo lugar a presentación na Deputación de Pontevedra da nosa cooperativa por parte da nosa presidenta, Salomé, que realizou un traballo exquisito; a recollida do CIF; as charlas informativas da axencia tributaria sobre a necesidade de pagar impostos e o destino dos mesmos; ou as visitas a outras empresas como Gráficas Salnés cos que tanto aprendemos; a presentación de prototipos de produtos; a realización dun estudo de mercado e de novo votacións para determinar cales se ían fabricar.

De xaneiro a marzo as horas de plástica pasaron voando coa fabricación dos diferentes produtos; dende abril iniciouse a etapa do diseño das etiquetas, tanto en ordenador como en soporte papel; tamén houbo que diseñar os carteis publicitarios e os do posto de venta; presentáronse propostas de embalaxe ...

Na parte administrativa tivemos que preparar o Curriculum Vitae para presentarnos aos diferentes departamentos da empresa e en función das características e cualidades de cada un asignouse a distribución de tarefas. Tivemos que investigar e decidir a que ONG destinariamos parte dos beneficios e a porcentaxe que se ía asignar. As dúas ONG seleccionadas foron AECC e o Refuxio de animais de Cambados.

Tamén aprendemos a redactar unha instancia para solicitar o posto de venta e permiso para  distribuir a publicidade. Recibimos a resposta oficial do Concello; a nosa presidenta pagou no banco as correspondentes tasas e ... con todo listo chegou o gran día: hoxe, 23 de maio.

Aínda quedan dúas tarefas pendentes: escribirlle unha carta ás dúas ONG para facerlles entrega da parte recaudada que se lles vai doar e decidir tamén en que se van gastar os beneficios obtidos coa venta que quedan para os socios: xantar, saída, excursión, festa !!! Pero de seguro, o máis bonito; disfrutar dun estupendo equipo de traballo.




 Co concelleiro de economía:



 Facendo publicidade:

























 Case todo vendido xa!!:





22 de maio de 2018

Práctica de mercado

Hoxe a terceira hora fixemos unha practica de mercado coa axuda dos nenos  e nenas de 4ºB. Practicamos con todo: coa caixa rexistradora, con  diñeiro ( que era de plástico), coas follas de rexistro ...
Todos o pasamos moi ben, foi moi divertido. E moitas grazas nenos e nenas de 4º!

Salomé (Presidenta da Cooperativa)










13 de abril de 2018

Medidas de superficie

Para entender un pouco mellor que un decimetro cadrado ten 10 centímetros cadrados, cada alumno da clase tivo que medir, contar e comprobar de primeira man que así era. Logo construimos un metro cadrado con 100 decímetros cadrados e comprobamos que o metro cadrado tiña, nin máis nin menos que 10.000 centímetros cadrados. Esperemos que non nos esqueza á hora de facer os cálculos.