Hoxe tivo lugar o acto da ofrenda floral no paseo da Calzada, diante da estatua de Ramón Cabanillas. As actuacións dos rapaces dos distintos colexios de Cambados foron expléndidas, moi ben preparadas e de moita calidade. Foi unha mágoa que o sol, o po, as dificultades para escoitar, o tempo de transición entre as actuacións ... non lles permitisen aos pequenos valoralas en todo o que merecían. Tamén puidemos ver os paneis que os diferentes colexios presentaron. O do noso colexio quedou moi bonito e representaba moi ben o sentir de Mª Victoria, unha mestra navegando no Arroas e rescatando a lingua galega para os máis cativos ... para todos. Moitas grazas ao alumnado de sexto por teren preparado un cartel tan axeitado e unha actuación tan bonita.