Os afillados lectores de 5ºA estiveron hoxe de visita na nosa clase para agasallarnos coa lectura do conto Leotolda. Trata duns amigos que percorren distintos lugares buscando á súa amiga. Cando os pequenos lectores se foron pedíronlle aos alumnos de 5ºB que fixesen a súa Leotolda: grande, redondiña e que non canta nada ben. Cada un deixou voar a súa imaxinación para crear tantas Leotoldas como nenos soñadores. E que bonitas todas elas! Non sei se estes amigos atoparán finalmente na nosa clase á súa querida compañeira. Pero de seguro que hai moitas Leotoldas posibles no noso maxín.