Hoxe fomos todos os da clase xuntos á horta. Como eramos tantos tivemos que organizar moi ben o traballo. Un equipo responsabilizouse de mondar os chícharos (quitarlles as herbas), outro das patacas, un terceiro de replantar leitugas, o cuarto do ceboliño e o último grupo foi o responsable de regar todas as plantas. E todo quedou rematado, aínda que nos pasamos un pouco da hora prevista! A próxima vez seremos máis eficientes.