Este esquema de Gabriel ten xa moito xeito.
15 de maio de 2018
Técnicas de estudo
Hoxe volveu estar connosco o orientador do colexio, Juan Carlos. Falamoslle das dificultades que atopamos á hora de facer os esquemas. Logo reiniciamos o proceso cun novo texto que nos valeu de introdución para a Idade Moderna pois trataba da orixe das monarquías autoritarias. Non resultou moi complicado a parte do subliñado, de poñer palabras chave e mesmo de facer o esquema. O que si foi máis difícil do que parecía foi o de fiar nunha oración os datos que tiñamos recollidos no esquema. Juan Carlos asegurounos que nos sairá mellor cando xa levemos 20 feitos, así é que ... a seguir practicando.
Este esquema de Gabriel ten xa moito xeito.
Este esquema de Gabriel ten xa moito xeito.