A nosa clase recibirá o nome de Aula Castelao na honra deste escritor galego tan importante.
O venres pasado estivemos reinterpretando algunha das súas láminas.
Hoxe, na biblioteca buscamos, por primeira vez, información sobre este autor na ENCICLOPEDIA. Como non había enciclopedias suficientes para todos os grupos, algúns alumnos buscaron a información en internet. Polo de pronto sabemos que o nome deste autor era: Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. O pasado 30 de xaneiro, día da paz, celebrouse o 130 aniversario do seu nacemento.
Hoxe tamén vimos que, no tempo de Cabanillas e de Castelao a esperanza de vida era de 40 anos para as mulleres e aínda menos para os homes. Afortunadamente dende 2012 a esperanza de vida para as mulleres pasa dos 80 anos e a dos homes achégase aos 80 anos. Unha mellora ben importante. Cando morreu Castelao? Cantos anos tiña?. Cantos fillos tivo? Hai moitas cousas que aínda nn sabemos. Seguiremos investigando. Daquela, a xente tiña máis de catro fillos e agora soe ter un ou dous.
Dise que a poboación de Galicia está envellecida. Iso é un problema serio. Un problema que a vós, meus queridos rapaces vos tocará resolver nun futuro non moi lonxano. Seguiremos estudando para mellorar eses futuro.