Hoxe presentounos a súa montaxe o grupo dos Superheroes e deixounos abraiados. Fixeron un faro co seu correspondente peirao con materiais de refugallo e con moita calidade. Por suposto, cun funcionamento perfecto.
Pero a sorpresa maior tróuxonola a nosa delegada, Kathia. que estivo enferma a semana pasada, pero non quería perderse a experiencia de preparar tamén un circuito e ... "meu dito, meu feito", con paciencia, ilusión, creatividade e a inestimable colaboración do seu pai realizou unha montaxe incrible combinando material de refugallo, catro bombillas pequerrechas e un motor que fai xirar as aspas dun muíño. Así vemos que a enerxía eléctrica non so se convirte en enerxía luminosa, senón tamén en enerxía mecánica. A transmisión da electricidade foi moi orixinal, pois utilizou un trozo de lata que podemos ir xirando e segundo faga contacto cun ou outro cable teremos luz ou o movemento das aspas do que xa falamos. Incrible, Kathia!
Parabéns para todos!!