Cada equipo dispoñía de 10 € para facer a compra. Tiña que preparar un menú para catro persoas que incluíse un primeiro prato, segundo prato e sobremesa. Por suposto, debía ter peixe, froita e verduras. Tamén podían completalo con carne, pasta, patacas e, como non, queixo.
Todos os grupos acadaron satisfactoriamente o obxectivo previsto facendo unha compra equilibrada e suficiente cos cartos asignados. Todos, ademais, prepararon pratos diferente e mesmo foi diferente a froita que escolleron de sobremesa.
Cabe destacar tamén o ben que se organizaron e o seu comportamento. Moitos foron agasallados, polo seu bo facer, con descontos especiais ou mesmo con algún produto fresco.
Foi un pracer vervos tan autónomos e autosuficientes tomando decisións equilibradas e saudables. Parabéns, rapaces.
Todos os equipos mercaron leituga (de distinto tipo) e pataca do país. Polo demais a ampla diversidade nas súas eleccións en peixe, carne e froita, como puidemos comprobar ao chegarmos a clase e facer a táboa comparativa e a exposición de produtos.