Aínda así setembro é a época da recollida de sementes.
Así é que aproveitamos para recoller varias hortalizas para logo poder recollerlle as sementes: leituga, tomates, pementos e cabaciñas.
Tamén aprendemos que as plantas, ademais de reproducirse de forma sexual a través das sementes, poden reproducirse de forma asexual e vimos varios exemplos:
os estolóns dos amorodos.
os tubérculos da pataca,
os bulbos de cebolas ou allos,
os rizomas da menta
e os esgallos de varias silvas que non nos interesaba nada ter alí.
No medios das plantiñas que recollemos atopamos moluscos (caracois) e artrópodos (insectos e miriápodos).
Hoxe tocou extraer as sementes e observalas coa lupa, especialmente as da leituga, que eran moi pequeniñas.
Observando coa lupa descubrimos tamén os mofos que se criaran nun dos tomates que se nos pudriu na clase.
Así é que nun so momento démoslle un bo repaso a tres dos cinco Reinos que imos estudar polo miúdo.