Como en anos anteriores, na víspera da celebración da Constitución e do Estatuto de Autonomía xuntámonos todos os rapaces e rapazas do centro para recordar esta data e lermos artigos das dúas cartas magnas.
Os artigos que lemos os alumnos e alumnas da nosa aula estaban relacionados coa Facenda e o pago dos impostos, concretamente o artigo 31 da Constitución e os artigos 42 e 44 do Estatuto de Autonomía. Para facerllos máis doados de entender aos máis pequeniños preparamos unha pequena representación na que iamos poñendo cartos na caixa da Facenda do Estado español , logo viamos como chegaban os cartos á caixa da Facenda de Galicia e por último escoitamos en que se ían gastar os cartos antes recaudados. Os máis pequenos estiveron moi atentos e seguramente o entenderon moi ben.