O luns recibimos a visita dos nosos afillados lectores. Traían unha carta consigo para cada un dos seus padriños. Nós agasallámolos cunha pequena postal chea de cariño e de adxectivos ben bonitos. Sorprendeunos a nosa afillada Carolina lendo un precioso relato que ía presentar ao certame de Relato curto. Nós, tamén lles lemos o relato que a nosa Carolina vai presentar. Rematada a lectura tres nenos de segundo recitaron un anaquiño dun poema de Rosalía de Castro. Para rematar todos os padriños e madriñas lectores recitaron o poema de Rosalía dende o inicio "Adios ríos, adios fontes" e acompañáronnos moitos dos afillados que o sabían moi ben. Foi unha experiencia moi bonita que agardamos repetir en breve.