Hoxe os equipos Molóns, Bananas e Suricatos presentaron os seus murais sobre a Alegría, a Tristeza e o Medo. Canto estamos a aprender!
Grazas e eles coñecemos mellor como son e se manifestas estas emocións e, ademais, vimos moitas estratexias para regulalas. Pronto seremos uns verdadeiros expertos!
O equipo Osiños expuxo o seu traballo sobre a tensión e a calma e fixérono xenial!
Cada equipo fixo unha proposta de música relacionada coa emoción traballada. Pero sería preciso comprobar cunha aplicación informática que, certamente, á maioría do alumnado a música escollida lle evocaba a emoción sinalada. Foi ben interesante!