26 de febreiro de 2016
Programa de radio
Hoxe estrenamos equipos de locutores de "Radio Patio". Estrenaron o espazo os "4 Fantásticos" que fixeron unha excelente selección de música, novas, adiviñas e incluso unha entrevista. Non foi menos o equipo "Inseparables "que tamén acertou coa música, tiñan unha entrevista, novas, do cole, de Galicia, de España e Internacionais e unha sección de chistes que nos fixo pasar un rato moi agradable. Reiniciaremos as sesións de "Radio Patio" o vindeiro martes.
25 de febreiro de 2016
Preparando o invernadeiro
Mariña, Miguel e María foron os encargados de montar eles soíños e sin axuda o invernadoiro que imos estrenar a vindeira semana. Seguiron perfectamente as instrucións do manual e deixárono perfecto. Están feitos uns profesionais.
Día de Rosalía de Castro
O día 24 de febreiro foi o día de Rosalia de Castro. Primeiro, actuaron Pedro e unhas rapazas de cuarto tocando a pandereta, moi bonito. Os de quinto (nós) recitamos dous poemas: "Un repoludo gaiteiro" e "Adios ríos, adios fontes".
Casi todos os cursos recitaron poemas moi bonitos e alegres.Os de primeiro recitaron un poema, pero non se escoitou casi nada; foron moi divertidos. Un rapaz de sexto parecía procupado.
Autor: Eloy Pérez Besada
Na honra de Rosalía de Castro a nosa clase tivo unha participación moi intensa. Pedro cantou, coas súas compañeiras de Volandeira acompañado das panderetas. Que ben o fixeron. Quedamos todos realmente impresionados. Pedro ten unha voz preciosa e cantou moi ben.

Logo rematamos recitando toda a clase "Adios ríos, adios fontes " co final tan duro que nos comunicou Iria, que dor a de termos que marchar ... e desfilamos coas mochilas para representalo.
Casi todos os cursos recitaron poemas moi bonitos e alegres.Os de primeiro recitaron un poema, pero non se escoitou casi nada; foron moi divertidos. Un rapaz de sexto parecía procupado.
Autor: Eloy Pérez Besada
Na honra de Rosalía de Castro a nosa clase tivo unha participación moi intensa. Pedro cantou, coas súas compañeiras de Volandeira acompañado das panderetas. Que ben o fixeron. Quedamos todos realmente impresionados. Pedro ten unha voz preciosa e cantou moi ben.
Tamén recitamos o poema "Un repoludo gaiteiro" con Pedro vestido para a ocasión e Sabela representando ás mozas das romerías namoradiñas todas do seu tocar. Quedou precioso, Dani, Miguel, Brais, Lara, Kathia, Raúl, foron os encargados de recitar os seus amoríos. 


Logo rematamos recitando toda a clase "Adios ríos, adios fontes " co final tan duro que nos comunicou Iria, que dor a de termos que marchar ... e desfilamos coas mochilas para representalo.Experimentos
De novo empezamos a rolda de exposicións e de experimentación. Desta volta trátase de poñer a proba os nosos órganos dos sentidos. Xa expuxeron dous equipos.
Inseparables amosounos unha presentación sobre o Gusto e deunos a probar diversos sabores.
O equipo dos Inmortais falounos do Oido. E soubemos diferenciar a procedencia de case todos os sons que nos presentaron, agás agún que se nos resistiu a todos.
O equipo dos 4 Fantásticos inicio a exposición sobre o Olfato. Con que nos sorprenderán?
Nada menos que cun experimento no que tiñamos que adiviñar varios produtos polo cheiro. Na primeira parte presentaron os seguintes: tabaco, pos de talco, iogur, allo, queixo e wisqui. Este grupo falounos das persoas con hiperosmia e a súa capacidade olfativa, das anosmias, hiposmias e de problemas como a rinitis ou a sinusitis.
O equipo das Cinco Noites falounos do sentido da Vista e puidemos aprender partes do ollo que non coñeciamos, como o humor vítreo. Pero o máis interesante estivo na parte final cando nos presentaron as ilusións ópticas. Logo vimos moitas outras e algunhas prepararémolas na clase para sorprendervos a todos. Preparádevos.
Inseparables amosounos unha presentación sobre o Gusto e deunos a probar diversos sabores.
O equipo dos 4 Fantásticos inicio a exposición sobre o Olfato. Con que nos sorprenderán?
Nada menos que cun experimento no que tiñamos que adiviñar varios produtos polo cheiro. Na primeira parte presentaron os seguintes: tabaco, pos de talco, iogur, allo, queixo e wisqui. Este grupo falounos das persoas con hiperosmia e a súa capacidade olfativa, das anosmias, hiposmias e de problemas como a rinitis ou a sinusitis.
O equipo das Cinco Noites falounos do sentido da Vista e puidemos aprender partes do ollo que non coñeciamos, como o humor vítreo. Pero o máis interesante estivo na parte final cando nos presentaron as ilusións ópticas. Logo vimos moitas outras e algunhas prepararémolas na clase para sorprendervos a todos. Preparádevos.
Excursión a Coruña
O martes fixemos unha excursión incrible. Pasámolo moi ben e aprendemos moitas cousas. O mellor foi a felicitación que recibimos no Acuario polo noso excelente comportamento. Tanto que mesmo nos agasallaron con dous libros para a biblioteca porque fomos o colexio con mellor comportamento no que vai de ano, dos que visitaron estas instalacións.
Noraboa rapaces e rapazas.
Noraboa rapaces e rapazas.
22 de febreiro de 2016
Repasamos os ósos
Hoxe non me podía crer que xa vos esqueceran os ósos que tan ben sabiades en terceiro. Así é que vos poño de novo a canción que cantabamos en terceiro, para que vos sexa máis doado aprendelos de novo. E ollo, que tamén hai que saber os músculos. O mínimo é saberse ben seis osos e seis músculos. Para acadar o sobreasaínte tedes que saber o nome de todos os que vimos en quinto.
18 de febreiro de 2016
Lendo para os nosos afillados
Un grupiño de compañeiros da clase estiveron hoxe cos afillados e prepararon para eles o conto de Cosme. Penso que disfrutaron tanto os lectores como os espectadores. Grazas pola vos implicación e entusiasmo raparigos.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)










