Hoxe, o grupo dos Inmortais fixo a súa exposición sobre Europa (Croacia)
Este grupo está formado por María, Alonso, Eloy e Dani (eu)
Falaron das comidas típicas e moitas outras cousas de interese.
26 de maio de 2016
Circuitos electricos!!!!!
Hoxe día 28 de maio, eu, Román, queríavos falar dos nosos proxectos de ciencias naturais . Unha semana, a profe Rosa, propúxonos facer circuitos electricos .
O primeiro neno que fixo un foi Cristian,os outros foron Dani, Maria, Eloy e Alonso que presentaron un faro moi chulo que tiña musgo e luz vermella. Despois foron Miguel , José , Iria e Lara . Un pouco antes do último trouxo o circuito Kathia. Cando puideron, os do equipo Inseparables formado por Kathia, Raúl , Érika e Sabela Palacios trouxeron a rotonda con luz e focos. O penútimo dos equipos foi "4 Fantásticos" formado por Laura, Cristian , Sabela Seijo e Mariña que presentaron unha casa e unha especie de coche con motor e luz . Terminarán os de Cinco Noites formado por Román ( eu ), Aitana , Marycielo e Pedro que primeiro expuxerán un ``coche ´´ e por último eu presentarei unha`` cociña ´´
Ata aquí nosa información de hoxe ( : D FELIZ!!!)
Vémonos en próximas reportaxes.
Un saudo xigante.

Autor: Román
Tempos verbais
Para que practiquéis de una forma más divertida con los tiempos verbales, podeis escoger alguno de los siguientes enlaces:
25 de maio de 2016
A voltas co xornal
Hoxe descubrimos á nosa compañeira Kathia nas páxinas do xornal, pois ademais de ser a nosa delegada e unha marabillosa lectora, actriz, cantante e bailarina ten tempo para prestar a súa axuda na confección das alfombras que lucirán este domingo nas rúas de Cambados. Desde tan pequena destaca xa a súa implicación como voluntaria na vida parroquial. Todo un orgullo!
Pero, non podemos deixar atrás a outro dos nosos alumnos: Brais, que destaca na súa actividade futboleira e fora escollido, meses atrás, para facer a entrega de premios a Changui, acompañado de Iago Aspas, nada menos.
E vendo o xornal, os nosos expertos lectores descubriron unha "Entrevista" moi interesante que, aínda así, non tiña nada que envexar das que eles mesmos realizaron este fin de semana e que nos deixaron impresionados. Están feitos uns reporteiros!
Pero, non podemos deixar atrás a outro dos nosos alumnos: Brais, que destaca na súa actividade futboleira e fora escollido, meses atrás, para facer a entrega de premios a Changui, acompañado de Iago Aspas, nada menos.
Román e o Titanic
Hoxe rematou a clase dunha maneira moi especial. O noso compañeiro Román interpretou para todos un anaquiño da partitura de "Titanic" coa flauta. Foi precioso e moi emocionante. Grazas, Román.
Máis circuitos
Hoxe o equipo "4 Fantásticos presentounos un traballo con dous circuitos diferentes. Xogaron ademais co efecto do papel celofán para crear ambientes diferentes na iluminación e mesmo reciclaron xoguetes vellos para facer a montaxe e a decoración. Non quedou moi claro se nos presentaban unha casa (era o que pretendían) ou un piso (como suxerían algúns nenos da clase), pero ... casa ou piso, o efecto estivo moi conseguido e o traballo quedou moi ben.
Cada vez síntense máis autónomos e xa se animan a facer máis partes dos traballos sen a colaboración das nais e pais. Diso se trata. De buscar a máxima autonomía de cada equipo na toma de decisións e na execución dos traballos. Pouco a pouco irémolo conseguindo todos.
Fai uns días Laura sorprendeunos con outro traballo que preparou en solitario. no que combinou a transformación da enerxía electrica en enerxía luminosa e en enerxía mecánica.

24 de maio de 2016
Érica Esmorís estivo no colexio
Hoxe estivo con nós Érica Esmorís, a autora do libro "Nena e o mar", gañadora do Premio Merlín da editorial Xerais. Aprendemos moitas cousas con ela sobre o seu libro, pero moi especialmente sobre o proceso de creación dunha obra. A autora, en concreto, sigue 8 pasos que considera fundamentais no proceso de creación: 1.Sentimento, 2.Incubadora, 3.Biografías, 4. Delirio, 5. Capítulos, 6. Documentación, 7. Escrita, 8. Paciencia.
Aprendemos moito con ela e foi moi interesante.
Aprendemos moito con ela e foi moi interesante.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)