30 de novembro de 2017

Visita á Deputación

Hoxe, fomos á Deputación de Pontevedra para recoller o CIF da nosa empresa  IC Magariños. 








Ensináronnos algunhas dependencias desta institución como a Sala de Plenos,a Sala de Xunta de Goberno 

e a Sala das Comisións (alí vimos un cadro de cando Mariano Rajoy foi presidente da Deputación) 

As escalinatas eran ben bonitas: 

Os presidentes das cooperativas presentaron o traballo realizado en cada colexio.
A presidenta da Deputación, Carmela Silva falounos de que lle gustaba moito que houbese mulleres emprendedoras, que todos traballabamos moi ben e que "estaba alucinada".  Despois sacamos unha foto todos xuntos na escalinata da entrada. Mentres esperamos a que nos entregasen as caixas dos tenderetes para o mercado fixemos varios xogos. Pasámolo moi ben.
Aprendemos moitas cousas:  que hai un presidente da Deputación en cada provincia (e so hai seis presidentas en todo España!); hai 61 Concellos na provincia de Pontevedra; na Deputación teñen que aprobar e decidir como organizan e distribuen os cartos para axudar aos Concellos: construción de polideportivos, parques, carreteras, concursos, campaña "Depoemprende na escola" ... Como curiosidade vimos os escudos das Deputacións galegas camuflados detrás das lámpadas, por un erro no encargo ao carpinteiro hai 3 escudos de Lugo, un de Pontevedra, outro de Ourense e un de Coruña. Tamén nos contaron a historia do edificio. A Deputación está no actual edificio dende hai 127 anos nada menos, dende 1890.
Vicki e Martiño leron varios artigos da Costitución. Leron moi ben. Tamén falaron Xabi e Nicolás.


A nosa presidenta, Salomé e Stella de 5ºA  foron as mellores. As demáis cooperativas presentaron vídeos sobre o seu traballo, pero apenas falaron. Salo e Stella falaron moito, moi ben  e deron as grazas. Logo recolleron o CIF da empresa.


 Autores: Martiño, Iker, Olalla, Mateo M e David.

Ecosistemas: Ecosistema acuático de litoral e ecosistema da sabana

Esta semana o equipo dos "Suricatos" presentaron un impresionante traballo sobre o Ecosistema mariño de litoral, en concreto dos cantís. Centráronse no ecosistema de litoral propio da Costa da Morte. Presentaron unha maqueta na que non faltou a cría de mexilón, os pequenos ourizos e pepinos de mar as aves e os peixes. . Un traballo excelente.







 Logo Aldara ensinounos uns exemplares de cría de mexilón, pepinos de mar e incluso un cangrexo violinista
Hoxe foi o equipo "Osiños" os que nos presentaron o ecosistema da sabana. Un traballo moi completo con información moi interesante sobre distintas especies deste ecosistema. Moi bo traballo tamén, raparigos, especialmente o apartado das conclusións.

29 de novembro de 2017

Mediadores

Hoxe, Vicki ( e outras compañeiras do grupo de mediadores) representou unha pequena peza de teatro para ensinarnos a todos os nenos de quinto como actúan os mediadores cando alguén solicita a súa axuda para resolver un problema.
Moitas grazas Vicki, pola túa implicación en tantos recreos traballando para  axudarnos a todos.

Visita a Pontevedra

Mañá, día 30 de novembro do 2017,  iremos a Pontevedra para presentar a nosa empresa e saber o CIF que lle corresponde. Salomé vainos a representar, seguramente estará nerviosa.
Todos estamos moi moi emocionados.


                                                                 Autora:Vicky


Cores quentes e frías

En plástica estamos facendo unha composicióin con cores quentes, como o vermello e laranxa; ou fríos, como o azul e o morado. Seguimos estes pasos:
  1.  Pintamos unha base.
  2. Facemos liñas curvas.
  3. Pintamos coas cores que che toquen (todas quentes, ou todas frías) por dentro das líneas.
  4.  Noutgro folio, coloreamos de marrón o tronco sen follas dunha árbore.
  5.  Recortamos o tronco e pegámolo sobre o fondo de cores (quentes ou frías).

 
 Autor: Mateo Santos

 

Numeros primos e compostos


Hoxe estivemos calculando todos os divisores dun número e mirando se é primo ou composto.Os compostos son os que teñen máis de dous divisores, e os primos son os que so teñen dous divisores: o número 1 e el mesmo.


O exame será este venres a segunda hora. Así que...á preparalo!


 Autora: Carolina