Hoxe, a profesora María, presentounos un panel co semáforo das emocións co que trataremos de aprender a manter a calma, a ser reflexivos e a tomar decisións sensatas cando estamos tranquilos. Tamén nos preparou a botella da calma chea de líquido vermello e purpurina que nos axudará a ver o noso interior, a esperar e a decatarnos de que hai que repousar a nosa axitación antes de actuar´. Esta botelliña tan xeitosa tamén nos vai servir para irnos relaxando se estamos moi alterados.
Este é un dos paneis que, dende hoxe, teremos na clase: