Hoxe, Roberto Rúa, un membro da Axencia Tributaria estivo na nosa aula e impartiunos unha sesión informativa sobre os impostos, que son, e para que sirven. Empezou preguntando: Vós pagades impostos? Todos responderon cun rotundo non. Ao remate da charla xa todos tiñamos claro que si; cada vez que mercamos algún produto pagamos impostos. Logo explicounos que facía o Estado cos impostos que percibía e como se distribuían: sanidade, facenda, policías, bombeiros, carreteras, autoestradas, parques ... Moitos dos bens dos que disfrutamos parecen gratuitos, pero estan pagados cos impostos de todos os cidadáns. Falou do que era o fraude fiscal e de que todos somos afectados.Explicounos que era o IVA, o IBI, a declaración da renda ... Ao remate da charla, cada un de nós entendeu un pouco mellor que todos temos que contribuír cos impostos para logo disfrutar de gran cantidade de bens e servicios comúns.
Desde logo, todos estiveron moi atentos, tomando nota do explicado.
E así o recolleron Mencía, Candela e Pablo: