29 de outubro de 2015

A volta do concerto


Hoxe día 29-10-2015 fomos ao concerto de Luis Vallecillo.

Estivo cantando os minutos que faltaban para que empezara a actuación coa guitarra española.

De repente, apagáronse as luces, el empezou a cantar e os profes empezaron a bailar. Foi moi gracioso!
Se vises bailar aos profes, flipabas.

No medio do musical cantou unha nana e uns poucos da clase empezaron a dormirse. Mais tarde encendéronse as luces e os dormiñóns espertaron.
Ao final cantaron unha canción que sabíamos e cantamos con el.

Despois saímos a amodiño, como di a canción.

Esta é a canción:

Na nosa escola cando soa a serea
comenzamos a brincar.
Os profes suplican que paremos
é imposible somos nenos
só pensamos en xogar e xogar.
É  moi complicado estarse quedo
a cabeza non me para
son os pés os que traballan
pero cando Saímos...
saímos a amodiño...psss
amodiño...psss psss,amodiño psss psss
sen facer nada de ruido...psss psss,
(...)
amodiño psss psss,amodiñoooo...
Autores: Dani e Jose