Cando chegamos á clase de 2ºB, estaba todo oscuro con tres velas encendidas. Raúl, na obra, e case todos nós, fixemos de monstros. Sabela S. era a nai de Max, o protagonista. Miguel facía de Max, disfrazouse co seu disfrace de lobo e púxose a facer trasnadas. Cando a súa nai o chamou, Max foi xunto a ela e díxolle "VOUTE COMEEER". A nai díxolle: "Para a cama sin cear". Cando Max chegou ao seu cuarto topouse cun bosque e foi navegando polo río coa súa barca ata que chegou a "ONDE VIVEN OS MONSTROS". Os monstros empezaronlle a ruxirlle a Max e Max dixo "A calar" ....
Buscade o libro "Onde viven os monstros" si queredes saber como continúa a historia.
Autor: Cristian