29 de outubro de 2015

Receitas con cabaza

Hoxe xa levaron os rapaces as cabazas que trouxeron decoradas para ambientar o cole na festa do Samaín e que nos sorprenderon pola inmensa creatividade que ano a ano amosades.

                    E como hai que aproveitar ben as cabazas aquí vos deixamos unha mostra das receitas que podedes poñer en practica.



Algunha, como a de María, xa puidemos saboreala na clase o pasado martes.Estaban boísimas as madalenas!


Jose asegurounos que nos vai trer un anaquiño do seu biscoito de cabaza a vindeira semana.
Seguro que imos chuparnos os dedos.


Mil grazas a todas, mil grazas a todos.