Chegou o gran día despois de tanto traballo, de tanta expectación, de tantos preparativos.
E pagou a pena, certamente o esforzo realizado.
O éxito de ventas foi total dado que se esgotaron todos os produtos e mesmo temos varias encargas realizadas.
Pero foi un éxito sobre todo ver como cada un dos socios cumpría o seu cometedo en función do rol que lle correspondeu no seu Departamento: ventas, publicidade, loxística, rexistro, caixa. Ver como uns axudaban e complementaban o traballo dos outros. Comprobar a súa independencia e a súa autonomía ante o público, o seu saber estar e a corrección e pulcritude con que levaron adiante a encomenda. Noraboa rapaces e grazas familias polo apoio prestado.
O traballo que se iniciou alá polo mes de outubro cando tomaron a decisión en asemblea de crear a cooperativa, a presentación e defensa de candidaturas para desenvolver os roles de presidente, secretario/a ou tesoureiro/a, os procesos electorais; as propostas de logos, lemas, nome de empresa coas consabidas votacións; a redacción de estatutos e actas, as decisións sobre o capital que había de aportar cada socio e o rexistro de socios ... Xa en novembro tivo lugar a presentación na Deputación de Pontevedra da nosa cooperativa por parte da nosa presidenta, Salomé, que realizou un traballo exquisito; a recollida do CIF; as charlas informativas da axencia tributaria sobre a necesidade de pagar impostos e o destino dos mesmos; ou as visitas a outras empresas como Gráficas Salnés cos que tanto aprendemos; a presentación de prototipos de produtos; a realización dun estudo de mercado e de novo votacións para determinar cales se ían fabricar.
De xaneiro a marzo as horas de plástica pasaron voando coa fabricación dos diferentes produtos; dende abril iniciouse a etapa do diseño das etiquetas, tanto en ordenador como en soporte papel; tamén houbo que diseñar os carteis publicitarios e os do posto de venta; presentáronse propostas de embalaxe ...
Na parte administrativa tivemos que preparar o Curriculum Vitae para presentarnos aos diferentes departamentos da empresa e en función das características e cualidades de cada un asignouse a distribución de tarefas. Tivemos que investigar e decidir a que ONG destinariamos parte dos beneficios e a porcentaxe que se ía asignar. As dúas ONG seleccionadas foron AECC e o Refuxio de animais de Cambados.
Tamén aprendemos a redactar unha instancia para solicitar o posto de venta e permiso para distribuir a publicidade. Recibimos a resposta oficial do Concello; a nosa presidenta pagou no banco as correspondentes tasas e ... con todo listo chegou o gran día: hoxe, 23 de maio.
Aínda quedan dúas tarefas pendentes: escribirlle unha carta ás dúas ONG para facerlles entrega da parte recaudada que se lles vai doar e decidir tamén en que se van gastar os beneficios obtidos coa venta que quedan para os socios: xantar, saída, excursión, festa !!! Pero de seguro, o máis bonito; disfrutar dun estupendo equipo de traballo.
Co concelleiro de economía:
Facendo publicidade:
Case todo vendido xa!!:
23 de maio de 2018
22 de maio de 2018
Práctica de mercado
Hoxe a terceira hora fixemos unha practica de mercado coa axuda dos nenos e nenas de 4ºB. Practicamos con todo: coa caixa rexistradora, con diñeiro ( que era de plástico), coas follas de rexistro ...
Todos o pasamos moi ben, foi moi divertido. E moitas grazas nenos e nenas de 4º!
Todos o pasamos moi ben, foi moi divertido. E moitas grazas nenos e nenas de 4º!
Salomé (Presidenta da Cooperativa)
21 de maio de 2018
Xa temos a resposta do Concello
Xa temos a resposta do Concello á instancia que presentamos a semana pasado solicitando permiso para vender no mercado os produtos das nosas cooperativas e para poñer publicidade. Xa queda menos! Hoxe estivemos ultimando detalles nas etiquetas e preparando as planillas de rexistro para a venda. Mañá faremos o ensaio de venda no colexio e o mércores será o gran día. Empeza a conta atrás!!
16 de maio de 2018
Letras Galegas
Hoxe tivo lugar o acto da ofrenda floral no paseo da Calzada, diante da estatua de Ramón Cabanillas. As actuacións dos rapaces dos distintos colexios de Cambados foron expléndidas, moi ben preparadas e de moita calidade. Foi unha mágoa que o sol, o po, as dificultades para escoitar, o tempo de transición entre as actuacións ... non lles permitisen aos pequenos valoralas en todo o que merecían. Tamén puidemos ver os paneis que os diferentes colexios presentaron. O do noso colexio quedou moi bonito e representaba moi ben o sentir de Mª Victoria, unha mestra navegando no Arroas e rescatando a lingua galega para os máis cativos ... para todos. Moitas grazas ao alumnado de sexto por teren preparado un cartel tan axeitado e unha actuación tan bonita.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

















































