15 de maio de 2018

Letras Galegas: lendo a Mª Victoria Moreno

Onte, a nosa compañeira, Vicky e a súa nai participaron na lectura continuada de textos de Mª Victoria Moreno, ou de textos sobre esta autora. Viccky leu marabillosamente ben e os que alí estivemos descubrimos cousas apaixoantes sobre esta escritora de alma sensible moi atenta ao mundo dos afectos e preocupada polo galego, a escola, os pequenos, as mulleres e o coidado dos animais. Grazas Vicky.


Técnicas de estudo

Hoxe volveu estar connosco o orientador do colexio, Juan Carlos. Falamoslle das dificultades que atopamos á hora de facer os esquemas. Logo reiniciamos o proceso cun novo texto que nos valeu de introdución para a Idade Moderna pois trataba da orixe das monarquías autoritarias. Non  resultou moi complicado a parte do subliñado, de poñer palabras chave e mesmo de facer o esquema. O que si foi máis difícil do que parecía foi o de fiar nunha oración os datos que tiñamos recollidos no esquema. Juan Carlos asegurounos que nos sairá mellor cando xa levemos 20 feitos, así é que ... a seguir practicando.

Este esquema de Gabriel ten xa moito xeito.


Todos na horta

Hoxe fomos todos os da clase xuntos á horta. Como eramos tantos tivemos que organizar moi ben  o traballo. Un equipo responsabilizouse de mondar os chícharos (quitarlles as herbas), outro  das patacas, un terceiro de replantar leitugas, o cuarto do ceboliño e o último grupo foi o responsable de regar todas as plantas. E todo quedou rematado, aínda que nos pasamos un pouco da hora prevista! A próxima vez seremos máis eficientes.



9 de maio de 2018

Etiquetas e publicidade

Seguimos a voltas coa edición e maquetación. Hoxe non funcionaron moi ben os ultraportátiles co que  fomos moi lentos na elaboración do cartel publicitario por ordenador. Sempre nos queda o recurso do diseño manual, e niso andamos tamén. Pronto veremos o resultado!




Instancia para o Concello

Hoxe xa enviamos a instaria para solicitar o posto de venta no mercado de cambados. Agora toca esperar a resposta do Concello.





Preparamos varias proostas e finalmente, xuntando ideas entre todos fixemos unha instancia ben completa.

8 de maio de 2018

Con Marco

Hoxe todo o alumnado de quinto tivo o privilexio de ensaiar dúas pezas de música con Marco Lucato, profesor da Universidade co que xa puidemos contar no curso pasado. Logo duns exercicios de respiración, voces, ritmos, as cancións quedaron moi bonitas e puidemos disfrutar do excelente traballo previo realizado pola profesora Lucía. Todo un equipo. Todo un luxo contar con eeles. Grazas.

4 de maio de 2018

Leotolda

Os afillados lectores de 5ºA estiveron hoxe de visita na nosa clase para agasallarnos coa lectura do conto Leotolda. Trata duns amigos que percorren distintos lugares buscando á súa amiga. Cando os pequenos lectores se foron pedíronlle aos alumnos de 5ºB que fixesen a súa Leotolda: grande, redondiña e que non canta  nada ben. Cada un deixou voar a súa imaxinación para crear tantas Leotoldas como nenos soñadores. E que bonitas todas elas! Non sei se estes amigos atoparán finalmente na nosa clase á súa querida compañeira. Pero de seguro que hai moitas Leotoldas posibles no noso maxín.