15 de marzo de 2018

Emocións

Hoxe os equipos Molóns, Bananas e Suricatos presentaron os seus murais sobre a Alegría, a Tristeza e o Medo. Canto estamos a aprender!

Grazas e eles coñecemos mellor como son e se manifestas estas emocións e, ademais, vimos moitas estratexias para regulalas. Pronto seremos uns verdadeiros expertos!










O  equipo Osiños expuxo o seu traballo sobre a tensión e a calma e fixérono xenial!


Cada equipo fixo unha proposta de música relacionada coa emoción traballada. Pero sería preciso comprobar cunha aplicación informática que, certamente, á maioría do alumnado a música escollida lle evocaba a emoción sinalada. Foi ben interesante!




14 de marzo de 2018

Fabricamos

Hoxe, na hora de plástica, seguimos traballando na cooperativa.
Fixemos pelotiñas saltarinas, chaveiros, marcapáxinas, catapultas... cada vez somos máis productivos!




13 de marzo de 2018

Emocións: a ira

Hoxe comezamos as exposicións dos murais sobre as emocións básicas.

O equipo Salmonetes contounos que é a ira, cando a sentimos, que niveis hai e como se manifesta no noso corpo. Tamén nos dixeron distintas estratexias que podemos empregar para calmarnos cando sentimos esta emoción. Canto aprendemos!



Nos próximos días continuaremos coas exposicións das demais emocións. Estade atentos/as!

9 de marzo de 2018

Froita fresta

Despois de recibirmos todo o mes de febreiro un brick de leite durante o recreo, ao longo da semana tivemos froita fresca; mazá, pera, mandarina, plátano ... Aprendemos así a disfrutar no tempo de descanso dunha alimentación san e equilibrada.

Semana do Cine

Hoxe foi a clausura da Semana do Cine. Ao longo da semana e por quendas todos puideron acceder á Aula de Música e disfrutar de distintas curtametraxes relacionadas coa Igualdade da muller, nesta semana tan significativa pola celebración do Día da Muller Traballadora.

En positivo

Hoxe recibimos moitos dos nosos compañeiros moitos aloumiños e palabras en positivo que deberán quedar presentes cando teñamos momentos de tristeza ou de malestar. Abrimos a libreta e recordamos aquelas cousas polas que nos queren e nos aprecian os nosos compañeiros.

7 de marzo de 2018

Función de reprodución

Empezamos falando dos órganos dos aparatos de reprodución masculino e feminino. Pero son tantas as cousas que queremos saber! Así é que  temos un sobre co título "Que queres saber? que día a día se enche de preguntas que buscan resposta e das que imos falando na clase.  E chega a hora de irnos ... querendo saber máis. É apaixoante!

Sentidos

Hoxe continuaron as exposicións orais que empezaron onte co equipo dos Molóns, que nos falou do sentido da vista, as partes do ollo, as enfermidades e os coidados que require.

Hoxe continuaron o equipo Suricatos falando do sentido do oído cunha presentación exquisita e o equipo Osiños que nos falou do sentido do olfato e nos achegou datos sorprendentes. O venres será a quenda de Bananas  e Salmonetes.

6 de marzo de 2018

O poder da música

Este é o vídeo que vimos na clase sobre a música e os seus efectos sobre as nosas emocións.
Que gran poder teñen as cancións!