30 de novembro de 2017

Visita á Deputación

Hoxe, fomos á Deputación de Pontevedra para recoller o CIF da nosa empresa  IC Magariños. 








Ensináronnos algunhas dependencias desta institución como a Sala de Plenos,a Sala de Xunta de Goberno 

e a Sala das Comisións (alí vimos un cadro de cando Mariano Rajoy foi presidente da Deputación) 

As escalinatas eran ben bonitas: 

Os presidentes das cooperativas presentaron o traballo realizado en cada colexio.
A presidenta da Deputación, Carmela Silva falounos de que lle gustaba moito que houbese mulleres emprendedoras, que todos traballabamos moi ben e que "estaba alucinada".  Despois sacamos unha foto todos xuntos na escalinata da entrada. Mentres esperamos a que nos entregasen as caixas dos tenderetes para o mercado fixemos varios xogos. Pasámolo moi ben.
Aprendemos moitas cousas:  que hai un presidente da Deputación en cada provincia (e so hai seis presidentas en todo España!); hai 61 Concellos na provincia de Pontevedra; na Deputación teñen que aprobar e decidir como organizan e distribuen os cartos para axudar aos Concellos: construción de polideportivos, parques, carreteras, concursos, campaña "Depoemprende na escola" ... Como curiosidade vimos os escudos das Deputacións galegas camuflados detrás das lámpadas, por un erro no encargo ao carpinteiro hai 3 escudos de Lugo, un de Pontevedra, outro de Ourense e un de Coruña. Tamén nos contaron a historia do edificio. A Deputación está no actual edificio dende hai 127 anos nada menos, dende 1890.
Vicki e Martiño leron varios artigos da Costitución. Leron moi ben. Tamén falaron Xabi e Nicolás.


A nosa presidenta, Salomé e Stella de 5ºA  foron as mellores. As demáis cooperativas presentaron vídeos sobre o seu traballo, pero apenas falaron. Salo e Stella falaron moito, moi ben  e deron as grazas. Logo recolleron o CIF da empresa.


 Autores: Martiño, Iker, Olalla, Mateo M e David.

Ecosistemas: Ecosistema acuático de litoral e ecosistema da sabana

Esta semana o equipo dos "Suricatos" presentaron un impresionante traballo sobre o Ecosistema mariño de litoral, en concreto dos cantís. Centráronse no ecosistema de litoral propio da Costa da Morte. Presentaron unha maqueta na que non faltou a cría de mexilón, os pequenos ourizos e pepinos de mar as aves e os peixes. . Un traballo excelente.







 Logo Aldara ensinounos uns exemplares de cría de mexilón, pepinos de mar e incluso un cangrexo violinista
Hoxe foi o equipo "Osiños" os que nos presentaron o ecosistema da sabana. Un traballo moi completo con información moi interesante sobre distintas especies deste ecosistema. Moi bo traballo tamén, raparigos, especialmente o apartado das conclusións.

29 de novembro de 2017

Mediadores

Hoxe, Vicki ( e outras compañeiras do grupo de mediadores) representou unha pequena peza de teatro para ensinarnos a todos os nenos de quinto como actúan os mediadores cando alguén solicita a súa axuda para resolver un problema.
Moitas grazas Vicki, pola túa implicación en tantos recreos traballando para  axudarnos a todos.

Visita a Pontevedra

Mañá, día 30 de novembro do 2017,  iremos a Pontevedra para presentar a nosa empresa e saber o CIF que lle corresponde. Salomé vainos a representar, seguramente estará nerviosa.
Todos estamos moi moi emocionados.


                                                                 Autora:Vicky


Cores quentes e frías

En plástica estamos facendo unha composicióin con cores quentes, como o vermello e laranxa; ou fríos, como o azul e o morado. Seguimos estes pasos:
  1.  Pintamos unha base.
  2. Facemos liñas curvas.
  3. Pintamos coas cores que che toquen (todas quentes, ou todas frías) por dentro das líneas.
  4.  Noutgro folio, coloreamos de marrón o tronco sen follas dunha árbore.
  5.  Recortamos o tronco e pegámolo sobre o fondo de cores (quentes ou frías).

 
 Autor: Mateo Santos

 

Numeros primos e compostos


Hoxe estivemos calculando todos os divisores dun número e mirando se é primo ou composto.Os compostos son os que teñen máis de dous divisores, e os primos son os que so teñen dous divisores: o número 1 e el mesmo.


O exame será este venres a segunda hora. Así que...á preparalo!


 Autora: Carolina




27 de novembro de 2017

Estación metereolóxica

Como introdución aos climas de España, revisamos os nosos coñecementos sobre o tempo atmosférico, as diferenzas entre tempo e clima e , como non, repasamos os aparellos que forman parte dunha estación metereolóxica da man dunha experta na materia, Mencía, que nos trouxo e nos ensinou a súa propia estación metereolóxica coas correspondentes táboas de rexistro da información. Moitas grazas, Mencía.



24 de novembro de 2017

Presentación da cooperativa

Hoxe a presidenta da cooperativa, Salomé, despois de pasarse unha chea de recreos preparando a presentación ppt que vai expoñer en Pontevedra na vindeira semana, fixo un ensaio na clase da presentación. Fíxoo tan ben que todos lle aplaudimos con ganas. Temos unha gran presidenta.


Estatutos e capital social

Aínda non temos completos os estatutos da nosa cooperativa, pero pouco a pouco imos tomando decisións que os van conformando. Na asemblea de hoxe, despois do oportuno debate sobre varias opcións relacionadas co capital que os socias han de aportar, despois de escoitar diversos argumentos, decidiuse por maioría, que o capital que cada socio vai aportar será o de 5€.

Maltrato sutil

Como mañá non hai escola, hoxe falamos do Día internacional contra a violencia de xénero e dos distintos tipos de maltrato.
Por un lado falamos do maltrato sutil que sofren as mulleres cando a publicidade, a sociedade e cada un de nós as pretende convencer de que non son auténticas e marabillosas tal e como como son e teñen que ser máis altas, máis delgadas, máis pintadas, máis ... ata que chegan a pensar que non valen nada ou que valen tan pouquiño que é normal que alguén as menosprecie, as insulte ou lles pegue. É un maltrato sutil no que todos participamos.
 Logo vimos un vídeo moi duro onde puidemos apreciar que certas "bromas" pasan de bromas pesadas e degradantes; non se poden consentir de xeito ninguún, porque esas "bromas" acaban creando persoas que realmente se cren con dereito a humillar, insultar, despreciar e "maltratar" ás súas compañeiras ... Acaban formando persoas maltratadoras, o inimigo, o perigo maior que unha muller, unha nena, unha rapaciña se pode atopar no día de hoxe.
Vimos varios recortes de prensa no que se recollen moitas noticias de morte e maltrato, e tamén de persoas e organizacións que axudan as mulleres, pero non nos deu tempo a comentalos. Seguiremos prestando moita atención ao que acontece ao noso redor.

Charla sobre Reciclaxe

Hoxe Francisco Pérez deunos unha charla sobre a reciclaxe.
Preguntounos  se tiñamos animais e se os coidabamos ben. Se tes animais tes que recoller o que fan cando saen a pasear. Logo contou cales eran os tipos de contedores (e os tipos de camións de recollida) e que hai que tirar en cada caso. Preguntounos que fariamos con cada cousa;  por exemplo:  Que farias  cunha caixa de pizza que está manchada de aceite e con restos de comida? Hai que limpala e logo tirala ao contedor azul de cartón e papel ou, se non a limpas, hai que botala no contedor verde de restos orgánicos,  porque o papel xa está contaminado.
Tamén nos explicaron o proceso de reciclaxe completo, dende que tiras unha lata ata que se volve formar outra. 



Para finalizar contounos aos nenos que no punto limpo non so se tiran os electrodomésticos, senon que tamén se levan os mobles.
Autores Salomé Xabi e Carolina



23 de novembro de 2017

O súper de 5ºB

Hoxe a nosa clase fixo, polos equipos de clase, o súper. Tratábase de facer un menú para 4 persoas con almorzo, merenda, comida, merenda e cea. Nesta vez, so podían gastar 10 €. Conseguírono aínda que so o equipo de Salmonetes tiña un menú equilibrado con froitas e verduras. 

Autor Mateo S




Emocións

Hoxe, a profesora María, presentounos un panel co semáforo das emocións co que trataremos de aprender a manter a calma, a ser reflexivos e a tomar decisións sensatas cando estamos tranquilos.  Tamén nos preparou a botella da calma chea de líquido vermello e purpurina que nos axudará a ver o noso interior, a esperar e a decatarnos de que hai que repousar a nosa axitación antes de actuar´. Esta botelliña tan xeitosa tamén nos vai servir para irnos relaxando se estamos moi alterados.
Este é un dos paneis que, dende hoxe, teremos na clase:

Visita á Biblioteca

Hoxe visitamos a Biblioteca Luis Rei. Alí descubríronos moitas cousas interesantes non so sobre a biblioteca, senon sobre o lugar e a casa que a alberga.
  Coñecemos as diferentes salas, os horarios de apertura e as normas de uso.

 Polo camiño de ida e de volta ao cole fomos facendo un estudo sobre as pepeleiras e os distinto tipo de colectores que atopamos ao noso paso, marcamos no mapa a ubicación, o itinerario e observamos a escala e as distancias. Unha mañá moi completa.
Quero felicitarvos a todos polo voso marabilloso silencio e atención.

Os primeiros diseños

Tamén temos xa algunhas propostas de produtos para elaborar. Estas son as primeiras:

Xa temos logo gañador

Hoxe tivo lugar o reconto de votos do logo que combinase nome da cooperativa e diseño da proposta orixinal. Houbo moitas propostas interesantes e a decisión foi difícil:


O gañador foi o seguinte:

17 de novembro de 2017

Ecosistemas

Hoxe o equipo dos Salmonetes trouxo xa o primeiro dos ecosistemas que eles quixeron estudar: o da selva amazónica. Esperamos ata luns para que nolo presenten. Quedoulles realmente bonito.