20 de xuño de 2018

Contacontos ...na Pastora

Os nosos nenos e nenas son realmente fantásticos.
Tanto é así que pasan o seu tempo de lecer nos recreo preparando contos e historias para contarlles aos máis pequenos ao longo do ano e hoxe, como agasallo especial, traspasaron as portas do colexio e da man da responsable de Biblioteca, a profe Paula, levaron os seus contos ata ...a Pastora, o seu tan querido e recordado colexio. Alí fixéronlle pasar un rato ben bonito aos pequerrechos de tres anos e fóronse cun gran sorriso, o agradecemento dos cativos, a promesa de máis contos o vindeiro ano e unha bonita foto a carón da súa orla.
Un ciclo que se pecha e da camiño a un novo que empezará á volta do verán con máis contos e historias para compartir.
Mil grazas, meus adorados contacontos!

Tempo de recollida

Estamos nos momentos finais do curso. É tempo de recoller.
Onte recollemos os froitos da horta e fomos ao Concello acompañados tamén da profe María para ver alí expostos os nosos murais da campaña "TBO e non che creo" sobre a prevención do consumo de alcohol.
Hoxe adicamos boa parte da clase a recoller os traballos e os exames.

E xa no final recibimos as felicitacións da vicepresidenta e as colaboradoras de AECC polo traballo realizado na cooperativa:  a doazón de parte dos beneficios para a prevención do cancro. Logo de amosarnos o traballo que realizan na Asociación déronnos uns agasallos e unha placa conmemorativa na que se recolle o seu agradecemento pola colaboración e o interese dos socios da cooperativa.

Mañá, recolleremos as notas e levaremos parte dese traballo realizado ao longo do curso; e levaremos tamén unhas ganas enormes de xogar e descansar... Por fin!

Vicki remata o curso expoñendo unha excelente ppt sobre a Idade Moderna e Olalla amósanos xogo das Ilusións Ópticas que trouxo a clase. Un excelente final.




18 de xuño de 2018

Entrega do donativo ao Refuxio

Hoxe estivo con nós Olga Costa, do Refuxio de animais de Cambados e fixémoslle entrega de parte dos beneficios obtidos coas ventas dos produtos fabricados na cooperativa. Ela veu acompañada dunha preciosa cadeliña, moi ben educada, que nos ensinou a importancia de cumprir unhas normas, dende pequeniños, para vivir en sociedade, tanto persoas, como animais. Falounos da importancia de que sexamos responsables co coidado dos animais e do medio ambiente en xeral. De seguro que teremos moi en conta as súas indicacións.

15 de xuño de 2018

Coa profe María

Estamos de parabéns; a profe en prácticas, María, defendeu onte na facultade o seu proxecto, o traballo que realizou coa nosa clase, e acadou a máis alta calificación, nada menos que un 10 e unha matrícula de honra. É un orgullo para todos os que a queremos tanto.

Saimos na tele

Hoxe, a partir das nove e media podedes ver a entrevista que a canle "Rías Baixas" lles fixeron  aos nosos patrulleiros.

Xantar dos socios da cooperativa

Hoxe, toda a clase coa nosa profe Rosa e a nosa profe en practicas, María, ás 14:05 imos a tomar unha deliciosa comida, no café-bar Reymar. Logo iremos ao parque. Imos  a pasalo  de marabilla!!!!!!!

                                                                 Salomé (Presidenta da cooperativa)

14 de xuño de 2018

Patrullas Urbanas, contacontos, guías, teatro ...

Moitas actividades para un mesmos día.
Martiño, Vicki, Carolina e Candela inauguraron o programa de Patrullar Urbanas da man de Gil, o monitor da Policiía Local de cambados que, no día de hoxe estivo acompañado tamén do xefe da Policía Local. E a ocasión ben o merecía. Os rapaces fixeron un precioso traballo. Van aprender pouco a pouco como coordinarse e como proceder en cada momento, pero, de seguro, conseguirán maior seguridade para o deambular dos nosos alumnos e alumnas e tamén a mellor circulación dos vehículos diante do centro. Mil grazas, equipo.

Logo máis de media clase creou un marabilloso contacontos para recibir aos pequerrechos da pastora: "Noite de mudanzas". O certo é que lles quedou tan ben feita que a profe Paula lles pedíu que a repetisen para os nenos e nenas de terceiro durante o Plan Lector.

O resto da clase fixeron de guías na horta e tiveron que explicarlles aos máis cativos  cales eran as plantas que alí tiñamos: acelgas, espinacas, chícharos, fabas e xudías, pepinos, calabacíns, pementos, repolos, patacas, tomates, cebolas, perexil, albahaca, leitugas e amorodos! Case nada!. Deixamos colocados carteis identificativos de cada especie. O certo é que os carteis son moi de agradecer, mesmo para o alumnado de quinto, que non sempre recorda o nome de cada especie!!!

E para rematar a xornada Salomé, Olalla, Vicki e outro 15 alumnos e alumnas do centro dos diferentes cursos estarán ás catro da tarde no auditorio para representar a obra de teatro "50 anos. Vaia historia!" que relata pequenas pinceladas que conforman a vida dun centro, e que inclúen tamén un pequeno recordo a outros tempos. De novo mil grazas, raparigos e raparigas de quinto.




12 de xuño de 2018

Na horta con profesores da Deputación

Hoxe tivemos na horta un profesor moi especial, Gerino, que nos ensinou novas técnicas para conseguir unha horta máis ecolóxica e máis coidada. Moitas grazas a todo o equipo.

Xa temos as leitugas ben grandiñas, uns tomates pequeniños, moitas acelgas e algún pemento, pepinos pequerrechos ... As xudias e os chícharos aínda están coa flor. Tardaremos máis en verlles o froito.

Hoxe arrincamos as herbas, pero xa non volveremos cavar o terreo; tamén creamos acolchado para as plantiñas e engadímoslle moi boa terra dos arredores. Os alumnos maiores quedaban titorizando e capando os tomates. Mañá estará todo listo para amosarlla aos pequeniños da Pastora.

8 de xuño de 2018

NENOS CONTACONTOS


Hoxe, día 8 de xuño do 2018, os nenos de segundo de primaria do colexio CEP Antonio Magariños foron a contarlles aos rapaces de 5ºB un conto de Fina Casalderrey. Gustoulles moito aos maiores. Ao final propuxéronlle aos de 5º facer  nun folio como sería o cartel de Quen me quere adoptar?. Están esperando quen é o gañador.


                                                 CAROLINA REBOEIRAS FALCÓN 5ºB

7 de xuño de 2018

Excursión de fin de curso

Onte, o día 6 de xuño do 2018, nós os nenos de 5º, fomos de excursión de fin de curso.

O primeiro que visitamos foi o Castro de San Cibrán. Alí, Jota ensinábanos onde vivían e que facían as persoas da Idade do Ferro. Xa en Ourense visitamos a catedral. Logo fomos comer, xogamos e xogamos ata que tocou ir ás Burgas. Queriamos ir nun trenciño para que nos ensinase Ourense, pero non pudo ser. Facemos a última merendola e imos ás...Termas de Prexigueiro!! Estaba todo xenial, dábanche unha pulseira coa chave do teu casilleiro, poídas ir a calquera terma e pasábalo xenial...

A min o que máis me gustou foron as termas;era xenial estar alí. Pero o demais tampouco estaba mal.O que menos me gustou foi o que acabase a excursión.

Salomé Vázquez

SAÍDA DE EMERXENCIA

O pasado martes, día 5 de xuño do 2018, no colexio CEP Antonio Magariños de Cambados realizouse a práctica da saída de emerxencia. Tocou un  timbre longo e os nenos reuníronse no patio grande. Na clase de 5ºA unha nena desaparecera ( o director pedíralle que se agachara na cociña para simular unha desaparición) e os rapaces da súa clase non se deron conta de que faltaba. Logo fixéronlle unha reanimación de mentira.
Estas saídas de emerxencia débense facer porque se un día de verdade temos un incendio e non se prepara pode  pasar algo moi malo.

                                                                        CAROLINA REBOEIRAS 5ºB

TEATRO

4 de xuño de 2018

Saída de emerxencia

Hoxe fixemos unha saída de emerxencia e estiveron os bomberiros supervisando o proceso. O director subiu a felicitarnos polo ben que fixemos a saída, con moito orden e en silencio. Pero sabemos tamén o que temos que mellorar: o regreso ás aulas so cando toque o timbre de entrada e fin do simulacro!