31 de xaneiro de 2018

Seguimos fabricando

Como os dous últimos mércores adicamos un tempo á fabricación dos produtos para a cooperativa. Hoxe o tempo foi escasiño, apenas 10 minutos,  porque  tamén tivemos que preparar os disfraces do Entroido. Pero aínda así conseguimos rematar cinco peixes, dúas saltarinas e tres chaveiros. Todo un éxito.





Entroido

Achegámonos ao Entroido. Xa temos preparadas as coplas, e un pouco da coreografía. Hoxe puxemos máns á obra para facer o disfrace. Así é que houbo que coller a regra e medir, recortar, pegar, trazar diagonais e consultar aquilo do "perímetro". Vaia un pouco de plástica cun algo de matemáticas! Quedaron ben bonitos.
 

30 de xaneiro de 2018

Día da Paz no colexio

Como todos os anos, o 30 de xaneiro temos unha celebración especial no colexio co gallo de conmemorar o Día da Paz.  Todo comezou cunha pequena obriña de teatro sobre os Cabaleiros de cores.



Este ano a nosa aula preparou o retrouso da canción "We are the world" que acompañamos co trombón de Xabi, o clarinete de Mencía , o uquelele de María e con Mateo S. no teclado. Quedou moi bonita. Para rematar Irene recitou en inglés o retrouso e Jimena, xunto con Edgar encargáronse de traducilo ao galego. Vimos as actuacións dos demais cursos. Todas moi ben preparadas.

Podedes ver a actuación na seguinte ligazón: "We are the word"


 Para rematar bailamos o Baile da Paz 


...e contemplamos fascinados a solta das pombas mensaxeiras ás que dúas nenas, xunto cos profesores Juan Maceira e Lucía Soto lles colocaban unha mensaxe nunha patiña.



 Foi o momento tamén de manifestar o noso máis sincero agradecemento a estes profesores xa xubilados que tiveron o gusto e a paciencia de acompañarnos na semana pasada para ensinarnos papiroflexia e cedernos temporalmente a súa exposición. Grazas.
.

29 de xaneiro de 2018

Brais trae "Érase una vez"

Brais trouxonos hoxe o DVD "Érase una vez el cuerpo humano". Vimos un anaquiño que falaba no esqueleto. Escoitamos falar dos osteoblastos e das células óseas e cartilaxinosas, da necesidade de fósforo e cálcio para formar os ósos, dos leucocitos que acarrexaban osíxeno e dos linfocitos que andaban pendentes de defendernos das bacterias ... Agora toca ilo aprendendo! Grazas, Brais.

25 de xaneiro de 2018

Teatro en inglés

Hoxe disfrutamos moito, pero moito moito, aprendendo inglés no Auditorio A Xuventude con dúas peciñas de teatro nas que tamén nós fomos protagonistas. Ademais de aprender inglés, repetir, practicar e rir un montón, fomos con dúas mensaxes vitais moi importantes: Reciclamos, Reutitizamos, Reducimos a contaminación para mellorar o planeta. A veces somos somos bos, a veces non tanto. Pero... ollo! "malotes" so no teatro e na pista de baile!!!



24 de xaneiro de 2018

Grous de papel para a PAZ

A semana pasada coñecemos a historia de Sadako e os mil grous de papel. Hoxe os profesores Juan Maceira e Lucía Soto volveron estar connosco para ensinarnos como facer os grous de papel, ao tempo que repasamos conceptos como aresta, vértice, ángulo, bisetriz, diagonal ... Todo para seguir soñando, como Sadako, que un desexo pode facer mellor o mundo.
Podedes volver recordar a historia de novo co vídeo que xa vimos a semana pasada: 

Fabricamos

Hoxe na clase estivemos fabricando algúns productos para a nosa empresa  IC Magariños. Fixermos grupos de catro ou cinco persoas para crear os productos. Fixemos : Pinzas suxeita papeis, velas decorativas, peonzas, saltarinas...



Faltanos algo por facer, pero o noso grupo é tan bo, que pronto terminaremos todo. Xa veredes! 
Eu creo que os productos que imos fabricar van ser moi bos e que imos ganar  moitos cartos.





Autora: Salomé (Presidenta de IC Magariños)














E levando sempre as contas ao día! Diso se encarga o noso tesoureiro:



23 de xaneiro de 2018

O lapis máxico de Malala

Hoxe tivemos a sorte de contar na aula cun precioso libro O lapis máxico de Malala, e cun extraordinario lector, Martiño, que nos relatou de forma maxistral a incrible historia desta nena loitadora e alegre; un referente na loita mundial polo dereito das nenas a ir á escola.
Grazas Martiño por traer o compartir con nós este precioso libro.



Emocionómetro.

Hoxe empezamos a construír un emocionómetro.

 Cada equipo tiña asignada unha das emocións básicas. En cada unha delas había de indicar situacións nas que se aprecia esa emoción con maior ou menor intensidade. E había que sinalar as respostas motoras ou glandulares que ordena o noso cerebro cando percibe na situación aspectos que acaban desencadeando a emoción estudada. Xa estiveramos facendo previamente exercicios nos que tiñamos que expresar corporalmente alegría, tristeza, ira, medo, tensión ou calma ...
Aínda queda moito sobre o que reflexionar para coñecer o noso corpo, o noso cerebro e o mundo das emocións, para saber recoñecelas, reconducilas e convivir con todas elas.
A profesora María deixounos preparados varios xogos, exercicios e información sobre os aspectos que traballamos na clase e sobre os que podedes ir afondando:

19 de xaneiro de 2018

O Baile da Paz

Como final do acto para celebrar o día da paz, todo o colexio interpretará este "Baile da Paz", aínda que algunha parte da coreograf´´ia vai ser distinta, xa podedes irvos familiarizando coa música e  o ritmo.

18 de xaneiro de 2018

Canción para a paz

Hoxe con Xabi e o seu trombón, Mencía co seu clarinete, a profe María coa guitarra e o marabilloso grupo coral da clase empezamos a practicar a canción de "We are the world" para o día da Paz.
Quédavos aquí a seguinte ligazón para que poidades practicar nalgún ratiño cada día:



Aprendede ben a letra: vocalización, entoación e pronunciación.:

We are the world,
 We are the children 
We are the ones who make a brighter day 
So, let's start giving 
There's a choice we're making 
We're saving our own lives
 It's true we'll make a better day Just you and me

A función de relación e as emocións

Hoxe a profe María ensinounos como reacciona o noso corpo ante diversos estímulos. Analizamos as respostas motoras e glandulares e relacionamos esta resposta co mundo das nosas emocións. Aprendemos que, ante calquera estímulo, percibimos cos órgano dos sentidos o que está a acontecer, logo procesámolo e o noso cerebro da ordes ao noso aparato locomotor (as respostas non sempre son motoras, a veces son glandulares).
Compre procesar ben a información para que as respostas sexan axeitadas. A veces respondemos de forma impulsiva. Como xa vimos en clases anteriores primeiro debemos pararnos a pensar (sobre todo ante estímulos que nos provocan furia, ira, rabia, medo ...). Pero pararse a pensar require entrenamento. O primeiro paso pasa por controlar a nosa respiración e pasar dunha respiración acelerada a outra relaxada que nos produce calma.
Quédavos de aquí en diante no blogue o gif para aprender a respirar relaxada e tranquilamente. Temos que aprender a facelo para respirar así cando non o estamos facendo axeitadamente ante estímulos adversos. Practicade e comprobaredes os resultados.

17 de xaneiro de 2018

Papiroflexia con Juan Maceira e Lucía Soto

Hoxe tivemos o privilexio de contar na nosa aula con Juan Maceira, un dos mellores expertos en papiroflexia no noso contorno. Juan e Lucía foron mestres no noso colexio, e foi un pracer contar coa súa maxistral docencia de novo. Juan ensinounos  a facer un sobre e unha caixiña estrelada. Todos conseguiron facer a súa caixiña e o seu sobre e quedamos con ganas de máis. Facer estas pezas con papiroflexia supuxo ter moita destreza manual, moita capacidade de atención , capacidade para seguir instrucción e un bo repaso de conceptos matemáticos como diagonaal, bisectriz, paralela, aresta ...

Foi unha experiencia intensa e ben interesante que esperamos repetir brevemente se Juan  e Lucía poden volver visitarnos.


Empezamos a fabricación dos produtos

Despois da sesión asamblearia da cooperativa do pasado venres na que se acordaron os produtos que ían ser fabricados e logo de asignar os responsables de mercar os diferentes produtos, empezamos xa coa fabricación dos mesmos.
Hoxe conseguimos xa un precioso tarro coa vela, seis packs de tres pinzas suxeitapapeis, tres peixes antiestrés, dúas pelotiñas saltariñas e tres catro chaveiros. Nada, nada mal.

   Os traballadores son excelentes, están moi ben cualificados e acadaron un fantástico nivel de coordianción. Aínda así tivemos o primeiro accidente laboral, dado que un dos nosos socios queimouse un pouco coa silicona quente. Reflexionamos sobre os erros cometidos e propuxemos diversas solucións que aplicaremos na vindeira sesión.
Con tanto traballo non deu tempo a rematar a contabilidade. Acumúlase o traballo para a secretaria e o tesoureiro!

16 de xaneiro de 2018

A función de Relación

E para irnos adentrando na función de relación a bo ritmo podemos mover o esqueleto e estudar con esta canción tan marchosa que nos sirve para ir aprendendo o nome dos ósos do corpo humano. Anímate a mover o esqueleto.

Exposicións orais : A Nutrición

Continuamos preparando a fondo o noso coñecemento do corho humano e moi concretamente á función de nutrición. Xa case todos tivechedes ocasión de realizar a vosa exposición oral sobre o aparato dixestivo. Agora toca completar o proceso da nutrición falando dos outros tres aparatos: Aqquí vos deixo uns vídeos que vos podesn axudar. Seguro que tamén tendes libros moi bonitos na casa para consultar e este xoves na biblioteca podedes atopar textos moi axeitados. Preparados?


11 de xaneiro de 2018

Exposición de papiroflexia






Hoxe Juan Maceira e Lucía Soto viñeron ao colexio para presentarnos unha impresionante exposición de papiroplexia. Juan Maceira, autor da maioría das pezas, estará con nós a vindeira semana para ensinarnos esta arte milenaria.  Animámosvos a todos a achegarvos ao colexio para disfrutar desta exposición única.






Aqui vos queda so unha pequena mostra das marabillas que podedes descubrir:

Teoría do rumor

Hoxe, lendo o libro "Y si me defiendo" estivemos reflexionando sobre como se van deteriorando as historias e os relatos que escoitamos. Ás noticias ou ás mensaxes que recibimos oralmente imos cambiandolle, poñendolle ou quitandolle algún dato e ... o resultado é ben distinto do orixinal. A mensaxe inicial de hoxe era a seguinte: "En marzo imos ir a Vigo visitar unha exposición de Leonardo da Vinci. Máis tarde no colexio faremos un xogo xigante." A mensaxe que lle chegou ao último rapaz da fila foi: "Imos facer unha exposición". Xa vedes!
Da moito para pensar.