Despois da sesión asamblearia da cooperativa do pasado venres na que se acordaron os produtos que ían ser fabricados e logo de asignar os responsables de mercar os diferentes produtos, empezamos xa coa fabricación dos mesmos.
Hoxe conseguimos xa un precioso tarro coa vela, seis packs de tres pinzas suxeitapapeis, tres peixes antiestrés, dúas pelotiñas saltariñas e tres catro chaveiros. Nada, nada mal.
Os traballadores son excelentes, están moi ben cualificados e acadaron un fantástico nivel de coordianción. Aínda así tivemos o primeiro accidente laboral, dado que un dos nosos socios queimouse un pouco coa silicona quente. Reflexionamos sobre os erros cometidos e propuxemos diversas solucións que aplicaremos na vindeira sesión.
Con tanto traballo non deu tempo a rematar a contabilidade. Acumúlase o traballo para a secretaria e o tesoureiro!