30 de abril de 2018

Maio

Hoxe trouxemos flores, fiuncho e xestas para facer o maio. Deixamos os materiais no patio dos pequenos e quedamos creando e ensaiando unha canción de maio. Tivemos moi pouco tempo, pero grazas á profesora de música conseguimos cantala hoxe mesmo diante dos máis pequenos do cole, que xa tiñan o maio rematado. Por certo, quedoulles precioso.
A última hora da mañá, despois do recitado dos poemas dos alumnos e alumnas de terceiro cantamos arredor do maio, algo baixiño, pero con moito ritmo.
Foron logo os demáis alumnos e a profesora de música os que ían propoñendo estrofas dos cantos de maio que todos podiamos repetir facilmente marcando o ritmo. Fixérono todos realmente ben. Noraboa.

27 de abril de 2018

Quiero ser como Beckam

Ángeles, a monitora do SPAD de Vilagarcía estivo hoxe no cole e, con ela e os compañeiros de 5º e 6º vimos a película "Quiero ser como Beckam", que non so nos fixo reflexionar sobre as diferenzas entre o deporte masculino e feminino, a capacidade de esforzo e superación, a loita polos soños e o respecto á familia, a diversidade cultural, o valor da amizade ... senón tamén, o importante que é superar os propios prexuizos e recoñecelos. Moitas grazas de novo, Ángeles.

Cooperativa

Hoxe, despois de case seis meses, conseguimos  producir as primeiras buxainas. O traballo en cadea funcionou tan ben, que so nunha sesión xa conseguimos 10 unidades. Probablemente algunhas non pasen os filtros de calidade, pero valeron para practicar, porque dos erros tamén se aprende!
Tamén hoxe revisamos os Curriculum Vitae presentados. Certamente temos socios moi competentes e altamente cualificados. Da gusto contar con xente tan preparada na nosa empresa.


26 de abril de 2018

Teatro Caracol: Oeste

Hoxe unha boa parte dos compañeiros e compañeiras da clase pasamos unha tarde moi divertida na representación teatral da compañía Caracol. A obra "Oeste" recreou moitas das esceas típicas do cine con moitos momentos divertidos e de intriga. Os actores e actrices conseguiron que o público se metese na obra ... e mesmo participase no escenario!
A seión foi aínda máis especial para os que fixemos o percorrido camiñando dende o colexio, tanto á ida como no regreso. Unha tarde completa e diferente.

25 de abril de 2018

Tres xeneracións de alumnos aprendendo xuntas no Magariños

O noso compañeiro Brais, o seu pai, Ricardo, e os seus avós foron alumnos deste centro. A avoa recorda cando se inaugurou e as primeiras clases. O avó fálanos do seu mestre Magariños, e Ricardo dos tempos da EXB. Hai moitas cousas que cambiamos a mellor: agora xa non se usa a vara do profesor. Outras non cambiaron tanto: as libretas eran case iguais daquela: de raias! Foi unha bonita tarde de compartir vivencias e recordos. Moitísimas grazas.


Mulleres na Historia



As biografías das mulleres que fixeron aportacións importantes á historia da humanidade e non sempre aparecen nos libros de historia está xa enchendo as paredes do colexio. Pronto coñeceremos a fondo as súas aportacións para empezar a valoralas com se merecen.

Microcuentos

Hoxe completamos tamén os "Microcuentos". Historias breves e moi intensas. Paga a pena pararse a lelas.

Curriculum Vitae

Tamén hoxe empezamos a cubrir os datos do noso propio Curriculum Vitae. Nel  informámos dos nosos estudos, experiencia, aficións, e das nosas mellores cualidades para optar ao posto de traballo que a empresa precisa. Xa temos os primeiros Curriculum sobre a mesa. Pronto estarán todos.

Etiquetas

Hoxe fixemos as etiquetas para a cooperativa, pero non a man se non a... ORDENADOR!.

Foi todo moooi divertido  sobre todo o de ser  tan creativo. As etiquetas son MARABILLOSAS. Pero con un chisquirriquiño de dificultade.

VAMOS A SER A MELLOR EMPRESA!.

Salomé (Presidenta da Cooperativa)

24 de abril de 2018

Horta

Hoxe na horta tocounos cavar as herbiñas que estaban a nacer no medio dos amorodos, das leitugas e do ceboliño; replantar as leitugas verdes (que nos comeran os paxaros), e plantar os tomates, (de diversas variedade), pementos, máis amorodos, xudías e pepinos. E hoxe tamén houbo que regalos. Tivemos algún que outro percance co uso dos caldeiros e da regadeira, pero pouco a pouco iremos perfeccionando a técnica.





 








Cooperativa: Tomando decisións

O pasado venres e onte tiveron lugar dúas Asembleas da cooperativa.
O venres  varios dos socios fixeran a proposta de ONG ás que lles gustaría doar parte dos beneficios que poidan obterse coa venda dos produtos. As propostas foron moi interesantes e diversas:  Cáritas, AME, Refuxio de animais de Cambados, Asilo de Anciáns e AECC.. Seguiu unha rolda de exposición e defensa das propostas; todas elas  elocuentes e fundamentadas (algunhas das propostas acompañáronse dunha presentación con diapositivas). Procedeuse seguidamente á votación de propostas a man alzada (Cada alumno podía escoller ata dúas ONG). As que tiveron maio número de votos foron Cáritas, AECC e o Refuxio.


O luns debateuse sobre o número de ONG ás que se lle doarían parte dos beneficios e a porcentaxe de beneficios que se doarían. Cada proposta foi debatida e defendida convenientemente. Acordouse doar o 15% dos beneficios a AECC e outro 15% ao Refuxio de animais de Cambados, polo que a clase quixo reservarse para unha festa conxunta o restante 70% recadado.
A seguinte decisión a tomar estivo relacionada coas etiquetas. 




Fíxose a votación entre as diferentes propostas presentadas. Tiveron un maior número de votos as realizadas por Carolina e por Mencía. Mércores seguiremos traballando encol do diseño, xa co ordenador.

23 de abril de 2018

Día do libro. Cos afillados

Fai uns días as nosas compañeiras de 5ºA leron para nós unha bonita historia "Cuando las niñas vuelan alto".


Claramente tamén nós lemos. E desta volta foeon varios alumnos e alumnas da clase as que nos deleitaron á chegada dos nosos afillados lectores co libro "Cuando papá dice blanco, mamá dice negro".

Lemos, lemos e lemos.
Lemos moito.
Disfrutamos lendo.
Aprendemos.Compartimos a lectura.










Lemos en todas partes.
Temos moitas ganas de ler.
Iso é.
Moi ben!

18 de abril de 2018

Visita a Gráficas Salnés

Hoxe visitamos Gráficas Salnés.
Alí, non so aprendemos o que é unha empresa e como funciona, que departamentos ten e como se organiza, senón que vimos en directo o proceso de diseño, impresión, troquelado, montaxe e transporte das embalaxes de diferentes produtos. Observamos o coidado que as empresas poñen nunhas embalaxes moi coidadas e de gran calidade. Ademais dunha exquisita amabilidade por parte dos nosos guías: Miguel, Merchi e Minia, queremos agradecerlle a todo o persoal que alí traballa a atención que nos dispensaron.
Á saída esperábanos unha sorpresa: o agasallo duns calendarios, lápis e regras para cada un dos asistentes. Moitas grazas. Aprendemos moito dun excelente traballo.