A pesca é unha das actividades de maior vinculación cas nosas familias, pois máis do 50 % dos nenos e nenas da clase teñen parentes con traballos vinculados co mundo do mar. Hoxe tocoulles expoñer por parellas a información sobre a pesca e o mar que estivemos vendo nestes días a raíz da exposición que temos no colexio sobre o traballo no mar e fixérono realmente ben!