17 de abril de 2018

Na horta

Hoxe volvemos á horta. Sementamos lántas aromáticas: albahaca e ourego e outras sementes que recollemos das plantas do curso pasado: leitugas, tomates, pementos. Tamén cavamos as herbiñas que nacían entre os amorodos, as leitugas ou o ceboliño. Tivemos tempo tamén de seguir limpando as herbas que mecraban debaixo da árbore a carón do muro e plantamos dúas filas de fabas. Agora toca esperar cun chisco de paciencia, a que todo vaia medrando, sen que nolo coman os paxaros, porque das leitugas queda xa ben pouco!