4 de abril de 2018

A profe María

A profesora María fixo as prácticas na nosa aula dende o mes de novembro. Despedila foi moi triste porque ademais de ensinarnos moitas cousas sobre as emocións aprendemos a vivilas intensamente e estamos aprendendo a xestionalas mellor.
No último día de clase lemos as descricións que recollen como vimos a María neste tempo compartido de soños e ilusións. Estas son algunhas delas:


Entre as creacións de María para a clase, deixounos un precioso vídeo que recolle as reflexións que foron xurdindo arredor das amocións e do traballo realizado: