Hoxe estivemos no Museo de Pontevedra. Alí vimos, tocamos, sentimos... vivimos momentos especiais que nos trasladaron miles de anos no tempo, e viaxamos ata o Paleolitico, o Neolítico, a Idade dos Metais, o tempo da cultura castrexa e da romanización. Despois dunha pequena parada para merendar seguimos viaxe ata a igrexa de San Bartolomeu e alí descubrimos os retablos barrocos e as súas columnas salomónicas e recargadas. Despois foia quend a da igrexa de San Francisco para deixarnos envolver das formas e cores das súas exquisitas cristaleiras que nos transportaron ao estilo gótico. Protexémonos baixo os soportais, chegamos ao Liceo e vimos a praza do Teucro. Aínda nos deu tempo a dar unha voltiña pola praza do peixe. Nos postos da carne sorprendeunos descubrir, nada menos, que un corazón e un fígado de vaca, así como a lingua ... E xa non deu tempo a maiores exploracións. Aínda así foi unha mañá moi intensa.
O mellor: as felicitacións que recibimos no Museo por termos un comportamento exquisito. Parabéns a todos, parabéns a todas.
Aprender ciencias sociais é máis que aprender historia ou aprender da historia. É aprender a ser bos cidadáns e construír sempre unha historia mellor! Grazas, raparigos e raparigas de quinto.