13 de abril de 2018

Reconto






Hoxe fixemos reconto dos produtos que temos fabricados ata o momento e fixemos algúns produtos máis. Botamos contas do que podemos ter de beneficios coas vendas despois de recuperar o capital, pero como non está o tesoureiro as contas foron moi aproximadas.





Logo pensamos en buscar información sobre as ONG que temos en Cambados ás que facerlle donación de parte das ganancias. Poremos todo en común na vindeira semana.