3 de abril de 2018
A horta
Hoxe fomos á horta para plantar. Neste primeiro día preparamos a terra , quitamos silvas, metemos as malas herbas no composteiro e plantamos, como non, os primeiros amorodos e uns pés de ceboliño. Pero aínda queda moito traballo por facer. Aprendemos como se usa o angazo, o sacho, o legón, a pala pequena, as tesouras de podar. Tamén queda moito máis por aprender.