9 de abril de 2018
Quen vive aí?
Hoxe tivemos con nós a María, que nos ensinou todos os bichos que podemos atoparnos nunha composteira. Vímolos con lupas moi grandes con luz e tamén con lupas binoculares. Aprendemos a diferenciar as ootecas, das larvas de mosca escrava, dos bichos bola, os cempés e os milpés, os ácaros, a miñocas ... Foi unha mágoa que nos atopasemos o falso escorpión! Con todo aprendemos moitas cousas tamén sobre como proceder para atopar, coller, marcar e contar os bichiños. Usamos peneiras e pinceis e, por suposto, unha folla para anotar. Moitas grazas, María.