30 de maio de 2018

Concerto do 50 aniversario

Cincuenta anos de historia ben merecen unha celebración por todo o alto. E aí estabades vós, como magníficos interpretes de preciosas cancións que formarán parte xa da vosa historia persoal, da do colexio e da do pobo de Cambados.
Marco Lucato, Lucía González e o coro da Universidade fixeron posible un acople de voces tan perfecto. Moitas grazas a todos.
Parabéns tamén polo voso comportamento ao longo de toda a actuación, porque o voso comportamento fala de vós, e tamén dos vosos pais e nais, do voso colexio e da comunidade toda. E hoxe é un día para sentirnos moi orgullosos. Parabéns, raparigos. E moitas grazas.

29 de maio de 2018

Educación Vial

Un circuito de kars no patio do cole é algo sorprendente, pero máis sorprendente é comprobar como, coa práctica aprendemos a importancia de conducir e conducirnos de forma cívica e respectuosa tanto cando somos conductores como cando somos peóns. Agora queda comprobar se todos levamos interiorizado algo máis importante que a propia diversión de térmolo pasado tan ben neste tempo de mañá.

28 de maio de 2018

50 aniversario

Con motivo da celebración do 50 aniversario, todos os alumnos e alumnas do centro baixamos ata o xardín dianteiro para plantar unhas flores que nos recorden sempre esta efeméride e a nosa implicación co centro e co coidado do  medio. Cada grupiño de cinco rapaces e rapazas encargouse, coa supervisión das profesionais da xardinería do Concello de plantar unha begonia. Non foi un traballo difícil pero si terá unha pegada importante para todos nós.

Mª Victoria Moreno

Un dos editores das obras de Mª Victoria Moreno e amigo seu, Mascato, estivo no centro para falarnos sobre a vida desta autora e a época que lle tocou vivir. Tamén descubrimos algúns datos ben interesantes sobre a súa obra. Dende logo, aprendemos moito sobre a autora, sobre literatura, sobre historia e sobre todo sobre a importancia de loitar contra as inxustizas.

Entrega de Premios

Hoxe tivo lugar no centro o acto de entrega de premios aos alumnos da nosa aula Mateo Moscato e Pablo Trigo polos seus contos do concurso da Axencia Tributaria. Logo, acompañados dos seus pais, desplazáronse ás dependencias da axencia tributaria en Vilagarcía de Arousa e ata o porto onde puideron visitar un barco de vixiancia aduaneira. Parabéns, rapaces.

23 de maio de 2018

Por fin no mercado de Cambados.

Chegou o gran día despois de tanto traballo, de tanta expectación, de tantos preparativos.
E pagou a pena, certamente o esforzo realizado.
O éxito de ventas foi total dado que se esgotaron todos os produtos e mesmo temos varias encargas realizadas.
Pero foi un éxito sobre todo ver como cada un dos socios cumpría o seu cometedo en función do rol que lle correspondeu no seu Departamento: ventas, publicidade, loxística, rexistro, caixa. Ver como uns axudaban e complementaban o traballo dos outros. Comprobar a súa independencia e a súa autonomía ante o público, o seu saber estar e a corrección e pulcritude con que levaron adiante a encomenda. Noraboa rapaces e grazas familias polo apoio prestado.

O traballo que se iniciou alá polo mes de outubro cando tomaron a decisión en asemblea de crear a cooperativa, a presentación e defensa de candidaturas  para desenvolver os roles de presidente, secretario/a ou tesoureiro/a, os procesos electorais; as propostas de logos, lemas, nome de empresa coas consabidas votacións; a redacción de estatutos e actas, as decisións sobre o capital que había de aportar cada socio e o rexistro de socios ... Xa en novembro tivo lugar a presentación na Deputación de Pontevedra da nosa cooperativa por parte da nosa presidenta, Salomé, que realizou un traballo exquisito; a recollida do CIF; as charlas informativas da axencia tributaria sobre a necesidade de pagar impostos e o destino dos mesmos; ou as visitas a outras empresas como Gráficas Salnés cos que tanto aprendemos; a presentación de prototipos de produtos; a realización dun estudo de mercado e de novo votacións para determinar cales se ían fabricar.

De xaneiro a marzo as horas de plástica pasaron voando coa fabricación dos diferentes produtos; dende abril iniciouse a etapa do diseño das etiquetas, tanto en ordenador como en soporte papel; tamén houbo que diseñar os carteis publicitarios e os do posto de venta; presentáronse propostas de embalaxe ...

Na parte administrativa tivemos que preparar o Curriculum Vitae para presentarnos aos diferentes departamentos da empresa e en función das características e cualidades de cada un asignouse a distribución de tarefas. Tivemos que investigar e decidir a que ONG destinariamos parte dos beneficios e a porcentaxe que se ía asignar. As dúas ONG seleccionadas foron AECC e o Refuxio de animais de Cambados.

Tamén aprendemos a redactar unha instancia para solicitar o posto de venta e permiso para  distribuir a publicidade. Recibimos a resposta oficial do Concello; a nosa presidenta pagou no banco as correspondentes tasas e ... con todo listo chegou o gran día: hoxe, 23 de maio.

Aínda quedan dúas tarefas pendentes: escribirlle unha carta ás dúas ONG para facerlles entrega da parte recaudada que se lles vai doar e decidir tamén en que se van gastar os beneficios obtidos coa venta que quedan para os socios: xantar, saída, excursión, festa !!! Pero de seguro, o máis bonito; disfrutar dun estupendo equipo de traballo.




 Co concelleiro de economía:



 Facendo publicidade:

























 Case todo vendido xa!!:





22 de maio de 2018

Práctica de mercado

Hoxe a terceira hora fixemos unha practica de mercado coa axuda dos nenos  e nenas de 4ºB. Practicamos con todo: coa caixa rexistradora, con  diñeiro ( que era de plástico), coas follas de rexistro ...
Todos o pasamos moi ben, foi moi divertido. E moitas grazas nenos e nenas de 4º!

Salomé (Presidenta da Cooperativa)










21 de maio de 2018

Xa temos a resposta do Concello

Xa temos a resposta do Concello á instancia que presentamos a semana pasado solicitando permiso para vender no mercado os produtos das nosas cooperativas e para poñer publicidade. Xa queda menos! Hoxe estivemos ultimando detalles nas etiquetas e preparando as planillas de rexistro para a venda. Mañá faremos o ensaio de venda no colexio e o mércores será o gran día. Empeza a conta atrás!!

16 de maio de 2018

Letras Galegas

Hoxe tivo lugar o acto da ofrenda floral no paseo da Calzada, diante da estatua de Ramón Cabanillas. As actuacións dos rapaces dos distintos colexios de Cambados  foron expléndidas, moi ben preparadas e de moita calidade. Foi unha mágoa que o sol, o po, as dificultades para escoitar, o tempo de transición entre as actuacións ... non lles permitisen aos pequenos valoralas en todo o que merecían. Tamén puidemos ver os paneis que os diferentes colexios presentaron. O do noso colexio quedou moi bonito e representaba moi ben o sentir de Mª Victoria, unha mestra navegando no Arroas e rescatando a lingua galega para os máis cativos ... para todos. Moitas grazas ao alumnado de sexto por teren preparado un cartel tan axeitado e unha actuación tan bonita.