29 de abril de 2016

Preparando a horta

Despois dos meses de invernia, por fin loce o sol e podemos saír de novo á horta. Xa están preparando o terreo para empezar coa plantación. De seguro que aínda podemos conseguir unha boas leitugas antes de que remate o colexio!


Os maios

Hoxe celebramos o día do maio.
Desta volta participamos en toda a creación do maio e mesmo compuxemos ensaiamos e cantamos unha canción para os nenos e nenas do colexio. Quedou moi bonita.
O maio tamén nos quedou ben guapo con tantas flores e cos ovos pintados.
Logo houbo que varrer o patio, lavar pinceis, limpar a aula. Pero o certo é que sobraron voluntarios. Os nenos e nenas de 5º B son moi traballadores e sempre están dispostos a botar unha man Grazas a todos.






22 de abril de 2016

Día do Libro

Con motivo do Día do Libro realizamos varias actividades especiais, algunhas arredor dos libros, outras en memoria do grandísimo escritor Miguel de Cervantes, xa que celebramos,  ademais o IV Centenario do seu pasamento:
  • Lemos no xardín


  • Lemos no patio

  • Lémoslle "Rinconete y Cortadillo" aos afillados.
  • Lemos e comentamos a vida, aventuras e descenturas de Miguel de Cervantes.
  • Ilustramos un cartel conmemorativo deste día.

  • Vimos un corto de animación de "Los fantásticos libros voladores" 

  • Tamén vimos un anaquiño das aventuras de "Don Quijote de la Mancha" en debuxos animados.
Foi un Día ben completo, pero seguiremos adentrándonos na aventura de LER os outros 364 días do ano.

21 de abril de 2016

Na Praza de Abastos de Cambados

Hoxe estivemos na praza de abastos. Alí esperábanos a nosa guía Yoli que nos ensinou cousas realmente sorprendentes sobre carnes, peixes, mariscos, froitas e verduras. Antes de marchar agasalláronos cunha mandarina e unha piruleta. Na praza estivemos tamén coa nai do noso compañeiro Pero que nos explicou os nomes dos peixes, o seu prezo nese día e a súa procedencia. Moitas grazas Montse, moitas grazas Yoli.





20 de abril de 2016

Practicando co SMD

Podemos practicar os exercicios de cambio de unidades no SMD na seguinte ligazón:

SMD

Resultado de imaxes para sistema métrico decimal

19 de abril de 2016

Medicións

Hoxe os equipos de clase estiveron medindo o patio, a aula e o corredor. A experiencia foi moi interesante, pero os resultados foron un verdadeiro desastre. En ningún dos equipos coincidiron as medidas e os que máis se achegaban tiñan diferenzas de máis de dous metros. Está claro que a aula e os metros non cambiaron así é que a estratexia e a técnica de medición empregada ten moito que mellorar. Tocará repetir a experiencia.





18 de abril de 2016

Educación Vial

A sesión de hoxe no Salón Peña foi realmente interesante. Empezou cunha charla da Policía Local sobre o tráfico e as medidas que debemos tomar para evitar accidentes  seguimos facendo diversos percorridos por un excelente circuito con coches a pedales. Foi moi educativo e quedamos con ganas de máis!




Máis experimentos

Hoxe, co grupo Superheroes descubrimos a masa e o volume de obxetos que nos rodean. Logo o grupo Cinco Noites amosounos o porqué algúns corpos coa mesma masa flotan e outros non.


14 de abril de 2016

Teatro Caracol

Chegou por fin o tan esperado día da representación do Teatro Caracol. Que iremos atopar? Que historia nos envolverá? Que emoción!!!




Antonio García Teijeiro

Hoxe tivemos o privilexio de contar no centro con Antonio García Teijeiro, un autor que nos acompañou cos seus poemas dende que estabamos en terceiro e que hoxe tivemos a sorte de coñecer. Grazas, Antonio.
Román foi o escollido para compoñer con Antonio un poema colectivo na sesión. Titulouse "Quérote Galicia e creámolo entre todos."
María, Eloy, Dani e Iria fixéronlle preguntas moi interesantes. 



Debate: A piscina no cole

Preparando o plano de como podería distribuirse o recinto escolar na parte posterior do colexio a maioría dos alumnos incluían nas súas propostas un espazo para a piscina. Dado que tiñamos pendente unha sesión de debate sorteamos que grupo que tería que defender a instalación dunha piscina no centro e que grupo tería que argumentar en contra deste espazo. Os responsable da defensa da piscina foron os compoñentes do equipo "4 Fantásticos" e os que argumentaban na súa contra eran os membros de "Superheroes". Daniel foi o moderador e Aitana tomou nota na pizarra dos argumentos de ambos grupos. O debate foi moi intenso e se lles deixamos non imos comer. Quedamos no millor e con moitas ganas de seguir. Repetiremos a experiencia. Aprendemos a esperar a quenda a tomar nota, argumentar, escoitar activamente aos compañeiros e contraargumentar... Saíron aspectos realmente interesantes. O mellor foi o ambiente de motivación e o exquisito respecto de todos os participantes.

13 de abril de 2016

Preparando a chegada de Antonio García Teijeiro

A semana pasada coñecemos un pouco máis polo miudo os poemas de Antonio García Teijeiro, o autor que nos visita mañá. Estamos a prepararlle unha canción preciosa cun dos seus poemas. Hoxe o ensaio quedou precioso, pero seguro que mañá aínda nos vai saír mellor. Aquí estamos no ensaio con 5ºA:

Experimentamos coa materia

Hoxe foron os Inseparables os que nos prepararon o seu experimento:
Medimos volumes de aceite, area e auga.
Pesamos o mesmo volume de aceite area e auga (e descontamos o peso do recipiente valeiro, claro!)
Logo calculamos a densidade e comprobamos que a densidade da area e maior e a do aceite é menos.
Por último mesturados os ingredientes observamos que a area queda abaixo e o aceite flota na auga.

Todo un experimento!
Xenial, rapaces

Radio Patio

Hoxe foi a quenda do grupo Inmortais. Fixéronlle unha entrevista a Brais, que nos contou un chiste, propuxéronos varias adiviñas, comunicáronos algunhas novas e tamén nos fixeron bailar. Moi ben equipo.

12 de abril de 2016

Liga: países e capitais

A nosa Liga de paises e capitais está cada vez máis apaixoante. Hoxe varios dos concursantesconseguiron xa un pleno de 5 puntos. Norboa para todos. Estádelo facendo moi ben.



No Salón do Libro "Canta bichería"

Hoxe, un grupo de profesores do colexio estivemos no Salón do Libro de Pontevedra. Ten moitas salas apaixoantes para descubrir e libros realmente preciosos para disfrutar.
Animádevos a visitalo. Aínda seguirá aberto ata o día 23 de abril.



9 de abril de 2016

Un conto moi responsable

Nesta semana Pedro sorprendeunos cun conto precioso, escrito en forma de diario e polo tanto redactado en primeira persoa. Pero o protagonista do diario éravos nin máis nin menos que un canciño. Ía contando a súa vida dende ben pequerrecho ... Aitana ofreceusa a axudar na edición. Vai quedar ben bonito. Forman un equipo excelente. Grazas, rapaces.

Obradoiro de Bebidas Saudables

Xa imos tendo listos os carteis para o Concurso. Faltan uns pequenos retoques, pero xa están quedando ben bonitos. Noraboa equipos!



7 de abril de 2016

Experimentos coa materia

O equipo das Inmortais preparounos un precioso experimento sobre a densidade. Vimos como un ovo se fundía nun recipiente con auga e logo, ao ir engadindo sal ía flotando ata quedar arriba de todo. Foi moi interesante. Contáronos que isto se debe ao cambio de densidade da auga ao irlle engadindo sal.


Radio Patio

Hoxe retomamos as emisións de Radio Patio. O programa saíu moi ben e aínda sairá mellor. Porque xa estamos mellorando a vocalización e o ritmo.


Na Exposición de Manuel María



Esta semana estivo no colexio unha exposición itinerante sobre Manuel María e hoxe visitámola. Descubrimos os poemas que xa recitaramos na clase. Lemos a súa biografía e recordamos onde naceu, ao lado da casa dos avós no noso compañeiro Miguel, en Outeiro de Rei, alá pola Terra Cha. Morreu xunto no ano en que naceu Brais, no 2004. Publicou o seu primeiro poemario moi noviño, con so 20 anos e escribiu máis de 100 libros. Nós imos ilustrar un dos seus poemas "A boneca e hai que ir preparando os materiais para facer na clase.