14 de abril de 2016

Debate: A piscina no cole

Preparando o plano de como podería distribuirse o recinto escolar na parte posterior do colexio a maioría dos alumnos incluían nas súas propostas un espazo para a piscina. Dado que tiñamos pendente unha sesión de debate sorteamos que grupo que tería que defender a instalación dunha piscina no centro e que grupo tería que argumentar en contra deste espazo. Os responsable da defensa da piscina foron os compoñentes do equipo "4 Fantásticos" e os que argumentaban na súa contra eran os membros de "Superheroes". Daniel foi o moderador e Aitana tomou nota na pizarra dos argumentos de ambos grupos. O debate foi moi intenso e se lles deixamos non imos comer. Quedamos no millor e con moitas ganas de seguir. Repetiremos a experiencia. Aprendemos a esperar a quenda a tomar nota, argumentar, escoitar activamente aos compañeiros e contraargumentar... Saíron aspectos realmente interesantes. O mellor foi o ambiente de motivación e o exquisito respecto de todos os participantes.