6 de abril de 2016

Prensa na escola

Hoxe o xornal viña cargadiño de novas e case non tivemos tempo a velas todas polo miúdo. Moitas das novas tiñan moito que ver coa escola, como a da colocación de videocámaras de vixiancia nos patios, ou a proba de avaliación de diagnóstico de 6º de Primaria, ou o invento dun mozo de Vilagarcía dunha funda de móbil que pode recargar o aparato con enerxía solar. Impresionante!! Seguídeas lendo na casa e  ...xa nos contaredes.