Diario de 5ºB

Luns, 18 de xuño de 2018

Castellano: Preparamos o discurso de despedida facendo unha valoración do curso que remata: actividades,  experiencias, contidos aprendidos este ano, saídas e excursións, equipo cooperativo, profesora e aspectos a mellorar a nivel persoal de cara ao vindeiro curso. (E exposición oral será de 2 minutos como mínimo).

Venres, 15 de xuño de 2018

Matemáticas: Ficha de repaso da área de matemáticas para a avaliación final do luns. (60 min)



Xoves, 14 de xuño de 2018

Matemáticas: Páxina 214, exercicio 3; páxina 218, exercicio 11; páxina 234, exercicio 8, (20 min)

C. Sociais: Estudar a Idade Moderna. Estudade o que aprendéchedes na ficha de onte; trátase de ter en conta o que investigamos e descubrimos para que vaia formando parte do que sabemos, da nosa vagaxe cultural. Mañá daredes conta do aprendidoe, de seguro, farédelo moi ben. ( 40 min). Recordade o que vos ensinou o orientador. Usade os esquemas, explicádeos e repetide, repetide e repetide ata ter a seguridade de expresarvos correctamente e sen erros. Non vos confiedes!!


Mércores, 13 de xuño de 2018

Matemáticas: Páxina 243, exercicio 3; páxina 244, exercicio 1, 2 e 3. (20 min)

C. Sociais: Estudar a Idade Moderna. Mañá correxiremos a ficha. Completádea cos datos que non puidéchedes atopar no texto. (40 min)

Nota: Recordade que maá serán os contacontos para os pequenos e faredes de guías na horta. Tende preparados os carteliños cos nomes das plantas. Mañá empezarán tamén a realizar as primeiras práticas as nosas patrullas urbanas con Olalla e Xabi na entrada e con Carolina e Candela na saída.


Martes, 12 de xuño de 2018

C. Sociais: Ficha de investigación. Tendes que buscar a información que se vos solicita no libro de texto, tamén podedes axudarvos de libros, enciclopedia, internet e do moito que saben os vosos maiores. (20 min). Estudade para o exame do venres.

Linguas: Pasade a limpo e mellorade os textos escritos sonre a Saída de emerxencia e sobre a excursión a Ourense.


Luns, 11 de xuño de 2018

Castellano: Páxina 221; facede oralmente os exercicios e aprendede algúns dos refráns e o seu significado. Tamén podedes preguntarlle por máis refráns aos vosos pais e avós. Páxina 223, exercicios do 1 ao 5. (20 min)

C. Sociais: Seguimos preparando ben a exposición oral para non omitir aspectos fundamentais, dats e exemplos concretos en arte, sociedade e política da  Idade Moderna. (40 min)

Nota: Mañá sairemos á horta. Traede as botas e guantes. 


Venres, 8 de xuño de 2018

Música: Estudade para o exame do luns (15 min)

English: Study for exam on Tuestay (15 min)

C. Sociais: Esquema ou mapa mental completo da Idade Moderna. Esposición orais o luns e exame o venres.(30 min). Podedes guiarvos polo que tedes no libro de texto, pero necesariamente tendes que incluír as cambios que deron lugar á Idade Moderna, as catro causas da Crise do século de Ouro; deben aparecer as principais características de cada etapa, monarcas, escritores, pintores e feitos claves como a Guerra dos 30 anos, o Tratado de Utrech ou a Guerra de Sucesión. Na Época das Luces estarán os cambios importantes:  o acontecido con Filipe V ou as reformas de Carlos III en Madrid. Poñede as palabras claves e estudade a maneira de explicar o tema a partir destas claves do esquema.

Martes, 5 de xuño de 2018

English: Student´s Book, page 73, exercise 1 (20 min)

Galego: Estudar para o exame do xoves especialmente todas as preposicións, conxuncións e as clases de adverbios. (40 min)


Luns, 4 de xuño de 2018

Matemáticas: Páxina 228, exercicios 1 e 2. Páxina 229, exercicios 1 e 2. (15 min)

Galego: Páxina 2017, exercicios 1, 2 e 3 (10 min)

Castellano: Páxinas 208 e 209, exercicios 2, 3, 4 5 e 6. Estudar o recadro sobre o uso de coma e punto e coma (20 min) Estudar os sete tipos de advervios , as preposicións, as conxuncións, interxeccións, frases feitas, personificación, comparación e metáfora para o exame de mañá das unidades 13 e 14. (20 min)

C. Sociais: Seguir practicando a exposición oral de sociais. Farémolas mañá. 

Música. Practicade coa frauta para o exame do vindeiro luns

Nota: Mañá sairemos á horta. Traede botas e guantes.


Venres. 1 de xuño de 2018

Galego: Texto en formato libre sobre un destes temas: "Patrullas urbanas", "Prevención de accidentes de tráfico" ou "Onte na horta". (20 min). O luns seguirei preguntando preposición e conxuncións.

Matemáticas: Ficha das áreas de cadrados, rectángulos e triángulos. Estudar a  fórmula da lonxitude da circunferencia. (10 min)

English: Pupil´s, page 73, exercise 1.   Activity Book, page, 71, exercise  2 and 3  (15 min)

C. Sociais: Mapa mental e exposición oral (Mínimo 2 minutos) sobre a Idade Moderna. Recordade que no mapa mental teñen prioridade as imaxes e palabras clave; so dun vistazo han de darnos pé a explicar todo o tema, que previamente temos estudado e practicado. (15 min)



Xoves, 31 de maio de 2018

Galego: Páxina 216, exercicio do 1 ao 6 (30 min)

C. Sociais: Preparar a exposición oral  de dous minutos sobre a Idade Moderna ata a monarquía dos Austrias (páxinas  112 e 113). (30 min)

C da Natureza:  Ide traendo etiquetas de produtos de limpeza e fitosanitarios (abonos, pesticidas ...)



Mércores, 30 de maio de 2018

Galego. Texto libre sobre o concerto do 50 aniversario. Podedes escoller formato noticia, carta, artigo de opinión, diario ou entrevista. Acompañádeo dunha ilustración na que han de aparecer persoas necesariamente. (20 min) Estudar as preposicións e conxuncións. (10 min)

Castelán: Estudar as normas de uso do punto e coma e buscar textos nos que aparezan esos signos. Tendes que saber explicar a norma co exemplo que vos atopedes (non o do libro). (15 min)

Matemáticas: Estudar as fórmulas das áreas do cadrado, do círculo e do triángulo. (15 min)

Nota: Mañá sairemos á horta. Traede guantes e calzado axeitado.   


Martes, 29 de maio de 2018

Música: Preparade a indumentaria para o concerto de mañá. Recordade que tendes que traer pantalón vaqueiro ou negro (non valen leguíns) e camisa ou camiseta de cor negro ou de cor vermella.

Galego: Texto escrito. Formato libre. Tema a escoller entre "Educación Vial", "Charla sobre Mª Victoria Moreno" ou "50 aniversario do colexio". Tendes que incorporar no texto algunha das figuras literarias das que falamos hoxe: personificación, metáfora, comparación ou ironía. (20 min). Páxina 211, exercicios 2, 3, 4, 6 e resumo (15 min). Memorizar as preposicións e as conxuncións en galego. Preguntareinas oralmente o xoves. (10 min)

English: Notebook, interrogatives and negatives. Activity Book, page, 69, exercise  2 and page 71, exercise 1. (15 min)


Luns, 28 de maio de 2018

Matemáticas: Páxina 223, exercicios 1 e 2 e páxina 224, exercicios 1, 2 e 3. Recordade que o 3 o fixemos xa hoxe na pizarra. Para non perdervos pintade cada base coa altura correspondente dunha cor. (15 min)

Castellano:  Páxina  207, exercicios  do 4 ao 9. (15 min)

C. Sociais: Mapa mental da Idade Moderna ata a Monarquía dos Austrias (páxina 112) 30 min. Incluíde no mapa os aspectos que xa aprendéchedes dos esquemas anteriores sobre as monarquías autoritarias e sobre os Reis Católicos.



Venres, 25 de maio de 2018

English:  Woksheet (15 min)

Matemáticas: Páxina 218, exercicios 5, 10 e 11. (15 min)

C. Sociais: Ler  e estudar a Idade Moderna ata a Monarquía dos Austrias (páxina 112) (30 min)



Xoves, 24 de maio de 2018

Matemáticas: Rematar o problema. Revisar as contar coidando a presentación. (10 min)

C. Sociais: Ler a unidade 6 completa sobre a Idade Moderna. Escribir preguntas na libreta sobre aspector sobre os que nos gustaría ter máis información. (40 min)

Galego: Texto sobre a visita de Fina Casalderrey. O formato do texto será o de entrevista. O primeiro parágrafo falará brevemente sobre quen é Fina Casalderrey. Se seguido escribimos as preguntas e as respostas que Fina foi aportando na súa visita de hoxe. O último parágrafo será de agradecemento. (20 min). Facede un bonito debuxo. Recordade que podedes ter como guía a entrevista a Fina que lemos hoxe no xornal. 



Mércores, 23 de maio de 2018

Galego: Venda no mercado. Texto libre (podedes escoller o formato: carta, noticia, artigo de opinión ou diario). (20 min)

English: Pupils Book, page 69, exercises 1 & 2. Activity Book, page, 66, exercise 1 & 2 and page 67, exercise 1 & 2. (40 min)

Matemáticas: Rematade os que vos faltan das páxinas 203 e 214, exercicio 3. 



Martes, 22 de maio de 2018

Galego: Texto libre: "Preparando todo para o mercado". 

English: Pupils Book, page 64, exercises 1 & 2. Activity Book, page, 62, exercise 1 and page 64, exercise 1. 


Luns, 21 de maio de 2018

Galego. Páxina 202, exercicios do 1 ao 5 (30 min).

Castellano. Páxina 198, exercicios do 1 ao 8 (no exercicio 8, o texto terá un mínimo de 80 palabras).(20 min).

Interdisciplinar: Técnicas de estudio:  Texto sobre "Reyes Católicos". Subliñado e esquema do mesmo. (10 min).

Nota. Mañá sairemos á horta. Traede os guantes e botas, se precisades. Traede tamén as libretas de sociais e naturais aqueles que non as entregáchedes hoxe. 


Mércores, 16 de maio de 2018

Matemáticas: Ficha de simetrías. Rematar os exercicios 2, 3, 4 e 5 da páxina 213.

Galego. Artigo de opinión. Escollede o tema do voso artigo entre un destes tres: Letras galegas, A horta nesta semana e Técnicas de Estudio. Xa sabedes que un artigo de opinión, como calquera artigo xornalístico leva un titular chamativo, o nome do xornalista e lugar debaixo deste titular. Escribides en terceira persoa agá o último parágrafo no que pasades a empregar a primeira persoa para facer a valoración do acontecido, a vosa opinión persoal sobre os feitos que antes describides. Poñede unha ilustración acorde co contido. Aqueles  que aínda non os dominades seguide estudando os verbos e as preposicións en galego.

Castellano. Páxina 194, exercicios 1, 2 e 3 . Estudade as formas verbais e as preposicións.

C. da Natureza. Completade o mapa mental e empregádeo para estudar. Recordade que o exame do luns vai levar unha parte de preguntas e outra de desenvolvento do tema en folio. 



Martes, 15 de maio de 2018

Galego: Páxina 195, exercicios 5, 6 e resumo. (10 min)

C. da Natureza. Mapa mental do tema completo da Enerxía, en folio. Recordade a importancia dunha boa distribución no espazo da información clave. Tende en conta que han de priorizarse os debuxos e que o texto ha de ser mínimo. (40 min)

C. Sociais. Completade o esquema sobre as monarquías autoritarias (con bolígrafo e boa presentación). (10 min)

Nota: Hoxe ás sete da tarde hai unha representación teatral no Auditorio da Xuventude, dunha obra inspitada nun dos libros de Mª Victoria Moreno. A entrada é de balde.

Luns, 14 de maio de 2018

Matemáticas: Páxina 206, exercicios 1, 2  e 3. Páxina 208 e 2010, debuxar os triángulos e cuadriláteros memorizando a súa clasificación. (15 min).

Castellano: Resumo da lectura e exercicios 1, 2 e 3 de xentilicios (15 min)

Galego: Páxina 195, exercicios 1, 2, 3 e 4. Mermorizar as preposicións e o s tres tipos de conxuncións cos exemplos correspondentes  Os que tivestes mal o presente, pretérito perfecto  e futuro de indicativo do verbo vir tendes que escribilo no caderno de forma correcta. Recordade poñer os acentos que corresponda.(15 min).

English: Study for exam (15 min)

Nota: Recordade que tendes que traer mañá os catro exames asinados.

 Venres, 11 de maio de 2018

C. Sociais: Páxina 94, exercicios 12, 13 e 14 na libreta. Páxina 98 copiar a imaxe comparativa da arte románica e gótica coas características correspondentes. Páxina 100, exercicios 28 e 29. Para respondelos correctamente debedes buscar a información no mapa desa páxina, nos mapas e datos da páxina 96 sobre a evolución dos reinos cristiás e da páxina 92 coa evolución de Al Ándalus. Páxina 102 completade o esquema e comprobade que sabedes responder oralmente aos exercicios desa páxina e da páxina 103. (60 min). Exame o luns.


Xoves, 10 de maio de 2018

Matemáticas, Páxina 198, exercicios 2 e 5. (10 min). Revisade os exercicios que temos feito de suma e resta no sistema sexaxesimal ou no cambio de unidades neste sistema.

Galego: Estudar as unidades 11 e 12, especialmente todos os recadros de cor laranxa co resumo de cada parte da gramática e da ortografía. Lede con moita atención como diferenciar verbos regulares e irregulares, o uso do punto e coma e especialmente os tipos de adverbios cos exemplos de cada tipo que tedes no libro. Non esquezades tampouco as normas de separación de palabra no final de liña. (40 min). 

C da Natureza. Reler as páxinas sobre os impactos ambientais de uso da enerxía e como solucionalos. (10 min).


Mércores. 9 de maio de 2018

Matemáticas: Páxina 198, exercicio 8 (as restas). ( 10 min)

English: Study (20 min)

Castellano: Estudia los resúmenes y revisa los ejercicios de los temas 11 y 12. Estudia bien los verbos, especialmente los tiempos compuestos, el modo subjuntico y el imperativo, las formas no personales. Busca reglas nemotécnicas para no confundir el pretérito perfecto simple con el pretérito imperfecto de indicativo. (30 min)

Martes, 8 de maio de 2018

English: Pupil´s Book, page 64, exercise 1, 2. Activity Book, page 62, exercise 1; page 64 exercise 1. Notebook (interrogative and negative sentences) (30 min)

Interdisciplinar. Instancia para o Concello (en folio). Recordade que tendes que indicar que somos unha cooperativa, o  nome e o CIF da mesma (CIF: F-20170012), que participamos no proxecto Depoemprende na Escola, da Deputación Provincial, e que facedes os produtos á man. Podedes poñer a maiores todo o que podedes aprender vendendo e o que se vai facer cos beneficios. Tendes que solicitar permiso para montar o posto de venta para o mercado do día 23 e permiso para poñer publicidade no pobo. (10 min)

Galego. Lectura "A princesa da Pampa". Lede as preguntas sobre a comprensiòn lectora e contestádeas oralmente. Lede tamén as preguntas do remaso do tema e contestádeas oralmente. Se non sodes capaces de atopar as respostas no texto, preguntádesme mañá. (20 min)

Nota: Tendes que rematar os exercicios de repaso de castelán, páxina 168, do 1 ao 7.

Luns, 7 de maio de 2018

Matemáticas: Páxina 198, exercicio 8 (os tres apartados de suma). Temoso exame o venres. Ide practicando as divisións entre 60, para o cambio de unidades (10  min)

Castellano. Páxina 184. Completar o resumo e facer os exercicios do 1 o 8 (20 min). Teremos exame o xoves das unidades 11 e 12.

Galego; Instancia de solicitude para o Concello. (10 min). Temos exame o venres das unidades 11 e 12.

C. Sociais: Imos aprendendo os periodos da Reconquista,  as características do feudalismo, dos estilos arquitectónicos na Idade Media, as características culturais propias do reino Andalusí e dos reinos cristiáns ... Teremos o exame o vindeiro luns. (20 min).Podedes facer na libreta os exercicios 12, 13 e 14 (voluntario) para reforzar o aprendido, facer un mapa mental ou un resumo do tema. Non esquezades a importancia de repetir oralmente varias veces o que tendes que estudar. Botade man, se é preciso de regras nemotécnicas, para recordar mellor algúns datos de nomes e números.


Venres. 4 de maio de 2018

English; Pupil´s  Book, page 60, exercise 3, page 61, exercise 2, page 63, ex 1, 2 &3. Worksheet . (20 min)

Música: Estudar canción  (10 min)

C. Sociais: Estudar o tema completo da Idade Media, especialmente as etapas da conquista árabe e da Reconquista, así como as diferenzas no modo de vida nos territorios cristiás e musumáns na Península. Faremos un exame oral na clase. Axudádevos para estudar de esquemas, tal e como vos ensinou a facer o noso orientador. (20 min)


Xoves, 3 de maio de 2018

Galego: Noticia sobre o concerto didáctico ou historia gráfica sobre o conto de Mª Victoria Moreno, que lemos na clase. (20 min). Estudar para o exame de verbos as tres conxugacións de verbos regulares e tamén o verbo ser e o verbo ir (40 min)


Mércores, 2 de maio de 2018

Matemáticas: Páxina 191, exercicio 5 (tres últimos problemas). Páxina 198, exercicio 7 (dous primeiros apartados) 20 min)

Castellano: Páxina 179, exercicios 9, 10, 11, 12  e 13 e Microcuento soas palabras do banco de palabras. (20 min)

English; Pupil´s Book, page 60, exercise 1, page 61, exercise 1. Worksheet and notebook. (20 min)



Luns, 30 de abril de 2018

Música: Estudar a letra da canción de música (Todo o tempo necesario ata tela dominada)

Galego: Noticia. Tendes que redactar unha noticia sobre calquera destes temas: Teatro Caracol, O Maio, Quiero ser como Beckam. Recordade escribir un titular chamativo e non esquezades incluír unha imaxe co respectivo pé de foto. O último parágrafo ha de incluír a valoración dos participantes no evento do que informades. Mínimo, 12 liñas (20 min)

C. Sociais: Seguimos estudando a Idade Media, especialmente as diferenzas entre a vida nos reinos cristián e no reino Musulmán, así como a etapa da Reconquista en España. O vindeiro luns faremos o exame desta parte. Quedan pendentes as exposicións orais sobre o Feudalismo dalgúns compañeiros que non as fixeron hoxe. Recordade a importancia de practicar oralmente a partir do esquema realizado e que teredes que presentar. (20 min)

Plástica: Dividides un folio pola metade. Nunha das metades debuxades a un home realizando unha profesión (tradicionalmente considerada "de homes") e na outra metade debuxades a unha muller realizando ese mesmo traballo. So poderán continuar coa fabricación na cooperativa os que presenten os debuxos xa rematados. Non esquezades situar a liña base e un coloreado perfecto das imaxes. (20 min)


Venres, 27 de abril de 2018

C. Sociais. O luns faremos as exposicións orais a partir dos esquemas sobre o texto "El feudalismo" nun folio. Recordade que  o esquema debe recoller os datos máis importantes que tendes que recordar sobre esa orgamización social propia da Idade Media. (20 min). 

Galego; Páxina 165, exercicios 2, 3 e 4. Para facer estes exercicios tendes que ler de novo a páxina 164 e tratar de fixarvos ben nos catro pasos a ter en conta para diferenciar verbos regulares e irregulares. (15 min)

Castellano: Estudar os verbos ser e ir. Luns faremos un novo exame que incluirá eses verbos e os anteriores. (15 min)

Nota: Traede colares feitos cos margaridas, con ovos baleiros e decorados, fiuncho e xestas para a festa dos maios. 


Xoves, 26 de abril de 2018

C. Sociais: Esquema sobre o texto "El feudalismo" nun folio. Recordade que  o esquema debe recoller os datos máis importantes que tendes que recordar sobre esa orgamización social propia da Idade Media. (20 min). Tamén vos ha de servir para facer a exposición oral (máximo 2 min) desa parte do tema na clase.

Matemáticas: Páxina 190, exercicios 1, 2 e 3. (30 min)

Castellano: Estudiad los verbos de la 3ª conjugación. Mañana haremos el examen. (10 min)

Mércores, 25 de abril de 2018

English: Activity Book, page 59, exercises 1 & 2. Pupil´s Book, page 61, exercise 3 and page 63, exercise 1 (20 min)

Castellano: Estudar os verbos da 3ª conxugación e repasar os das anteriores para o exame do venres ( 20 min)

C. Sociais. Lede detidamente a unidade cinco , especialmente as preguntas do tema e tradade de respondelas oralmente, se non sabedes a resposta tendes que aprender a buscar no texto lido onde vos fala dese aspecto. Mañá tendes que preguntarme o que non fóchedes capaces de responder.  Traede as preguntas anotadas por escrito indicando a páxina e o exercicio.(20 min)

Martes, 24 de abril de 2018

Galego: Na horta, páxina do diario . Recordade que unha das claves do diario é que apareza a data na que se escriba, que se redacte en primeira persoa e que figure, non so a descrición do acontecido senón a valoración persoal sobre os feitos. (20 min)

English: Activity Book, page 58, reed. Pupil´s Book, page 59, exercise 3 (20 min)

C. da Natureza: Ler a unidade completa sobre a enerxía. (10 min). Tomade nota dos datos que non coñeciades e que vos sorprenderon para comentar na clase. Anotade tamén todo aquilo sobre o que vos gustaría saber máis cousas.

Matemáticas: Rematade de revisar os exercicios que tendes que mellorar e aprendede ben a correspondencia de ha, a e ca coas medidas de superficie do SMD. Mañá temos o exame. (10 min).

Nota: Mañá temos cooperativa, traede o material necesario para traballar.



Luns, 23 de abril: Día do libro

Castellano: Lemos un libro  e disfrutamos del. (15 min) Imos á librería, descubrimos libros novos, visitamos a biblioteca, escoitamos historias de D. Quijote e Sancho Panza ... Fixámonos en todas as palabras que imos atopando con aumentativos e diminutivos. Empezade a estudar pouco a pouco o verbo modelo da terceira conxugación. Venres teremos o exame

Galego: Disfrutamos da lectura dun bo libro en lingua galega, dun conto, dun poema. Compartimos algún anaquiño da lectura con alguén querido. (15 min)

Matemáticas: Escribir na libreta correctamente os exercicios do pasado venres (Páxina 183) que non fixemos de forma correcta. (20 min). O mércores faremos o exame.

C. Sociais: Lemos o tema completo de ciencias sociais sobre a Idade Media. (10 min). Tomade nota dos datos que non coñeciades e que vos sorprenderon para comentar na clase. Anotade tamén todo aquilo sobre o que vos gustaría saber máis cousas.

NOTA: Mañá traedes botas que volvemos á horta. 


Venres, 20 de abril de 2018

Matemáticas: Ficha (30 min). O mércores teremos o exame do tema 11.

Interdisciplinar: Biografía dunha muller importante ao longo da historia (Para o luns). Mínimo de 15 liñas. (20 min)

Música: Rematade a última estrofa do romance recordando que ha de ter rima asonante nos versos pares. (Acordádevos como se miden os versos, sa sinalefa e de que nos versos que rematan nunha palabra aguda engaden contamos unha sílaba máis). Estudar a canción. (10 min)  

C. Naturais: Ide pensando propostas para a montaxe do circuito eléctrico.

Plástica. O luns recollo as historias contadas en imaxes na plantilla dos diferentes planos. Tendes que entregar tamén, aos que non o fixéchedes, as fotos e as portadas dos libros.




Xoves, 19 de marzo de 2018

Matemáticas: Páxina 182, exercicios do 1 ao 7 (agás o 6). (30 min)

Galego: Escrita dun poema. Contade algo que vos pasou e vos produciu un inmenso sentimento de tristeza,  medo, angustia ... ou alegria e paz. Comunicade con emoción e sentimento. (20 min)

Plástica: Diseño dunha etiqueta. Pode ser manual ou feita por ordenador. (10 min)

Interdisciplinar: Biografía dunha muller importante ao longo da historia (Para o luns). Mínimo de 15 liñas.  



Mércores, 18 de marzo de 2018

Matemáticas: Páxina 182, exercicio 6 epáxina 183, exercicio 11-5 (20 min). Debuxade na cadrícula coa máxima exactitude.Aprendedevos ben a correspondencia de áreas, hectáreas e centiáreas co SMD.

Galego: Noticia: "Visita a Gráficas Salnés". Recordade que no formato noticia escribides en 3ª persoa. No último parágrafo debedes recoller a opinión dos asistentes á actividade. Procurade que o titular sexa moi chamativo, na mensaxe, non so nas cores. Non esquezades que tendes que incluír unha imaxe co correspondente pé de foto. O nome do xornalista e o lugar deben aparecer debaixo do titular. A noticia debe aportar datos importantes que reflictan todo o que víchedes e aprendéchedes. Mínimo de 12 liñas. (20 min)

Plástica: Ide rematando as historias ilustradas cos diferentes planos, as portadas dos libros favoritos e as fotografías. (10 min)

Castellano: Estudar os verbos da 2ª conxugación. Teremos o exame o venres. (10 min)


Martes, 17 de marzo de 2018

Interdisciplinar: Diseño de etiquetas. Recordade que debedes incorporar os datos seguintes: Nome do produto, composición, observacións, CIF da empresa, logo, dirección, lema ... PREZO. Ide pensando tamén na embalaxe e a presentación dos mesmos para a venda. (10 min)

Castellano: Rematade os exercicios de ortografía (20 min). Estudade os verbos da 2ª conxugación. Practicade coas actividades interactivas da páxina principal. (10 min)

C. da Natureza: Empezade a planificar a montaxe do voso circuito electrico. Debedes presentalo a mediados de maio. O circuito virá acompañado do correspondente informe escrito. (10 min)

English: Pupil´s Book: Page 57, exercise 2 (10 min)

Voluntario: Informe sobre o traballo na horta

Luns, 16 de marzo de 2018

Interdisciplinar: Diseño de etiquetas. Recordade que debedes incorporar os datos seguintes: Nome do produto, composición, observacións, CIF da empresa, logo, dirección, lema ... PREZO. Ide pensando tamén na embalaxe e a presentación dos mesmos para a venda. (10 min)

Matemáticas: Páxinas 178 e 179, exercicios 3, 5 e 6. (30 min)

Castellano: Páxina 162, exercicios 5, 6 e 7 (10 min)

C. Sociais: Lectura rápida da unidade 5 completa: A Idade Media (10 min)

Nota: Os compoñentes dos equipos Salmonetes, Osiños e Bananas que poidan deberán traer botas e os guantes para baixar á horta.

Venres, 13 de marzo de 2018

Música: Estudade a canción (20 min).

Plástica: Dibuja la portada de tu libro favorito. Procura que sea lo más exacta posible, coloreala muy bien. La expondremos el lunes en el pasillo de Don Quijote. Luego haz una foto con alguien de tu familia. Cada uno presentará su libro favorito. Por supuesto, para exponer la fotografía vuestros familiares han de autorizarlo en vuestra agenda. Las exposiciones serán tambien el lunes. (15 min)

English: Activity Book: Page 56, exercises  2. Page 57, exercise 1 (10 min)

Matemáticas: Páxina 174, exercicio 1, páxina 176, exercicio 1 (15 min)

Interdisciplinar: Imos pensando diseños posibles para as etiquetas dos nosos produtos. Recordade que deben ter unha boa presentación e distribución do espazo para recoller a información que vimos hoxe na clase: Nome do produto, composición, observacións, CIF da empresa, logo, dirección, lema ... PREZO. Ide pensando tamén na embalaxe e a presentación dos mesmos para a venda. 

Xoves, 12 de marzo de 2018

Música: Estudade a canción (10 min).

Castellano: .Estudiar las formas verbales de la 1º conjugación, página 232 (20 min)

Plástica: Dibuja la portada de tu libro favorito. Procura que sea lo más exacta posible, coloreala muy bien. La expondremos el lunes en el pasillo de Don Quijote. Luego haz una foto con alguien de tu familia. Cada uno presentará su libro favorito. Por supuesto, para exponer la fotografía vuestros familiares han de autorizarlo en vuestra agenda. Las exposiciones serán tambien el lunes. (10 min)

Galego: Noticia: Museo de Pontevedra. (20 min)


Mércores, 11 de abril de 2018

Música: Estudade a canción (10 min).

Castellano: Microcuentos. Escribe un microcuento  (máximo de 80 palabras). Ha de tener presentación, nudo y desenlace como cualquier cuento, pero solo uno o dos personajes. El tiempo entre el inicio y el final es breve y  el lugar donde se desarrolla la acción no suele cambiar.Estudiar las formas verbales de la 1º conjugación, página 232 (20 min)

Plástica: Dibuja la portada de tu libro favorito. Procura que sea lo más exacta posible, coloreala muy bien. La expondremos el lunes en el pasillo de Don Quijote. Luego haz una foto con alguien de tu familia. Cada uno presentará su libro favorito. Por supuesto, para exponer la fotografía vuestros familiares han de autorizarlo en vuestra agenda. Las exposiciones serán tambien el lunes. (20 min)

English: Activity Book: Page 55, exercises 1 & 2. (10 min)



Martes, 10 de abril de 218

Galego: Noticia: "Quen vive aí?". A noticia debe incluír unha imaxe co seu pé de foto. (20 min)

Música: Estudade a canción (10 min)

Castellano: Estudar os verbos da 1ª conxugación. Podedes practicar cos exercicios e xogos que tendes na páxina principal. (10 min)

C. Sociais: Enquisa sobre a igualdade: as tarefas na casa. Ao rematar de cubrir a enquisa debedes inventar outra enquisa con preguntas sobre o mundo do traballo e a igualdade no mundo laboral (20 min).

Interdisciplinar: Montaxe dun circuito electrico  (Un circuito cada equipo). Entrega a finais de mes.


Luns, 9 de abril de 2018

English: Study for exam (30 min)

Castellano: Ler a páxina 162 e estudar a 232. (10 min)

Galego: Carta a María. Recordade toidos os requisitos do formato da carta. O corpo da carta ha de ter un mínimo de 12 liñas. (20 min)

Interdisciplinar: Ide traendo novas, datos e libros curiosos sobre  historia.


Venres, 6 de abril de 2018

English: Worksheet (10 min)

Galego: Noticia: A igualdade de xénero. Recordade que no formato noticia escribides en terceira persoa; o titular ten que ser chamativo e impactante. Tendes que escribir debaixo do titular o nome do xornalista e o lugar da noticia. Recordade tamén que tendes que aportar datos relevantes que os vosos lectores deben coñecer. (20 min)

Matemáticas. Páxina 168, exercicios 1 e 2 (10 min)

Interdisciplinar. Banda deseñada: Relatar unha historia en imaxes recordando como han de ser os planos que estudamos na clase: O primeiro plano recolle so a cara cunha expresión moi significativa do protagonista. o plano medio abarca ata a cintura, o plano americano chea arriba dos xeonllos, no plano enteiro vese á persoa completa e no xeral o conxunto de varias persoas e o lugar. O plano panorámico abarca unha visión xeral completa. Podedes escoller como tema do voso relato calquera das actividades realizadas estes días ou no segundo trimestre.Poden aparecer palabras se o considerades necesario, pero as mínimas e escritas con maiúscula. (20 min) Coidade os acabados, a liña base e a cor perfecta. O máisi importante, disfrutade do debuxo e da vosa creación.

Xoves, 5 de abril de 2018

Galego: Texto libre "A horta". Os que non foron á horta escribirán o resumo da lenda para compartir mañá cos compañeiros.(Se a lenda a leron en castelán poden facer o resumo en castelán). Estudar os verbos regulares  para o exame de mañá e as 100 palabras de ortografía. (30 min). Ler: Roldán e as costureiras (10  min)

Matemáticas: Páxina 167, exercicio 10 (10 min)

C. Natureza: Preparar o experimento e o informe. (10 min)

Interdisciplinar: Acordádevos de traer o material necesario para a cooperativa.

Mércores, 4 de abril de 2018

English: Page 54, exercise 1. Worksheet. (15 min)

Castellano: Páginas 162 y 163. Leer y responder oralmente a los ejercicios. (10 min)

Matemáticas: Página 166, ejercicios 3 y 4 (15 min). La tabla la hacéis con regla.

C. Natureza: Preparar o experimento e o informe. (20 min)


Martes, 3 de abril de 2018

English: Activity Book: Page 52, exercise 2 & 3; page 53, exercise 1 & 2. (20 min)

Galego: Valoración do 2º trimestre. Mínimo dous folios. Ha de incluir, mención das actividades realizadas e valoración das mesmas, valoración das profesoras, valoración persoal sobre o aprendido no trimestre (conceptos que aprendin e que non sabía antes), das melloras persoais e dos aspectos que cada un se propón mellorar para o trimestre vindeiro. (20 min).

Interdisciplinar: Horta / Hoxe na clase. Texto libre. (20 min)


Venres, 23 de marzo de 2018

Naturais: Páxina 79, exercicio 33.

Sociais: Estudae países e capitais da UE.

Matemáticas: Páxina 169, exercicios 1, 2, 5, 8 e 11

Lingua: Estudas os verbos  regulares: final do libro do 2º trimestre.


Xoves, 22 de marzo de 2018

Galego: Descrición da profe María. Primeiro parágrafo coa descrición física; segundo parágrafo coa descrición psicolóxica, forma de ser, carácter ... ;  terceiro parágrafo sobre o que aprendemos con ela e o que máis botaremos de menos cando no estea. (30 min)



Mércores, 21 de marzo de 2018. Día Mundiál da Síndrome de Down e dos bosques

English: Pupils Book: Page 54 & 55, exercises 3  & 3 . Two worksheet (20 min)

Galego: Artigo de opinión: Posta en marcha do composteirto (20 min). Noticia "Unha dorna no patio" (20 min).


Martes, 20 de marzo de 2018

English: Pupils Book: Page 54, exercises 1 &2. Activity Book: Page 51, exercise 1 in your notebook (30 min)

Castellano: Estudade o uso de guión, grupo cc, , ct; prefixos, raiz e desinencias verbais, pronomes ... para a proba do xoves ( 20 min)

Galego: Disfrutade dunha boa lectura (10 min)


Luns, 19 de marzo de 2018

Castelán: páx. 148-9: 1-10 (20 min)

Galego: páx. 151 ex. 1. Ademais, analiza os verbos (15 min).

Matemáticas: terminar os problemas da ficha (10 min).





Venres, 16 de marzo de 2018

C. Sociais: Ficha dos sectores de produción. (15 min)

Música: Practicade a frauta.(15 min)


English: Activity Book, pages 47 , exercise 1 and 2, page 50:1 and 3  (15 min)

Matemáticas: Páxina 159, exercicios 4 e 5 (15 min)


Xoves, 15 de marzo de 2018

C. Sociais: Repasade os países e capitais da UE. (20 min)
Comezade o mapa mental sobre o tema da materia (10 min)

Música: Practicade a frauta.(10 min)

Interdisciplinar: Disfrutade dun bo libro e compartídeo logo cos vosos amigos. (15 min)



Mércores, 14 de marzo de 2018

Matemáticas: Terminade os exercicios de repaso que fixemos na clase. Páx. 150: 1, 2, 3, 5, 7 e 8.  (20 minutos)

Música: Practicade a frauta.(10 min)

English: Activity Book, pages 46 , exercise 3; Pupils  Book, page 51 , exercises 1 (20 min)

Interdisciplinar: Disfrutade dun bo libro e compartídeo logo cos vosos amigos. (10 min)





Luns, 12 de marzo de 2018

Matemáticas: Ficha -os problemas 9 e 10- na libreta-  (15 minutos)

Música: Practicade a frauta.(15 min)

C. Sociais: Aprendede os dereitos dos cidadáns europeos e os símbolos de Europa. Venres exame de países e capitais da UE. (10 min)

Castelán Páxina 133 todos.(20 min)



Venres, 9 de marzo de 2018

Matemáticas: Ficha -agás os problemas-  (15 minutos).

Música: Practicade a canción de frauta. (10 min)

C. Sociais: Estudade os países da UE e as capitais. Tamén debedes aprender as definicións de materia prima, produto elaborado e as profesións de cada un dos sectores de produción.  (10 min)

Plástica: Cómic. (10 min)

English: (15 min)


Xoves, 8 de marzo de 2018

Matemáticas: Rematar a ficha. (30 min). 

Música: Practicade a canción de frauta. (10 min)

C. Sociais: Estudade os países da UE e as capitais. Tamén debedes aprender as definicións de materia prima, produto elaborado e as profesións de cada un dos sectores de produción. Mañá temos Liga. (10 min)

Galego: Pasade a limpo os textos que tendes correxidos e ilustrádeos. (10 min)



Mércores, 7 de marzo de 2018

English:  Activity Book, pages 41 , exercises 1, 2; Pupils  Book, pages 47 , exercises 3, page 48, exercise 2; (20 min)

Castellano: Página 135, ejercicios del 1 al 9. (30 min)

Plástica: Cómic: 10 min



Martes, 6 de marzo de 2018

Galego: Páxina 136, exercicios, 2, 3 , 4 e 5. Estudar as palabras do cadro sobre acento diacrítico. (20 min)

C. da Natureza: Traede cancións relacionadas coa emoción que vai presentar o voso grupo. Recordade que debedes traer algunha  canción sen letra. Rematade as presentación sobre os sentidos. (20 min)

Interdisciplinar: Disfrutade dun bo libro e compartídeo logo cos vosos amigos. (20 min)


Luns, 5 de marzo de 2018

Matemáticas: Páxina 145, exercicios 6 e 7 (20 min)

Galego: Carta a un amigo no que lle esplicas un pesadelo que tiveches. Recordade que a usaremos na clase para analizas os pronomes persoais e os verbos en 1ª, 2ª e 3ª persoa.
(20 min)

English: Study for exam (20 min)


Venres, 2 de marzo de 2018

English; Study for exam. ( (15 min). 

C. Sociais: Seguide practicando cos países e capitais da Unión Europea. (10 min). Luns empezaremos a Liga de países e capitais.

Música: Practicade a canción de frauta. (15 min)

Galego. Escribide un texto, en formato libre sobre a exposición de Leonardo Da Vinci. Ilustrade o texto. (20 min)



Xoves, 1 de marzo de 2018

Matemáticas: Observade o medio que vos rodea e traede máis exemplos de porcentaxes que vos poidades atopar. (10 min)

C. Sociais: Seguide practicando cos países e capitais da Unión Europea. (10 min)

Música: Practicade a canción de frauta. (20 min)

Plástica: Rematade o debuxo do Home de Vitruvio. (15 min).Investigade sobre Leonardo Da Vinci; especialmente sobre os seus inventos

C. da Natureza.Aprendede o nome dos órganos do aparato reprodutor masculino e feminino e escribide preguntas sobre o que queredes sabe.(5 min)


Mércores, 28 de febreiro de 2018

English: Worksheet. (10 min)

Matemáticas: Páxina 137, exercicio 15 completo (Copiade os enunciados e escribide en cada caso, datos, operacións e solución, coa oración completa) (20 min)

Plástica: O home de Vitrubio. Rematade o debuxo seguindo as cadrículas. (15 min)

Galego: Repasade para o exame de mañá. Preparade os ditados dos temas 7 e 8 fixándovos na ortografía. Repasade a acentuación de ditongos e hiatos, Fixádevos ben como se escriben os números ordinais e os cardinais porque non se escriben igual que en castelán. Escribídeos  nun papel vello e logo comprobade que non tivéchedes erros. Recordade que é o campo léxico, o campo semántico, familia de palabras e, por suposto, o adxectivo. (15 min)


Martes, 27 de febreiro de 2018

English:  Activity Book, pages 44 , exercises 1, 2;  (10 min)

Galego: "TBO e non che creo". Noticia (20 min). Recordade que para particimar no certame de Relato curto tendes que mandar os dous arquivos (RELATO e DATOS) ao seguinte enderezo: certame.relatocurto@nontedurmas.org

C. Sociais: Mapa da unión Europea. Escribir países e capitales. Coloreas de xeito suave os países da UE (15 min)

Castellano: Repasar para o exame de mañá: Ortografía  hiatos, ditongos, palabras rematadas en -oy, -ay ...; palabras derivadas, simples e compostas; narrativa (narrador, personaxes, acción, marco); adxectivos, definición, concordancia, clases (explicativos, especificativos, epítetos) e graos (positivo, comparativo e superlativo). Non vos esquezades do grupo nominal. (15 min)


Luns, 26 de febreiro de 2018

Matemáticas: Páxina 130, exercicio 1. Páxina 132, exercicio 1. Todas as divisións con proba. (40 min)

Castellano. Repaso das unidades 7 e 8. Aprendede os recadros. Completade os esquemas de repaso das unidades. Mércores teremos o exame. Preparade o ditado final (10 min)

Música: Practicade a canción de frauta (10 min)


Venres, 23 de febreiro de 2018

English: Pupils Book, page 45, exercises 2. Activity Book, pages 42 & 43, exercises 1, 2; 1, 2, 3 &4  (40 min)

C. Sociais: Aprendede os países da Unión Europea e as súas capitais. Luns practicaremos cos mapas interactivos na clase. Pero o que primeiro os domine xa poderá empezar a fabricar para a cooperativa. (10 min)

Galego: Completade o relato breve que iniciastes na clase. Recordade que debe ter un mínimo de 200 palabras e un máximo de 300. (10 min)

Matemáticas: Na páxina principal deixeivos dúas ligazóns para que practiquedes a dividión con decimais.Neste xogo tendes que empezar na segunda sesión pois na primeira hai un erro grave. Tarda un pouquiño en cargar. Tende paciencia, que logo funciona moi ben..



Xoves, 22 de febreiro de 2018

C. Sociais: Aprendede os países da Unión Europea. Mañá practicaremos cos mapas interactivos na clase. Pero o que primeiro os domine xa poderá empezar a fabricar para a cooperativa. Recordade que fan falla globos pequenos. (15 min).

C. da Natureza. Traede propostas e ideas para facer o mural que lle corresponde ao voso grupo. Xa sabedes que debedes cubrir información dos apartados seguintes: definición, emocionómetro, situacións onde vemos esa emocións, estratexias para regular a emoción, música relacionada coa mesma ou que axuda no control da mesma e tamén detalle ou imaxes das expresións do corpo e da cara que expresan esa emoción. (15 min)

Galego: Completade o relato breve que iniciastes na clase. Recordade que debe ter un mínimo de 200 palabras e un máximo de 300. (30 min)

Plástica: Os que non trouxéchedes a imaxe para conmemorar o día de Rosalía recordade que tedes que traela mañá. 

Mércores, 21 de febreiro de 2018

English: Pupils Book, page 44, exercises 2  (10 min)

Galego: Pregúntalle a teus pais ou teus avós se coñecen algúns versos de Rosalía de Castro. Escribe os versos que eles recordan e pregúntalles sobre os mesmos. Logo escríbeos a tamaño grande nun folio ou nunha cartolina e fai unha foto túa coa túa avoa, túa nai ou quen ti escollas amosando eses versos. Se aceptan que coloque a foto neste blogue da aula deberán asinar a autorización na túa axenda. (15 min)

Castellano. Páxinas 118 e 119. Exercicios do 3 ao 11. (30 min). Estuda as normas ortográficas.

Interdisciplinar: Disfruta dunha boa lectura e compártea.


Martes, 20 de febreiro de 2018

English: Activity Book, page 40, exercises 2 & 3. (10 min)

Galego: Páxina 126, exercicios do 1 ao 5 (20 min)

Matemáticas: Repaso da lectura de decimais, descomposición, suma, restsa multiplicación con decimais, aproximacións e estimacións. (30 min)


Luns, 19 de xaneiro de 2018

Matemáticas:  Páxina 118, do 9 ao 12. (20 min)

Castellano: Páxina 117, todos (30 min)

Galego: Entrevista. Pensa no que dirías da persoa que vas entrevistar como texto introdutorio e logo as preguntas que lle farías. Se xa as tes anotado, mañá serás máis eficiente cando o fagas no ordenador. (10 min)



Venres, 16 de febreiro

English: Pupil´s Book Páxina 43, exercise 1. Activiti Book, Páxina 40, exercicios 1, 2 e 3.

Matemáticas: Páxina 118, do 2 ao 8.

Sociais: Estudar par ao exame do luns. Repasade as provincias e as Comunidade Autónomas, os tres poderes, a Constitución, a densidade de poboación, as características da poboación española ...


Xoves, 15 de febreiro de 2018

C. da Natureza: Estudar e facer o mapa mental do tema. Recordade que o exame terá tres partes: preguntas, escrita dos nomes de órganos, ósos e músculos na lámina (50 nomes) e a parte de desenvolvemento do tema en folio branco. Cada parte valerá 10 puntos. Para estudar rematade as preguntas que empezastes hoxe pola mañá, valorade se sabiades as respostas do xogo que fixemos na aula e copiade os recadros de resumo de cada parte na libreta  tratando de memorizalos, iso axudaravos a dominar o vocabulario do tema e a expresarvos con maior precisión. (60 min)


Venres, 9 de febreiro de 2018

Matemáticas: luns, martes e mércores facedes cada día unha división con decimais e inventades un problema no que teñades que usar esa división.

Ciencias Sociais: Estudade a unidade 3, pois o venres 16 teremos o exame. Estudade de forma rigurosa polo menos media hora cada día o luns, marte e o mércores.

C. da Natureza: Estudade o nome dos distintos apatatos da función de nutrición e dos seus órganos, así como o nome dos músculos e osos que tedes no caderno. Facede un esquema ou un mapa mental da función de relación (podedes basarvos no que vos propón o libro e completalo. O xoves, día 15 teremos o exame.

Galego: O festival de Entroido no colexio (formato libre). Adernade o escrito cun debuxo. 

Pasádeo moi ben nas festas, ride e descansade. 

Xoves, 8 de febreiro de 2018

Matemáticas: Páxina 115, exercicios 3, 4 e 5 (20 min)

Galego: Páxina 122, exercicios 1, 2, 3, 4 e 5. (20 min) . Receita de filloas ou orellas (anotade ben os ingredientes  coas cantidades xustas e , no proceso de elaboración marcade ben cada un dos pasos usando conectores como: primeiro, logo, despois, a continuación ... (ou utilizade numerais ordinais). (15 min )
 Podedes traer as orellas e as filloas

C. Natureza: Pegade na libreta as fichas sobre ósos e músculos e empezade a estudalos. O xoves 15 teremos o exame. ( 5 min)

Mércores, 7 de febreiro de 2018

Matemáticas: Páxina 114, exercicios 1 e 2 (10 min)

Castelán: Páxina 115, todos (incluido o exercicio 7) (20 min)

Interdisciplinar: Buscamos información de interese para preparar a presentación sobre o sentido que lle correspondeu a cada un no equipo. (10 min)

Voluntario: Debuxade nun folio as actividades do colexio que máis vos gustan para decorar a pancarta de Entroido. Os debuxos estarán perfectamente pintados e co remarcado en negro. (10 min)

Galego: Lede e disfrutade da lectura. (10 min)



Martes, 6 de febreiro de 2018

C. da Natureza. Páx 53, ex. 4, 5 e 7. Páx 57, ex. 11 e 12. Páx 62, ex. 19,20,, 21, 22, 23, 24 e 25. (40 min)

English: Activity Book, page 39, exercise 3. Pupil´s Book, page 41, ex. 1. Worksheet (20 min)

Nota: Sinto moito a confusión de onte á hora de anotarvos os deberes dado que vos marquei a páxina 109 e non correspondía. Disculpade as molestias que vos ocasionou este erro e o tempo extra que lle adicáchedes á materia.


Luns, 5 de febreiro de 2018

Matemáticas: Páxina 113, exercicios  5 e 6 (20 min)

Castellano: Páxinas 108 e 109, todos (20 min)

C. Sociais: Páxina 53, exercicios 7, 8 e 9; Páxina 57, exercicios 21, 22 e 23 (10 min)


Venres, 2 de febreiro de 2018

Matemáticas: Páxina 110, exercicios 1, 2, 3, 4 e 5 (20 min)

English:   Student Book, page 39, exercise 2. Activity Book, page 39, exercises  2. (15 min)

Música: Practicade coa frauta para o exame do luns (25 min)



Xoves, 1 de febreiro de 2018

C. da Natureza: Mapa mental da función de Relación. Tendes que entregala despois do Entroido. 
Estudade cada un dos aparatos da función de Nutrición cos órganos correspondentes e o seu funcionamento. Recordade o que estivemos lendo hoxe sobre a memorización. Tendes que buscar regras nemotécnicas que vos axuden a recordar, pero antes, a clave está en facer bos esquemas e debuxos.( 40 min).

C. Sociais. Despois do Entroido empezaremos a coñecer Europa un pouco máis polo miúdo. Así e´que vos deixo xa os mapas interactivos dos países e capitais para que os vaiades coñecendo e teñades tempo para estudar. (5 min) Países da Unión Europea



Interdisciplinar: Recordade que despois do Entroido tendes que presentar o programa de radio e a presentación dixital coa información sobre o sentido que vos tocou a cada equipo. (10 min)

Música: Aprendede a letra da copla de Entroido ( 5 min)


Mércores, 31 de xaneiro de 2018

English:  Student Book, page 39, exercise 2. Activity Book, page 37, exercises 1, 2 & 3. (15 min)

Castellano: Páxinas 104- 105, exercicios do 1 ao 14. (Rematar). (20 min).

Matemáticas: Páxina 107, exercicios 3, 4 e 5. (20 min)

Galego: Diario de pensar (5 min).



Martes, 30 de xaneiro de 2018. Día da Paz

English: Student Book, page 37, exercise 2. Activity Book, page 36, exercises 1, 2 & 3. (20 min)

Castellano: Páxina 103, exercicios do 1 ao 8. (Rematar). Rematade a caraA. Revisádea antes de presentala e contade os adxectivos que empregáchedes. Tendes que utilizar polo menos  nove adxectivos. Pasade a limpo na libreta de castelán o listado de adxectivos que escribíchedes na clase. (20 min)

Galego: Artígo de opinión "Paz". Recordade que na primeira parte do artigo tende que contar o que fixemos hoxe no colexio para celebrar o día da Paz, pero que na segunda parte debedes expresar, utilizando o tempo condicional o que fariades para conseguir a paz, na casa, na escola, nesta nosa terra ... Recordade que ides empregar hiatos con vogal cerrada tónica e xa sabedes que eses levan acento gráfico SEMPRE! (20 min)


Luns, 29 de xaneiro de 2018

Matemáticas: Páxina 105, exercicios 1 e 2. Páxina 106, exercicio 1 (15 min)

Castelán: Páxina 101, exercicios do 1 ao 8 (20 min)

Galego: Páxina 106, exercicios 3, 4 e 5 (15  min). 

Interdisciplinar: Repasade a canción "Wer are the world" e tamén o "Baile da paz" ( 10 min)


Venres, 26 de xaneiro de 2018

C. da Natureza: Fichas dos aparatos e mapa mental coas tres funcións vitais (20 min)

Galego: Lectura da Unidade 7. Resumo de 6 liñas e preparación da cronolectura (10 min). Practicade coa ortografía das 100 palabras. Luns teremos o control.

English: Activity Book. Page 35 , exercises     . Two worsheet (30 min)


Xoves, 25 de xaneiro de 2018

Matemáticas: Páxina 100, todos (45 min)

Interdisciplinar: Memorizar a letra da canción do entroido e do baile da paz (15 min)


Mércores, 24 de xaneiro de 2018

Matemáticas: Páxina 96, exercicio 3. (15 min)

Galego: Noticia "Fabricamos" (15 min). Estudar para o exame: sentido literal e figurado, xéneros literarios, campo léxico e campo semántico, separación en sílabas, demostrativos, indefinidos, artigos e contraccións ( 30 min)

Martes, 23 de xaneiro de 2018

Galego: Páxinas 92-93, exercicios 2, 3, 4, 5, 6. Estudade benos posesivos e os demostrativos. Recordade que na análise dos posesivos debedes indicar, ademais da persoa, xénero e número, se falamos dun ou de varios posuidores; no caso dos demostrativos deixaremos indicada cercanía, distancia media ou lonxanía. (30 min)

Interdisciplinar: Buscade situacións que vos axuden a construir o emocinómetro do voso grupo, recollendo datos sobre respostas motoras e glandulares que podemos observar en cada un dos niveis. Pode axudarvos visitar a Aula Virtual do colexio: Aula Virtual: Emocións (15 min)

Castellano: Estudade ben os hiatos e a acentuación. Estudade tamén os indefinidos e numerais. Intentade facer oralmente os exercicios da páxina 87. Se tendes dúbidas podemos respondelas antes do exame. (15 min)

Luns, 22 de xaneiro de 2018

Matemáticas. Páxina 94, exercicio 2. Páxina 95 exercicio 1. (10 min)

Castellano. Estudade os numerais e os indefinidos. Copiádeos na libreta. (10 min)

Galego. Páxina 87. Estudade o significado dos termos "sentido literal" e "sentido figurado" con exemplos. (5 min)

Sociais: Estudar que é a Constitución, en que valores se asenta, e como é a organización política e territorial de España. (5 min)

English: Study for the exam. (30 min)


Venres, 19 de xaneiro de 2018

Matemáticas: Ficha (20 min)

Música: Cartel de Malala (15 min) e practicar as cancións.

English: Worksheet and study for the exam. (20)


Xoves, 18 de xaneiro de 2018

Sociais: Practicade cos mapas interactivos. Faremos o exame de ríos, montes, cabos e golfos de España o venres. (45min). Mañá exame de ríos, montes, picos, cabos e golfos de España.

Galego: Texto sobre a actividade de papiroflexia. Formato "Noticia". Recordade engadir unha imaxe representativa, escribir en terceira persoa e sinalar o autor da noticia e o lugar debaixo do titular (Orixinal, chamativo e breve). (15min)

Nota: Precisariamos que Mencía trouxese mañá o seu clarinete e e Xabi o seu trombón para acompañar nunha canción á profe María para o día da paz.
Aldara; trae tamén a guitarra, por favor.

Mércores, 17 de xaneiro de 2018

Matemáticas: Páxina 94 exercicio 1, solo as tres primeiras fraccións de cada fila. Hai que comprobar que obtemos fraccións equivalentes aplicando a fórmula correspondente. (15 min)

Castellano: Páxinas 88 e 89, exercicios  de 4 ao 14. (20 min)

English: Student Book. Páxina 35, ex 2 & 2 worksheet. (20)

Nota: Precisariamos que Mencía trouxese mañá o seu clarinete e e Xabi o seu trombón para acompañar nunha canción á profe María para o día da paz.


Martes, 16 de xaneiro de 2018

English: Activity Book, page 30, exercise 3. (15 min)

Galego: Rematade a análise morfolóxica (10 min)

Sociais: Practicade cos mapas interactivos. Faremos o exame de ríos, montes, cabos e golfos de España o venres. (15min)

Naturais: Mirade os vídeos da páxina principal sobre os aparatos da función de nutrición e ide aprendendo a canción dos osos. (15 min)

Interdisciplinar: Disfrutade de 5 minutiños de relax cun bo libro na man ou escoitando a vosa música preferida.

Luns, 15 de xaneiro de 2018

C. SociaisPracticade cos mapas interactivos os ríos, montes e a costa de España (15 min)

Matemáticas: Páxina 89, exercicios 1,2,3 e 4  (20 min). Rematade de pintar 1/2 do cadrado de 15cm x 15cm que fixéchedes na aula.

Castellano: Lede a lectura da unidade 6 completa "El eclipse" (É moi divertida) e practicade a cronolectura. (10 min)

Interdisciplinar: Disfrutade da tarde e aprendede algo novo (15 min) para compartir mañá.


Venres, 12 de xaneiro de 2018

C. SociaisPracticade cos mapas interactivos os ríos, montes e a costa de España (15 min)




Galego: Escribide na libreta de galego a canción do Entroido tratando algún dos temas que propuxéchedes na clase e coa música da canción que escolleu o voso equipo. (30 min)

English: Activity Book. Page 30 exercise2, page 31, ex 1 & 2, Studen´s Book, page 33 exercise 1 (15 min)

Xoves,11 de xaneiro de 2017

Galego: Páxina 79, exercicios 2, 3 e 5 (20 min)

Música: Mural sobre Malala (10 min). Ten que estar rematado dentro de 15 días.

Sociais: Practicade nos mapas interactivos de provincias e comunidades autónomas. Mañá faremos un exame. Recordade que tendes que escribir o nome de todas as provincias e comunidades autónomas así como os lindes de España. (30 min)

Mércores, 10 de xaneiro de 2017

Castellano: Páxina 71. Todos (Orais. Non tendes que escribir a resposta. So pensar se a sabedes, se o entendedes ben. Se non é así preguntádesme mañá).(5 min)

English: Study for the next exam. (20 min)

Música: Mural sobre Malala (10 min). Ten que estar rematado dentro de 15 días.

C. da Natureza: Mañá tende que facer a exposición oral de 1 min sobre a dixestión. Hai que mencionar o nome dos órganos e glándulas que participan no proceso dixestivo. Iniciade a exposición oral falando dos catro aparatos relacionados coa función de nutrición. (10 min)



Sociais: Practicade nos mapas interactivos de provincias e comunidades autónomas. Venres faremos un exame. Recordade que tendes que escribir o nome de todas as provincias e comunidades autónomas así como os lindes de España. (15 min)


Martes, 9 de xaneiro de 2018

Galego: Análise morfolóxica. (10 min)

English: Page 29, exercise 1& 2. Worksheet. (15 min)

Música: Mural sobre Malala (10 min). Ten que estar rematado dentro de 15 días.

C. da Natureza: Preparamos unha exposición oral de 1 min sobre a dixestión. Hai que mencionar o nome dos órganos e glándulas que participan no proceso dixestivo. Iniciaremos a exposición oral falando dos catro apartos relacionados coa función de nutrición. (10 min)

C. Sociais: Estudo de mercado. Entrevista a 5 persoas sobre os produtos que mercarían e o prezo que pagarían por eles. (15 min)

Luns, 8 de xaneiro de 2018

Matemáticas: Ficha de repaso de fraccións. (40 min)

Galego: Páxina 71, exercicios 2 e 3 (15 min)

Música: Escoitade cancións alegres e divertidas para cambiarlle a letra e preparar a nosa canción  de Entroido. Ide pensando coplas, disfraces e temas a tratar. (5 min)


Vacacións de Nadal

Para disfrutar moito destas festas e descansar pero non perder o ritmo de traballo, debedes adicarlle un ratiño cada día a realizar unha tarefa relacionada coa lectura, a escritura e o cálculo.

Sociais: Estudade as provincias e as Comunidades Autónomas. Para iso practicade cos mapas interactivos. Tendes varios niveis de dificultade. Procurade superar o nivel máximo. Para iso practicade un ratiño cada día:


Naturais: Páxina 44. Todo ( Copiade todos os enunciados e respondede na libreta)

Galego: Lede todos os días 30 minutos un libro en lingua galega. O libro que vós queirades. Escribide a Valoración do 1º trimestre. Recordade que, desta volta, tedes que escribir dous folios como mínimo. Tendes que recoller as actividades, saídas, charlas e proxectos que realizamos, pero tamén o que estudástes, que coñecementos novos vos sorprenderon, que aprendestes, que foi o que máis vos gustou e tamén que vos resultou máis dificil. Incluide tamén a valoración da profesora titora; que fai ben e que ten que mellorar, e da profesora de prácticas.
Rematade cun parágrafo coa vosa valoración persoal sobre vós mesmos, como vos sentistes, en qué mellorastes e que tedes que mellorar no vindeiro trimestre. Este último parágrafo terá cinco líneas como mínimo. Recordade que tedes que ser moi coidadosos coa presentación (título destacado, linealidade, marxe, boa letra, debuxos ilustrativos ...) e tamén coa ortografía. Non entreguedes ningún traballo sen telo lido previamente con suficiente calma. Asegurádevos de que se entende ben o que queredes comunicar.
Páxina 65,  todo; páxina 70, competencia lectora: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7 (en 8 liñas o máis importante); páxina 73, ex.5.

Matemáticas: Páxina 66, ex. 6, 7, 9; páxina 69, ex 5, 6, 7. (Practica o cálculo todos os días). Recordade que ao regreso volveremos facer o cálculo rápido de divisións en dous minutos. Tamén faremos divisións con dúas cifras así é que inventade e resolvede unha cada día (coa proba). Non tendes que presentarmas.

Castelán: Estudade os substantivos, artigos e preposicións: Preposiciones: a, ante, bajo, cabe, con, contra, de, desde, en, entre, hacia, hasta, para, por, según, sin, sobre, tras, durante y mediante.



Luns, 18 de decembro de 2017

Matemáticas: Revisade como se calcula a fracción dun número, a suma e resta de fraccións, como se len e como se representan ... (15 min)

Castellano; Estudade os ditongos e tritongos e como se acentúan, Repasade os determinantes e os posesivos, os artigos e os sustantivos para a análise morfolóxica. (20 min)

Galego: Texto con formato libre sobre a charla e a saída que fixemos hoxe. (20 min)

Música: Practicade as cancións de música. (5 min)


Venres, 15 de decembro de 2017

Matemáticas. Páxina 82, exercicios. 3, 4, 6, 7, 8 e 9. Páxina 83, problema 14. (30 min)

English: Pipils Book. Page 24, exercise 3. (10 min)

Música: Practicade a canción. Aprendede ben a letra de cada estrofa.(5 min)

Castellano: Lede a información do texto sobre posesivos, demostrativos, ditongos e tritongos. O luns revisaremos que sabedes xa destes aspectos que xa traballáchedes o curso pasado.(15 min)


Xoves, 14 de decembro de 2017

C. Sociais: Estudade a unidade dúas. Tendes que escribir o resumo do tema na libreta ou nun ou dous folios, xa que sabedes que unha parte do exame será a exposición escrita do tema completo. Podedes facer un esquema ou un mapa mental de todo o tema para ter a seguridade de que non deixades atrás apartados importantes. O feito de facer os debuxos axudaravos a recordar. Lede as preguntas finais do tema e asegurádevos de que sabedes a resposta buscando a páxina e o lugar exacto do libro no que tendes esa información que se vos pide. Por suposto, podedes inventar preguntas e convertirvos en examinadores e comprobar cos vosos amigos ou familiares que si dominades as respostas. Ollo que hoxe na clase aínda non tiñades clara a diferenza entre tempo atmosférico e clima, algún de vós non recordaba todos os aparatos dunha estación metereolóxica, ou había dúbidas sobre as diferenzas de precipitación e temperatura nos diferentes climas de España! Por último revisade o efecto invernadero, así como as consecuencias do quecemento global e o cambio climático. Así poderemos poñer en marcha medidas eficaces para evitar moitas desas consecuencias. (1 hora)


Mércores, 13 de decembro de 2017

English: Activity Book, page 26 exercise 3; page 27, exercise 2. (10 min)

Castellano: Terminade a análise morfolóxica. (5 min)

Matemáticas: Páxina 83, exercicios 11, 12 e 13. Hai copiar os enunciados dos problemas, anotar os datos, as operacións (podedes escoller calquera dos dous métodos para resolver a fracción dun número no exercicio 13) e a solución. A solución sempre  expresada cunha oración. (30 min)

Música: Practicade a canción. (5 min)



Martes, 12 de decembro de 2017

Interdisciplinar: Libriño sobre o produto que elaborades na cooperativa. Tamaño A5 (medio folio). (40 min)

English: Exercises. (15 min)

Música: Practicade a canción. (5 min)


Mércores, 11 de decembro de 2017

Matemáticas: Páxina 76, exercicio1 (15 min)

Galego: Estudade para o exame de mañá as unidades 3 e 4, especialmente os pronomes persoais e a súa colocación xa que é onde tendes máis dificultades. Lede de novo as páxinas do texto que tratan sobre os pronomes e as contraccións dos pronomes e intentade comprobar que saberiades facer os exercicios. (40 min). Mañá faremos tamén o ditado das 100 palabras de ortografía en lingua galega. Revisádeas!!! Fixádevos nos acentos gráficos.

Música: Practicade a canción de música (5 min)

Nota: Recordade que mañá debedes traer o exame de castelán asinado.


Martes, 5 de decembro de 2017

Matemáticas. Páxina 86, exercicios 6 e 7 (20 min)

C. Natureza: Páxina 37, ex. 26, 27 e 28. Páxina 41, ex. 1, 2 e 3 (25 min). Estudade para o exame do vindeiro luns.

English: Activity Book. Page 25, exercises 1, 2 & 3 (15 min)


Luns, 4 de decembro de 2017

Matemáticas: Páxina 74, exercicios 1, 2, 3 e 6 (20 min)

Castellano: Páxina 55, exercicios do 1 ao 5. (20 min). Estudar os sustantivos, determinantes, artigos e as normas de acentuación. Repasar as normas de ortografía do son R e do son J.Repasar as palabras homónimas e as parónimas, os poemas, versos, estrofas e rima asonante e consonante. (20 min)


Venres, 1 de decembro de 2017

Castellano: Estudade para o exame do martes: artigos determinados e indeterminados, o substantivo, palabras homónicas, rima, acentuación ... (20 min). Podes intentar responder ás preguntas do final do tema para comprobar que saber respondelas correctamente. Volvede facer prácticas de acentuación no blogue.

C. Sociais: Rematade a proposta de produto para fabricar e vender na cooperativa, así como a ficha de produto. Recordade que ten que estar a bolígrafo e debe incluír un debuxo do produto. (15 min)

C. da Natureza: Rematade os proxectos dos ecosistemas e os informes de cada proxecto. (15 min)

C. Sociais: Rematade o decálogo. Tendes que entregalo o vindeiro martes. (10 min)

Relixión: Recordade que tendes que rematar o resumo sobre a proxección.    


Xoves, 30 de novembro de 2017

Matemáticas: Páxina 66, exercicios 7, 9, 10 e 11 (30 min). Practicade con algunha división de dúas cifras!! Mañá temos o exame. Estudade ben os criterios de divisibilidade que temos na libreta e revisade os problemas que fixemos onte. Mañá recollerei as libretas de matemáticas.

Galego: Texto "Visita á Deputación de Pontevedra". Podedes escoller o formato que prefirades (diario, noticia, artigo de opinión). En calquera caso tendes que poñer no primeiro parágrafo unha introdución explicando o motivo da visita, no segundo párrafo aprotaredes datos concretos sobre o que aconteceu e o que aprendéchedes. O último párrafo será de valoración da experiencia e indicaredes que foi o que máis vos gustou da visita. (20 min).

C. Sociais. Revisade a libreta de Sociais e completade o que teñades sen rematar: Cadro das zonas climáticas do planeta, cadro dos climas de España, climograma ... Mañá recollo as libretas. (5 min)

Música: Estudade ben a segunda parte da canción. Mañá repetímola. (5 min). Acordádevos de vocalizar e de sorrir.(5 min)


Mércores, 29 de novembro de2017

Matemáticas. Páxina 62, exercicio 2. Tendes que escribir os enunciados e todas as respostas posibles (20 min)

Castellano: Páxina 58, exercicios do 2 ata o 14 (30 min)

English: Study (10 min)


Martes, 28 de novembro de 2017

Castellano: Realizade prácticas de acentuación cos exercicios que vos coloquei na páxina principal do blogue: (10 min)

English: Activity Book, page 23, exercise 2 (5 min)

Galego: Páxina 60, exercicios 2-5 (20 min)

C. da Natureza: Decálogo (dez accións que podemos facer para mellorar o noso medio ambiente e os ecosistemas que nos rodean). Escribide unha pequena introdución antes de iniciar o decálogo. Podedes elaboralo en cartolina ou folio. Recordade que imos colocalos en distintos lugares do colexio e han de ser con mensaxes moi claras e chamativas.. Tendes de prazo ata o vindeiro martes. (20 min)

Música: Practicade a canción (5 min)


Luns, 27 de novembro de 2017

Matemáticas: Páxina 60, exercico 3 por escrito. Exercicios 1, 2 e 4 orais (Lédeos e aprendede a dicir a resposta correcta de forma fluída) . (15 min)

C. Sociais: Copiar na libreta o cadro cos climas de España da páxina 34. Podedes acompañalo de ilustracións que voa axuden a memorizalo. (20 min)

Galego: Rodeade con lapis os pronomes persoais que aparecen no texto sobre a Biblioteca e indicade se son tónicos (T) ou átonos (A) así como a persoa (1ª, 2ª ou 3ª  do singular -s- ou do plural -p-)  Mellorade o texto con lapis tamén. Estudade os cadros de pronomes tónicos e átonos así como as súas contraccións.(15 min).

Música: Estudade a canción completa (10 min)


Venres, 24 de novembro de 2017

Matemáticas: Páxina 59, exercicios 1 e 2 (15 min). Tendes que escribir respostas con oracións completas e argumentadas.

Galego: Texto "Charla de reciclaxe " ou "Día contra a violencia de xénero". Podedes escoller o tema e o formato que prefirades: artigo de opinión, noticia, páxina do diario ... Pero recordade que cada texto implica respectar unhas pautas e o uso de pronomes está moi relacionado co tipo de texto. Ten que estar moi ben presentado, a bolígrado se erros ortográficos nen corrector, cun pequeno debuxo ilustrativo e co título destacado. Como sempre mínimo de tres parágrafos e 12 liñas. Non esquezades incluír a valoración sobre a visita e o que aprendéchedes, tanto da visita como do camiño á biblioteca. (30 min)

C. Sociais: Lede e estudade o texto sobre os climas de España e as súas características. O luns teredes que facer un gráfico comparativo dos distintos tipos de clima en España. (15 min)



Xoves, 23 de novembro de 2017

Matemáticas: Páxina 58, exercicios 2 e 3 (20 min)

Galego: Texto "Visita á biblioteca". Podedes escoller o formato que prefirades: artigo de opinión, noticia, páxina do diario ... Pero recordade que cada texto implica respectar unhas pautas e o uso de pronomes está moi relacionado co tipo de texto. Ten que estar moi ben presentado, a bolígrado se erros ortográficos nen corrector, cun pequeno debuxo ilustrativo e co título destacado. Como sempre mínimo de tres parágrafos e 12 liñas. Non esquezades incluír a valoración sobre a visita e o que aprendéchedes, tanto da visita como do camiño á biblioteca. (30 min)

C. Sociais: Lede o texto sobre os climas de España e as súas características. (10 min)


Mércores, 22 de novembro de 2017

Matemáticas: Ficha (20 min)

 English: Activity Book, page 22, exercise 1;Pupil´s Book, page 24, exercise 1; (20 min)

Castellano: Completar o esquema da contraportada e analizar as oracións (escribindo so o a clase de palabra, debaixo de cada palabra): (10 min). 

Galego: Disfrutade da lectura, investigade, descubride ... (10 min)


Martes, 21 de novembro de 2017

C. da Natureza: Cadro comparativo dos seis grandes ecosistemas que atopamos no planeta do Polo ao Ecuador: Tendes que indicar, para cada ecosistemas, os lugares que abarca (algúns), as temperaturas e precipitacións que os caracterizan e o tipo de animais e prantas que predominan nos mesmos. Axudádevos da información que se recolle no voso libro nas páxinas 30 e 31. (20 min)

English: Activity Book, page 21, exercise 2. Two worksheet.


Luns, 20 de novembro de 2017. Día internacional dos dereitos dos nenos.

Matemáticas: Páxina 52, exercico 8. (15 min)

Castellano: Páxina 54, exercicio do 3 ao 11. Aqueles que teñen que repetir o climograma so fan o resumo do texto (exercicio 10). (30 min).

C. Sociais: Climograma, exercicio 7. (15 min)

C. da Natureza: Completade a información sobre o voso ecosistema. (15 min).

Recordade que mañá tendes que entregar a vosa proposta de Logo para a cooperativa e os textos pasados a limpo.


Venres, 17 de novembro de 2017

Matemáticas: Páxina 47, rematade as divisións indicando cal é o cociente e o resto como fixemos na aula. Recordade como varía o resto se aplicamos a propiedade fundamental da división. (10 min) Páxina 49, exercicios 3 e 4. Recordade que tendes que escribir o enunciado e poñer as palabras: datos, operacións e solucións con bolígrafo vermello para destacalos. As operacións podedes poñelas en horizontal se sodes capaces de facelas xa mentalmente. A solución ha de ser unha oración completa que responda á pregunta que se vos plantexa. (25 min)

English: Activity Book, page 20, exercises 1 &3. Page 21, exercise 1. Pupil´s Book, page 23, exercise 1. (20 min)

C. Sociais: Lede e aprendede as zonas climáticas da Terra. Revisade os conceptos de altitude e latitude. Como comprobáchedes hoxe, debedes asegurarvos que sodes capaces de expresar con precisión cada término para non cometer erros. (5 min)

C da Natureza: Recórdovos que cada equipo ha de presentar un informe escrito sobre o proxecto realizado que terá estas partes: Portada, Índice, Introdución (nela podedes explicar porqué escolléchedes ese ecosistema, onde vos reuníchedes para traballar, como vos organizáchedes, que materiais utilizáchedes  ... ; Contido (falaredes concretamente sobre o ecosistema estudado: seres vivos, medio físico e relacións, cadeas e redes tróficas, adaptacións ao medio deses seres vivos; características de catro dos seres vivos dese ecosistema: tipo, descripción , nutrición, relación e reprodución de cada un deles ...); Bibliografía e Conclusións. Os proxectos deben estar entregados  o 12 de decembro.


Xoves, 16 de novembro de 2017

Matemáticas: Propiedade fundamental da división. Escribe unha división sinxela e resólvea. Logo multiplica ou divide o divedendo e o divisor polo número que ti queiras. Resolve a nova división e comproba que tes o mesmo cociente e que o resto quedou multiplicado ou dividido polo número que ti escolleras. Fai este proceso dúas veces. Se o prefires ou che parece máis facil podes realizar o exercicio 1 do libro (páxina 46).
(10 min)

Castellano: Páxina 41, exercicios do 1 ao 5. (20 min)

C. Sociais: Repasade o mapa mental sobre o tempo e a estación metereolóxica. Coloreade os debuxos e lede de novo o tema completo, (10 min)




Miércoles, 15 de novembro de2017

Matemáticas: Página 44, ejercicio 1 (20 min)

Castellano: Aprender y revisar las normas ortográficas de uso de r/rr y de las palabras con j. (10 min)

English: Activity Book, page 19 exercise 2. Two worksheet. (20 min)

C. da Natureza: Seguimos investigando sobre os ecosistemas (10 min)



Martes, 14 de novembro de 2017

C. da Natureza: Buscar información, deseñar e preparar materais para crear o traballo en grupo dos Ecosistemas. (40 min)

C. Sociais: Rematade o mapa mental sobre o tempo e a estación metereolóxica (5 min)

Linguas: Lede un libro e disfrutade da súa lectura (5 min)

English: Page 21, ex.1 (10 min)



Luns, 13 de novembro de 2017

Matemáticas, Páxina 48, exercicio 2 (20 min)

Castellano: Páxinas 44 e 45, exercicios do 3 ao 12 (20 min)

Sociais: Mapa mental: Tempo metereolóxico e estación metereolóxica (10 min). Para o venres.. Podedes consultar a estación metereolóxica na páxina 134 do libro.



Venres, 10 de novembro de 2017

Galego: Páxina do diario "Magosto". Recordade que ha de estar escrito en 1º persoa e se inicia con "Querido diarioª. Sempre ha de figurar a data.. (20 min)

English: Student´s Book: Page 19, ex. 3. Activity Book, page 16, ex. 1 & 2 (20 min)

C. Sociais: Lectura completa da unidade 2 (20 min)


Xoves, 9 de novembro de 2017

Matemáticas: Páxina 42, exercicio 1. (30 min)

Galego: Conto co tema:  "Un rei/raiña dun país imaxinario ... ha de decidir en que gasta os impostos". 2 páxinas. (30 min)



Mércores, 8 de novembro de 2017

Matemáticas: Páxina 42, exercicio 2. (30 min)

English: Notebook: Student´s Book: page17 , exercise  2 . Activity Book: page 15 exercise  2 . Worksheet  (20 min)

Castellano: Páxina 43, exercicio: 5, 7 e 8 (10 min)


Martes, 7 de novembro de 2017

C. da Natureza: Lede o tema 2 completo sobre os ecosistemas, os elementos que o forman e as características dos principais ecosistemas terrestres e mariños. Escollede un deles ou calquera outro que coñezades ( un bosque, unha lagoa, unha charca, uns acantilados ... Buscade información para preparar, cos vosos compañeiros de equipo o proxecto que teredes que presentar a fin de mes: Un ecosistema e o correspondente informe (un por cada equipo).(40 min)

Matemáticas: Os que tivéchedes algún erro nas operacións matemáticas da proba de control, revisádeas e volvede facelas con calma na libreta (10 min)

Música: Páxina 24, exercicio 6. Hai que facelo na libreta. (10 min)


Luns, 6 de novembro de 2017

Castellano: Resumo da lectura: "Damian Kifki". Máximo 6 liñas. Podedes seguir as pautas que vos recordan no exercicio 11 da páxina 40. (10 min)

English: Study for the exam (25 min)

Matemáticas: Páxina 41, exercicio 1 (10 min)

C. Sociais: Rematade a proposta de Logo e Nome para a nosa cooperativa. (5 min)


Venres, 3 de novembro de 2017

Matemáticas: Preparade ben o exame de matemáticas. Recordade que ides precisar lapis e papel. Intentade facer de novo vós soíños os exercicios que tendes no caderno e comprobade que os resultados son correctos. Practicade especialmente as multiplicación con ceros no segundo factor e con ceros intermedios no segundo factor. (50 min).


C. da Natureza: Traballo sobre "Os cinco Reinos" (Ide rematando para entregar).


Xoves, 2 de novembro de 2017

Castellano: Lede a lectura da Unidade 3 e as preguntas sobre a comprensión da lectura para comprobar que a entendéchedes ben. Logo preparade a cronolectura (10 min)

Galego: Pasade a limpo o voso "Conto de medo" con letra perfecta e debuxos moi ben coloreados; ítulo destacado.(10 min).

English: . Study for exam. (30 min)

C. da Natureza: Traballo sobre "Os cinco Reinos" (Ide rematando para entregar).


Martes, 31 de outubro de 2017

English: worksheet. (15 min). Study for exam. (45 min)

C. da Natureza. Revisade e ide rematando o informe sobre os Cinco Reinos xa que esta semana remata o prazo para presentalo. Con todo, poderedes entregalo tamén na vindeira semana.


Luns, 30 de outubro de 2017

Matemáticas: Páxinas 30 e 31, exercicios 2, 3 e 4 (15 min)

C. Sociais: Mapa mental ou esquema coas partes da xeosfera a atmosfera e a hidrosfera (coas imaxes correspondentes) (30 min). Estudo do Universo (planetas, estrelas, cometas, meteoritos, asteroides ...), as coordenadas, os fusos horarios, a representación do planeta ... (15 min). Mañá temos o exame.

Galego: Pensa un conto de medo. Mañá terás que escribilo na aula.



Venres, 27 de outubro de 2017

Matemáticas: Páxina 27, exercicios 3, 4 e 5. Recordade que debedes expresar as operacións en unha única línea na que aparezan as operacións combinadas. Non esquezades escribir a solución (40 min)

English: Pupil´s Book, page, 16, exercise 2. Notebook: sentences. (20 min)

Galego: Pensa un conto de medo. O luns terás que escribilo na aula.

Sociais: Ide repasando algúns aspectos das ciencias sociais para o exame do martes.


Xoves, 26 de outubro de 2017

C. da Natureza. En folio realizar un esquema (ou mapa mental) coas tres funcións vitais que realizan as plantas, de xeito que no esquema poidamos situar todos os aspectos clave que estudamos neste tema. Acompañarémolo de debuxos ilustrativos e claves que nos axuden a entender os conceptos. Na parte de atrás do folio volvemos anotar as características de anxiospermas, ximnospermas, fentos e musgos. (30 min).
Estudar especialmente a fotosíntese, a respiración e a reprodución sexual das plantas. Repaso do tema. (30 min)


Mércores, 25 de outubro de 2017

Castellano: Artículo de opinión: "El mundo de los sellos". Escribiremos un artículo de opinión sobre la visita que hoy hemos realizado. Despues de explicar en el primer o priméros párrafos en que consistió la visita y la charla del ponente, expondremos en el último párrafo nuestra opinión sobre la visita, lo que hemos aprendido ... Como siempre el texto tendrá como mínimo 12 líneas, márgenes, buena letra, ortografía revisada, título destacado ...y un dibujo ilustrativo. (30 min)

C. Naturais: Para continuar preparando o exame de naturais que teremos o venres, hoxe debuxades no caderno de matemáticas as ilustración relativas á reprodución sexual das plantas. Escribide os textos con bolígrafo. Recordade explicar en que consisten a polinización, a fecundación e a xerminación. Tamén debedes indicar como é a reprodución dos fungos. (30 min)

Martes, 24 de outubro de 2017. Día das Bibliotecas escolares

Castellano: Estudar. Temos o exame o mércores. Hoxe estudade que é a literatura, os seus xéneros e os temas que trata. Repasade os mesmos conceptos que xa tedes que estudar en galego. (50 min)

C. da Natureza: Lede e estudade a reprodución sexual das plantas. (10 min)


Luns, 23 de outubro de 2017

Galego: Estudar. Mañá temos o exame. Recordade a ortografía de palabras con c/z, c/q, g/j e o uso de maiúsculas. Tendes que saber que é a comunicación e os elementos que a configuran, que é a linguaxe, os tipos de linguaxe, que son as linguas e as linguas que se falan en España. No vocabulario recordade que son palabras sinónimas, antónimas, polisémicas e monosémicas. (20 min). Pasade a limpo a carta para o voso afillado (5 min)

Castellano: Estudar. Temos o exame o mércores. Hoxe estudade que é a literatura, os seus xéneros e os temas que trata. Repasade os mesmos conceptos que xa tedes que estudar en galego. (10 min)

Matemáticas: Páxina 34, exercicio 7. Acordádevos de subliñar a operación que ten prioridade. (25 min)



Venres, 20 de outubro de 2017

Galego. Repaso acumulativo. Páxina 35 (Voluntario). Temos exame o martes dos temas 1 e 2. Estudar definicións. (20 min)

C. Sociais: Ficha de repaso do Universo. (20 min)

C. da Natureza: Ficha de repaso das plantas. Temos exame o venres. (20 min)

Teremos o exame de castellano o mércores.


Xoves, 19 de outubro de 2017

Castellano: Páxina 26, estudar que é a linguaxe, as linguas e cales son as linguas oficiais nas comunidades autónomas de España. (10 min)

Matemáticas: Páxina 34, exercicios 3 (so as operacións da última columna), 4 e 5. (30 min)

C. da Natureza: Debuxo da páxina 11 cos nomes indicando os factores que interveñen na fotosíntese e na respiración das plantas. Estudar a páxina 10. (20 min)

Acordádevos de anotar canto tempo tardades en facer os exercicios.


Mércores, 18 de outubro de 2017

Castellano: Página 25, ejercicios 3, 4, 5, 6 y 7 (20 min)

Matemáticas: Página 25, exercicios 3 e 4. (30 min)

English: Activity Book, page 12, exercise 1 & 2 (10 min)


Martes,  17 de outubro de 2017

C. da Natureza: Esquema no caderno sobre a función de relación nas plantas: nastias, tropismos e ciclos vitais. Recordade anotar as definicións e os debuxos correspondentes.(30 min)

Galego: Resumo de "Un conto de medo"; máximo de seis liñas.  Ledes os exercicios sobre a comprensión da lectura para comprobar que entendéchedes ben. O xoves teremos a cronolectura.(10 min)

English: Student Book. Page 13, exercise 1 . Worksheet. (20 min)


Luns, 16 de outubro de 2017

Matemáticas: Páxina 22, exercicio 2. (20 min)

Galego. Artigo de opinión. "Incendios". Recordade os requisitos que debedes ter en conta á hora de escribir o voso artigo de opinión, dado que reune características similares ás da noticia e algunha diferenza. Debe ter un titular breve e chamativo escrito en maiúsculas. Escribir arriba, na marxe dereita, a data. Debaixo do titular irá o encabezado e se non o ten, xa poñedes o voso nome en maiúscula e o lugar dende o que se emite a noticia (Cambados). De seguido vén o corpo da noticia. O primeiro parágrafo estará expresado en 3ª persoa e contará os feitos que queredes relatar buscando cumprir a regra das 6W. No parágrafo seguinte (e xusto aquí está a diferenza coa noticia) debedes expresar a vosa OPINIÓN  sobre o que está a acontecer e polo tanto usaredes os verbos en primeira persoa (do singular ou do plural). Podedes expresar o que sentides, o que queredes, o que esperades ... Como sempre, nos escritos de 5º, tendes que escribir un mínimo de 12 liñas con letra clara e corrección ortográfica. O texto irá acompañado dunha imaxe alusiva ao tema. (40 min)



Mércores, 11 de outubro de 2017

English: Worksheet (3) . 45 min

C. da Natureza. Informe "Os cinco reinos". Cada alumno/a deberá elaborar un informe sobre os cinco reinos. Este informe deberá contar con portada, índice, información xeral sobre cada reino e sobre un exemplar de cada un dos reinos en concreto (un animal, unha planta, un fungo, un protozoo ou alga e unha bacteria a escoller). Finalizará o informe dando conta da bibliografía e terá unha última páxina de conclusión na que expresará o que aprendeu ou o que máis o sorprendeu nesta investigación.
 Entregarase este traballo escrito en galego en tamaño folio (cunha esmerada presentación, linealidade, marxes, coidada ortografía e puntuación) na primeira semana do mes de novembro.


Martes, 10 de outubro de 2017

Matemáticas: Ficha. Practicade cos exercicios de números romanos que podedes descubrir no blogue de 5ºA e repasade o que aprendemos nestes días. Mañá teremos o primeiro exame. (30 min)

C. da Natureza: Rematade o esquema e pintade os debuxos. Ficha. Estudade o vocabulario novo. (15 min).

English: Worksheet. Activity Book: Page 9, exercises 1 & 2.



Luns, 9 de outubro de 2017


C. Sociais: Estudar as capas da atmosfera para venres.

Matemáticas: Páxina 16, exercicios 6, 7 8 e 9 (30 min)

Castellano: Página 20: Ejercicios 2- 10 (30 min)



Venres, 6 de outubro de 2017

C. Sociais: Lede o tema completo sobre o universo, fixádevos ben si entendedes os fusos horarios e se saberiades responder ás preguntas que vos fan no libro. Non tendes que responder por escrito. Si podedes axudarvos do vídeo que aquí vos deixo para entendelos mellor. (20 min)

English: Worksheet and sentences in your notebook. (20 min)

Matemáticas: Táboas (10 min)

Linguas; Práctica da ortografía de 100 palabras. (10 min)

C. da Natureza: Rematade os debuxos e explicacións dos tipos de reprodución asexual das plantas.



Xoves, 5 de outubro de 2017

Matemáticas:  Páxina 2 da ficha de números romanos (15 min).

Galego: Páxina 20, exercicios, 1, 2, 3, 4 e 6 (30 min). Estudar ortografía (5 min). Aproveitade para disfrutar dos textos literarios e da literatura como fixéchedes hoxe. Pasade a limpo o texto de Ecopercusión (10 min)


Mércores, 4 de outubro de 2017

Matemáticas: Páxina 13, exercicio 4 (rematar) (10 min); Páxina 1 da ficha de números romanos (20 min)
Estudar a táboa (5 min).

English: Activity Book: page 7, exercise 1 & 2. Student Book. Questions... page 89-96 (20 min)

GalegoEstudar ortografía( 5 min)


Martes, 3 de outubro de 2017

Galego: Texto escrito co título "Ecopercusión". O texto terá formato libre. Recordade os mínimos para este curso: en folio, con marxes, título destacado, doce liñas estruturadas en tres parágrafos, debuxos ilustrativos sobre o contido. Ortografía correcta. 
Facede primeiro un borrador, lédeo con calma prestando moita atención a puntos e comas.Autocorrexide e logo pasádeo a limpo. (20 min). Estudar ortografía( 10 min)

English: Activity Book: page 6, exercise 2 &3. Notebook: Sentences; interrogative and negative.(20 min)

MatemáticasTáboas (10 min)


Luns, 2 de outubro de 2017

Matemáticas: Páxina 15. exercicios 1, 2, 3, 4 e 5. Escribides con bolígrafo azul o enunciado dos problemas. Podedes escribir os datos a lapis ou subliñalos no enunciado. Colocade as operacións en horizontal. Son moi sinxelas e podedes resolvelas directamente, pero se o precisades, facede as contas en vertical. Non esquezades escribir a solución cunha oració. (30 min). Táboas (10 min)

Galego: Rematade o texto cun debuxo ou algunha ilustración alusiva ao voso primeiro día de colexio. (10 min). Estudar as 100  palabras de ortografía básicas. (10 min)
 



Venres, 29 de setembro de 2017

Galego. Pasar a limpo con bolígrafo azul o escrito sobre o primeiro día de clase (Título destacado, boa letra, linealidade, con marxes e coidando a ortografía). Rematar cun pequeno dibuxo ilustrativo. (20 min)

Castellano: Estudar palabras; luns, ditado. (10 min)

English: Page 8, exercise 1, Worksheet. (20 min)

Matemáticas: Estudar as táboas. (10 min)


Xoves, 28 de setembro de 2017

Matemáticas: Páxina 12, exercicio 2 (escribide cada número e ao lado a aproximación ás CM) (10 min). Estudar as táboas de multiplicar (10 min).

C. da Natureza. Rematade na libreta os debuxos das partes da planta e da reprodución asexual das plantas escribindo as definicións correspondentes. Recordade que na definición ha de aparecer necesariamente o verbo "é" ...(30 min).

Linguas: Estudade a ortografía das 100 palabras (10 min)



Mércores,27 de setembro de 2017

Castellano: Página10, todos (el último es voluntario). (30 min). Estudiar las 100 palabras con dificultad ortográfica (5 min).

Matemáticas: Páxina 10, exercicio2, so os catro números da primeira fila. O exercicio realízase do mesmo xeito que os que xa fixemos na clase os días anteriores. (15 min). Estudar as táboas 10 minutos


Martes,26 de setembro de 2017

Castellano: Página 11, ejercicios del 1 al 5. (Si queréis podéis hacer el seis) (30 min). Estudiar las 100 palabras con dificultad ortográfica.(15 min)

Matemáticas: Estudiade as táboas de multiplicar (10 min).

Plástica: Preparade os círculos de papel de periódico para facer as uvas. (5 min). Tendes que traelos mañá.


Luns, 25 de setembro de 2017

Matemáticas: Páxina 8, exercicio 2 (descompón os números e escribe como se len) (10 min). Estudar a táboa de multiplicar e practicar o cálculo rápido de divisións. (15 min)

C. Sociais: Ler o tema completo do Universo e anotar dúbidas e todo aquilo que queiramos descubrir. (15 min)

Galego: Práctica coas 100 palabras con dificultade ortográfica (15 min)

Plástica: Preparade os cículos de palel de periódico para facer as uvas. (5 min)