17 de decembro de 2015

Charla sobre a reciclaxe e a compostaxe

Onte tivemos tamén unha sesión expléndida con Sara, unha verdadeira especialista do Concello en temas de reciclaxe e de compostaxe. En definitiva, unha especialista no coidado do  Medio e na protección dos ecosistemas, que nos ensinou como convertirnos en Homus Responsabilis para non acabar co planeta e non acentuar o cambio climático.


Visita dos membros da Asociación Down Pontevedra Xuntos

Fai uns días Iria, Érika e Laura leron na clase un conto sobre un neno coa Síndrome de Down que nos emocionou moito. Decidimos logo, pedirlles aos membros da Asociación Dowun Pontevedra Xuntos que  viñesen un día polo centro e nos falasen máis destes nenos e mozos. Eran moitas as cousas que querían saber, e foron moitas as experiencias que nos fixeron vivir para entender mellor ás persoas cunha discapacidade psíquica, ou como a eles lles gosta dicir, ás persoas diferentes.





3 de decembro de 2015

Os perigos das TICs

Dada a importancia do tema a tratar, prégovos encarecidamente a todas as nais e pais ue non faltedes á cita de hoxe ás sete da tarde no colexio. Están xurdindo moitos problemas e temos que saber darlle unha resposta axeitada, para o que precisamos de todos e cada un de vós. Vémonos hoxe pola tarde ás sete no colexio.

1 de decembro de 2015

Estrategia para aprender la tabla de 6,7,8,9 y 10

Para os máis rezagados, que non dan aprendido as táboas, tal vez lles veña ben aprenderse algún truquiño que lles axude a aprender as táboas do 6, 7, 8 e 9.

Clube de lectura

Onte iniciaron a andaina do Clube de lectura. Aqueles que, voluntariamente queren pertencer ao clube, adquiren o compromiso de leren na casa o libro que cada mes marcamos para todos e logo xúntanse coa profes Paula no recreo un día cada mes, para poñer en común aquilo que máis lle gustou do libro, o máis divertido, o máis impactante, o máis triste ... o máis emocionante. Compartindo lectura tamén compartimos experiencias e sentimentos. Ademáis de mellorar a lectura, por suposto, e de disfrutar lendo. OI primeiro libro para compartir vai ser "Contos por palabras" de Agustín Fernández Paz. Ánimo lectores. Neste primeiro mes xa temos sete apaixoados pola lectura.

Síndrome de Down

Iria, Érika e Lura remataron hoxe de lernos un libro que nos conta a historia de David. Un neno moi especial. Emocionámonos moito lendo a súa historia e sentímonos moi identificados coa súa familia. Grazas, raparigas, por escoller para nós esta historia tan bonita!

O clube da Comedia

Os últimos quince minutos dos martes acordamos reservalos para pasar un rato distendido presenciando as actuacións que os compañeiros nos teñen preparadas. Hoxe, máis de media clase representou unha pequena obriña de teatro composta por eles mesmos e que trataba dunha historia "de medo". Xa a prepararan para a festa do Samaín, pero non foi posible representala ata hoxe. Cabe dicir que o fixeron moi ben. Cumpliuse ben o obxectivo: disfrutar xuntos coas propias creacións artísticas. Logo Pedro, Raúl e Kahia léronos unha hostoria que nos deixou moi impactados. Pedro, veuna un día en internet e reescribiuna para contarnola. Quedamos abraiados!



El tamborilero

Hoxe repasamos os contidos que estivemos traballando nestes días coa canción "El tamborilero" que estamos preparando para o festival de Nadal. Como aínda non todos vos sabedes ven a letra, déixovola para que non esquezades seguila aprendendo. Aproveitade para repasar, como na clase, o que estudamos da rima asoante e consoante dos substantivos e dos determinantes. Si queredes, tamén podedes escoitar esta versión do tema.

El camino que lleva a Belén 
baja hasta al valle que la nieve cubrió. 
Los pastorcillos quieren ver su Rey, 
le traen regalos en su humilde zurrón 
al Redentor, al Redentor. 

Yo quisiera poner a tus pies 
algún presente que te agrade, Señor, 
mas Tú ya sabes que soy pobre también 
y no poseo más que un viejo tambor. 
En tu honor frente al portal tocaré 
que con mi tambor! 

El camino que lleva a Belén 
voy marcando con mi viejo tambor, 
nada hay mejor que yo pueda ofrecer, 
su ronco acento es un canto de amor 
al Redentor, al Redentor. 
Cuando Dios me vió tocando 
ante El me sonrió.

30 de novembro de 2015

Recordando a Neira Vilas. "Ai, amor!"

Hoxe recordando a Neira Vilas co poema "Ai, amor"  repasamos varios contidos que tratamos neste tempo e que serán avaliados no exame do xoves: a lírica, os versos e as estrofas, a diferenza entre rima asoante e consoante, os pronomes tónicos e átonos, os substantivos ... Pero ademais, acordámonos dos nosos emigrantes, daqueles que tiveron que irse lonxe,  moi lonxe, deixando atrás aos seus amores, a mocidade. Daquela, cando aínda non había teléfono nas nosas aldeas, cando as comunicacións eran difíciles, cando aínda non se inventaran as consolas e os videoxogos... daquela.
Déixovos aquí, para recordar, o poema.

Ai, amor! Xosé Neira Vilas

Que lonxe! Que lonxe estás!
Canta terra entre nós dous.
Peno dende que te fuches.
Ai, amor! Ai, amor!

Cando busco nos teus ollos,
magóame o corazón.
Cantas cousas non pasaron!
Ai, amor! Ai, amor!

Pasaron meses e anos,
e a mocidade pasou.
Mido por noites o tempo.
Ai, amor! Ai, amor!

Por ti agardo cada día,
ateigada de ilusión.
Ven axiña, volta a min.
Ai, amor! Ai, amor!

Ai amor, que lonxanía!
Que soedade, que delor!
Vivir sen ti non é vida.
Ai, amor! Ai, amor!

Cartas van e cartas veñen
e as palabras tinta son.
Quero escoitar a túa voz!
Ai, amor! Ai, amor!
Tamén podedes escoitar a canción que para el crearon Mini e Mero e que interpretaron na súa honra o día do seu enterro.

27 de novembro de 2015

Repasamos mates













Máquina de empaquetado.




Resultado de imaxes para múltiplos divisores reglas de divisibilidad

Resultado de imaxes para múltiplos divisores reglas de divisibilidad


Resultado de imaxes para reglas de divisibilidad Resultado de imaxes para reglas de divisibilidad



Resultado de imaxes para múltiplos divisores reglas de divisibilidad





Resultado de imaxes para múltiplos divisores reglas de divisibilidad


Resultado de imaxes para números primos



Resultado de imaxes para números primos




Repaso de acentuación

Recordamos cales son as sílabas tónicas e átonas e como se clasifican as palabras tendo en conta a sílaba tónica. Podes comprobar o que sabes con estes exercicios:

Resultado de imaxes para reglas de acentuación

Puedes practicar un poco con algunos ejercicios de acentuación. Pero antes aprendete bien las normas
Resultado de imaxes para reglas de acentuación

Sigue practicando:

Resultado de imaxes para reglas de acentuación


Neira Vilas déixanos orfos


O noso tan querido Xosé Neira Vilas faleceu no día de hoxe. Sentímos un gran pesar pola súa perda e un agarimoso recordo da súa presenza entre nós.



Queremos gardar un anaquiño da súa presencia no centro escoitando os versos que lle cantou naquel intre Manoele de Felisa e que interpreta marabillosamente Abraham, un alumno do centro naquel intre, irmán da nosa compañeira, Sarah Leiro.





Acordádesvos??? Aquí estivo. Con todos nós.


Esto foi o que escribíchedes con motivo da súa visita:

O 4 de xuño de 2014 veu ao colexio o escritor Xosé Neira Vilas. O primeiro que fixo foi presentarse. Dixo que nacera en Gres, que emigrara a Bos Aires, fixo teatro ...
Na súa nenez levantábase moi cedo para ir ao cole e despois ao saír coidar as vacas. Emigrou  cando empezou a guerra a Bos Aires. Casou coa súa muller Anisia Miranda.Despois de 43 anos volveu a Gres.
Comezou a escribir en Bos Aires e continuou en Gres. Algunhas das súas obras son: Neno Balbino, Memorias dun neno labrego, Xente no rodicio ...
Foi unha entrevista entretida e interesante. Gustoume moito.
Redactora: Laura Paz

26 de novembro de 2015

Padriños Lectores, afillados lectores

Hoxe os nosos afillados lectores trouxéronos e léronos un conto precioso, anticipando xa o Nadal titulado "El hombre de Jengibre". Nós lémoslle "O coello Dentón " e ensinámoslle como se recoñece a un amigo.



25 de novembro de 2015

Día Internacional contra a Violencia de Xénero

Hoxe, como non podía ser doutro xeito, tivemos uns minutos na aula para reflexionar sobre as relacións de parella.
Limos na prensa un artigo que nos recordaba que o machismo  camúflase a miudo co nome de amor romántico e amor sumiso, sobre todo na mocidade e temos que descubrilo.
Tamén vimos uns vídeos que nos amosan que todos temos que aprender autocontrol, que hai que aprender a expresar os sentimentos e a facer e aceptar cumplidos. Mellorar no autocontrol e na expresión de sentimentos axudarannos arelacionarnos mellor cos demais e tamén coas persoas as que queremos.
Fixemos unha dinámica na que simulábamos ser coches moi revolucionados ... chocamos con moitos compañeiros. É fundamental controlarse a si mesmo para non facer dano.

Para rematar vimos un vídeo no que unha rapaza maltrataba se sentía mal e lle daba vergoña que a visen maltratada, polo que se agachaba nunha máscara. Para recuperar de  novo o sorriso  tiña que ...
Podedes volver a velo pinchando nesta ligazón:

Violencia de xénero

20 de novembro de 2015

Polas rúas de Cambados. Análise da limpeza no contorno

Hoxe, todo a alumnado de 5º percorreu algunha das rúas principais de Cambados para analizar a limpeza no seu contorno examinando o tipo de colectores que atopaba no seu percorrido. Logo do estudo dos arredores escribirán unha instancia con algunhas propostas de mellora que van dirixir ao Concello. Comprometidos co noso pobo e co seu futuro, queremos coidalo.






16 de novembro de 2015

Para saber máis

Para saber maís sobre os ecosistemas, o tempo atmosférico e practicar as divisións entre dúas cifras visitade a páxina do blogue dos nosos compañeiros de 5ºA e practicade coas actividades propostas.

Ecosistemas na horta.

Despois de estudar as cadeas e redes alimenticias e de comprobar que todos sabiamos cales eran os produtores, consumidores e descompoñedores baixamos á horta e vimos varias especies de produtores. Comprobamos o que medraran as plantiñas dende a última vez. Antes apenas se diferenciaba o tipo de planta que ían ser aquelas folliñas minúsculas (Como ben dicía O Principiño:  "Aínda non se podía distinguir as rosas dos baobabs").Agora ben se ven xa as mentas, as silvas que rebrotan, as gramíneas e tamén "A capuchina"!!, unha das plantas invasoras que descubrimos o venres. Entre os consumidores vimos arañas, lesmas, formigas e outros "bichiños". Non vimos descompoñedores, pero de seguro que as bacterias estaban por todas partes. Os fungos aínda non sairon.
Seguiremos informando.

Minuto de silenzo no patio

Resultado de imaxes para atentado en paris 2015 novembro



Atentado en París

O pasado venres 13 de novembro houbo un atentado en París.Os terroristas atacaron tres lugares á vez, unha discoteca, a praza de Bataclán.e un estadio de futbol.

Na discoteca que atacaron estaban a tocar un grupo famoso, ningun deles saiu ferido.


                            Autora: Sabela Seijo

Como manifestación e repulsa por este feito e como mostra de solidariedade para con todas as víctimas, hoxe, no patio, gardamos un minuto de silenzo. Perto de 300 nenos e nenas cos seus profesores pecharon as súas voces e amosaron a tristura nas súas caras outrora sorrintes. Tal foi o silenzo que, pasado este tempo escoitamos con toda claridade o manifesto que leu a nosa xefa de estudios sen que precisase megafonía.
Grazas a todos por participar de forma tan esmerada e respectuosa.