![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjFVtZ-fgrhRNygxECxQW0uufNBjc8-SdF0F9N4r317-CVty49jqz7CGtp3SuQKm2-yxrN3dJ2lq_uPj9Y2ic-isBPMR0B6RCyxmmTHYisuCarwvSxbCvizLZ2ISTRdXe-X_hlneUv9paNi/s1600/Neira+Vilas.jpg)
O noso tan querido Xosé Neira Vilas faleceu no día de hoxe. Sentímos un gran pesar pola súa perda e un agarimoso recordo da súa presenza entre nós.
Queremos gardar un anaquiño da súa presencia no centro escoitando os versos que lle cantou naquel intre Manoele de Felisa e que interpreta marabillosamente Abraham, un alumno do centro naquel intre, irmán da nosa compañeira, Sarah Leiro.
Acordádesvos??? Aquí estivo. Con todos nós.
Esto foi o que escribíchedes con motivo da súa visita:
O 4 de xuño de 2014 veu ao colexio o escritor Xosé Neira Vilas. O primeiro que fixo foi presentarse. Dixo que nacera en Gres, que emigrara a Bos Aires, fixo teatro ...
Na súa nenez levantábase moi cedo para ir ao cole e despois ao saír coidar as vacas. Emigrou cando empezou a guerra a Bos Aires. Casou coa súa muller Anisia Miranda.Despois de 43 anos volveu a Gres.
Comezou a escribir en Bos Aires e continuou en Gres. Algunhas das súas obras son: Neno Balbino, Memorias dun neno labrego, Xente no rodicio ...
Foi unha entrevista entretida e interesante. Gustoume moito.
Redactora: Laura Paz