16 de novembro de 2015

Ecosistemas na horta.

Despois de estudar as cadeas e redes alimenticias e de comprobar que todos sabiamos cales eran os produtores, consumidores e descompoñedores baixamos á horta e vimos varias especies de produtores. Comprobamos o que medraran as plantiñas dende a última vez. Antes apenas se diferenciaba o tipo de planta que ían ser aquelas folliñas minúsculas (Como ben dicía O Principiño:  "Aínda non se podía distinguir as rosas dos baobabs").Agora ben se ven xa as mentas, as silvas que rebrotan, as gramíneas e tamén "A capuchina"!!, unha das plantas invasoras que descubrimos o venres. Entre os consumidores vimos arañas, lesmas, formigas e outros "bichiños". Non vimos descompoñedores, pero de seguro que as bacterias estaban por todas partes. Os fungos aínda non sairon.
Seguiremos informando.