26 de maio de 2016

Dando a volta a Europa

Hoxe, o grupo dos Inmortais fixo a súa exposición sobre Europa (Croacia)

Este grupo está formado por María, Alonso, Eloy e Dani (eu)

Falaron das comidas típicas e moitas outras cousas de interese.
Autor: Dani

Circuitos electricos!!!!!

Hoxe día 28 de maio, eu, Román, queríavos falar dos nosos proxectos de ciencias naturais . Unha semana, a profe Rosa, propúxonos facer circuitos electricos .
O primeiro neno que fixo un foi Cristian,os outros foron Dani, Maria, Eloy e Alonso que presentaron un faro moi chulo que tiña musgo e luz vermella. Despois foron Miguel , José , Iria e Lara . Un pouco antes do último  trouxo o circuito Kathia. Cando puideron, os do equipo Inseparables formado por Kathia, Raúl , Érika e Sabela Palacios trouxeron a rotonda con luz e focos. O penútimo dos equipos foi "4 Fantásticos" formado por Laura, Cristian , Sabela Seijo e Mariña que presentaron unha casa e unha especie de coche con motor e luz . Terminarán os de Cinco Noites formado por Román ( eu ), Aitana , Marycielo e Pedro que primeiro expuxerán un ``coche ´´ e por último eu presentarei unha`` cociña ´´





Ata aquí nosa información de hoxe  ( :  D FELIZ!!!)
Vémonos en próximas reportaxes. 
Un saudo xigante.
 Autor: Román

Tempos verbais

Para que practiquéis de una forma más divertida con los tiempos verbales, podeis escoger alguno de los siguientes enlaces:

REPASO: 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14

25 de maio de 2016

A voltas co xornal

Hoxe descubrimos á nosa compañeira Kathia nas páxinas do xornal, pois ademais de ser a nosa delegada e unha marabillosa lectora, actriz, cantante e bailarina ten tempo para prestar a súa axuda na confección das alfombras que lucirán este domingo nas rúas de Cambados. Desde tan pequena destaca xa a súa implicación  como voluntaria na vida parroquial. Todo un orgullo!

Pero, non podemos deixar atrás a outro dos nosos alumnos: Brais, que destaca na súa actividade futboleira e fora escollido, meses atrás, para facer a entrega de  premios a Changui, acompañado de Iago Aspas, nada menos.

E vendo o xornal, os nosos expertos lectores descubriron unha "Entrevista" moi interesante que, aínda así, non tiña nada que envexar das que eles mesmos realizaron este fin de semana e que nos deixaron impresionados. Están feitos uns reporteiros!

Román e o Titanic

Hoxe rematou a clase dunha maneira moi especial. O noso compañeiro Román interpretou para todos un anaquiño da partitura de "Titanic" coa flauta. Foi precioso e moi emocionante. Grazas, Román.

Máis circuitos

Hoxe o equipo "4 Fantásticos presentounos un traballo con dous circuitos diferentes. Xogaron ademais co efecto do papel celofán para crear ambientes diferentes na iluminación e mesmo reciclaron xoguetes vellos para facer a montaxe e a decoración. Non quedou moi claro se nos presentaban unha casa (era o que pretendían) ou un piso (como suxerían algúns nenos da clase), pero ... casa ou piso, o efecto estivo moi conseguido e o traballo quedou moi ben.
Cada vez síntense máis autónomos e xa se animan a facer máis partes dos traballos sen a colaboración das nais e pais. Diso se trata. De buscar a máxima autonomía de cada equipo na toma de decisións e na execución dos traballos. Pouco a pouco irémolo conseguindo todos.

Fai uns días Laura sorprendeunos con outro traballo que preparou en solitario. no que combinou a transformación da enerxía electrica en enerxía luminosa e en enerxía mecánica.

24 de maio de 2016

Érica Esmorís estivo no colexio

Hoxe estivo con nós Érica Esmorís, a autora do libro "Nena e o mar", gañadora do Premio Merlín da editorial Xerais. Aprendemos moitas cousas con ela sobre o seu libro, pero moi especialmente sobre o proceso de creación dunha obra. A autora, en concreto, sigue 8 pasos que considera fundamentais no proceso de creación: 1.Sentimento, 2.Incubadora, 3.Biografías, 4. Delirio, 5. Capítulos,  6. Documentación, 7. Escrita, 8. Paciencia.
Aprendemos moito con ela e foi moi interesante.



20 de maio de 2016

Seguimos de turismo por Europa

Hoxe o equipo Inseparables presentounos a Noruega. Faléronos dos lindes, recordamos os Océanos Atlántico e Glacial Ártico. Sorprendeunos que nas súas comidas típicas figurase a cabeza de cabuxa e aínda máis que celebrasen a festa da tomatina. Moi interesante Equipo Inseparable.

Onte presentáronos Grecia e, ademais de recordar algúns dos seus monumentos e comidas típicas descubrimos que tiña moita semellanza con Italia. Por qué será?

18 de maio de 2016

Letras Galegas 2016

Hoxe, como todos os anos, estivemos de novo na Calzada, diante da estatua de Ramón Cabanillas. Logo da ofrenda floral, cada colexio recitou ou interpretou con música diversos poemas de Manuel María. Cantamos o himno e bailamos un pouco ao son da gaita. Logo vimos os carteis que os centro de ensino prepararon encol do poeta. Foi unha mañá intensa. Desta volta tivemos un cometido engadido. Fomos cos nosos afillados e de nós dependía conseguir un perfecto silenzo no recitado. E así foi. Rapaces, fixéchedelo moi ben.


17 de maio de 2016

Máis circuitos

Cada vez son máis soprendentes as montaxes e a creatividade dos nosos compañeiros: Desta volta sorprendéronos cunha réplica da rotonda de Vilariño dotada de farolas que se activan so cando pasan os coches ao tempo que encenden unha luz vermella que indica, n cruce correspondente, quen ten que falar.
Sorprendente, rapaces. Noraboa!!!

13 de maio de 2016

Homenaxe a Manuel María

Onte pola noite, os centros de ensino de Cambados rendironlle unha especial homenaxe a Manuel María. O noso centro recitou dous poemas, "Galicia" e "Eu son Manuel María" que interpretaron Raúl, Iria, Ériaka, Kathia e Cristian. Fixérono realmente ben. A nosa máis sincera noraboa a eles a a todos os que participaron no acto.


10 de maio de 2016

Maxia e Música con Ramón María no Auditorio

Hoxe acudimos ao Auditorio para aprender moitas cousas sobre Manuel María dunha forma ben distinta. Nada menos que a través da maxia e da música.
Ao remate da actuación fixéronlle unha entrevista a algúns dos nenos de teatro. Houbo moita emoción e moitos nervios e puidemos ver que, aínda nos quedan moitas cousas por aprender!

9 de maio de 2016

Circuitos sorprendentes.

Hoxe presentounos a súa montaxe o grupo dos Superheroes e deixounos abraiados. Fixeron un faro co seu correspondente peirao con materiais de refugallo e con moita calidade. Por suposto, cun funcionamento perfecto.

Pero a sorpresa maior tróuxonola a nosa delegada, Kathia. que estivo enferma a semana pasada, pero non quería perderse a experiencia de preparar tamén un circuito e ... "meu dito, meu feito", con paciencia, ilusión, creatividade e a inestimable colaboración do seu pai realizou unha montaxe incrible combinando material de refugallo, catro bombillas pequerrechas e un motor que fai xirar as aspas dun muíño. Así vemos que a enerxía eléctrica non so se convirte en enerxía luminosa, senón tamén en enerxía mecánica. A transmisión da electricidade foi  moi orixinal, pois utilizou un trozo de lata que podemos ir xirando e segundo faga contacto cun ou outro cable teremos luz ou o movemento das aspas do que xa falamos. Incrible, Kathia!

Parabéns para todos!!

5 de maio de 2016

Manuel María. A boneca



Circuitos

Xa andamos a voltas coa enerxía, o impacto ambiental do abuso no consumo e como non, os circuitos. O luns Cristian adiantose a toda a clase cheo de ilusión e presentounos unha modernista casiña (coa familia dentro) chea de luz.

 Hoxe inician a rolda de exposicións o equipo Inmortais que nos sorprendeu cun fantástico "FARO". Precioso.


Concerto Didáctico no Auditorio

Hoxe tivemos a sorte de acudir ao Auditorio "A Xuventude" para escoitar a banda de Música do Conservatorio. Entre os seus integrantes estaba o noso compañeiro Miguel. A interpretación de toda a Banda poi ben bonita, pero gustounos especialmente ter escoitado a Miguel. Toda a actuación foi moi divertida porque mesturaba, teatro, música e algo de cine. E  todo cunhas divertidas pinceladas de humor que nos deixaron moi sorprendidos. Noraboa!


4 de maio de 2016

2 de maio de 2016

A voltas con Cervantes

Hoxe Sabela P, presentounos unha ligazón que nos resumíu moi ben o que xa estivemos traballando sobre Miguel de Cervantes os días pasados. Para vela con máis calma podedes pinchar na imaxe.



Moitos trouxéchedes información moi interesante sobre este autor. María resumiuna moi ben, logo de consultar  en internet, como podedes ver:

Calculando superficies

O cambio de unidades de superficie non é moi doado de entender. Así é que empezamos manipulando.