25 de maio de 2016

A voltas co xornal

Hoxe descubrimos á nosa compañeira Kathia nas páxinas do xornal, pois ademais de ser a nosa delegada e unha marabillosa lectora, actriz, cantante e bailarina ten tempo para prestar a súa axuda na confección das alfombras que lucirán este domingo nas rúas de Cambados. Desde tan pequena destaca xa a súa implicación  como voluntaria na vida parroquial. Todo un orgullo!

Pero, non podemos deixar atrás a outro dos nosos alumnos: Brais, que destaca na súa actividade futboleira e fora escollido, meses atrás, para facer a entrega de  premios a Changui, acompañado de Iago Aspas, nada menos.

E vendo o xornal, os nosos expertos lectores descubriron unha "Entrevista" moi interesante que, aínda así, non tiña nada que envexar das que eles mesmos realizaron este fin de semana e que nos deixaron impresionados. Están feitos uns reporteiros!